Blog

02.02.2015 16:55

Non puido ser... :(


Crónica correspondente á 15ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 31 de Xaneiro ás 19.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Grupo Work FSF, e que acabou co marcador 0-1 a favor das visitantes.

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carmen e Sandra - tamén xogaron – Cintia, Carla, Noa, Elsa e Christine.

GRUPO WORK FSF: Bea, Ainhoa, Nuria, Patricia e Sandra- tamén xogaron – Laura, Alba, Estefanía, Mónica, Alba e Cristina Rosalía.

Árbitros: Diego Mella Brea (árbitro) e Patricia Esparza Vázquez (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.

Amoestaron a Carla, Salomé e Elsa por parte local e Sandra pola visitante

Goles: 0-1.- Patricia (min.33).

Intenso o encontro disputado o sábado entre o Ponteceso e o Grupo Work.

O equipo pontecesán comezaba atrás pero tendo o control do balón e pouco a pouco foron achegándose á área rival, pero os disparos pasaban lonxe da portería. Intentábano tamén as coruñesas, pero sen xerar perigo. O equipo pontecesán iba tendo pouco a pouco o manexo do partido e comezaron a sucederse as ocasións. Cintia por dúas veces estivo a piques de adiantar ás pondalianas, pero a porteira despexaría ambos disparos. Carmen e Martina tamén o intentaban, pero tampouco foron quen de batir a Bea. Ata ese momento non tiveran apenas ocasións as visitantes, que intentaban saír co balón xogado respondendo a cada ocasión pontecesana, pero a defensa, sempre atenta, evitaba que as herculinas puideran achegarse á portería defendida por Salomé. Antes do descanso habería outra oportunidade fallida do Ponteceso, que vía como seguían as táboas no marcador a pesar de ter tantas ocasións. Chegarían así ó tempo de lecer co 0-0 inicial.

De volta dos vestiarios veríamos máis ou menos o mesmo partido, coas pondalianas indo a polos tres puntos e facendo un bo xogo, con multitude de ocasións, pero sen lograr materializalas. Intentábano con tiros lonxanos, xogadas de estratexia e con internadas na área do equipo coruñés, pero ninguén facía que o esférico traspasase a liña de gol. Polo contrario, si aproveitarían as herculinas a súa única oportunidade clara, chegada despois dun erro defensivo, e Patricia era a que poñía por diante ó seu equipo a sete minutos do final. A partires de aquí o dominio foi totalmente do Ponteceso. A primeira oportunidade tras o gol chegaría por medio de Ana, que tras unha parede con Sandra desmarcábase e recibía o balón de espaldas á porta, pero a porteira rival estivo atenta e evitou que puidese orientar o tiro. A seguinte, un tiro de Martina que se convertiría en penalti por man da defensa. Cintia encargaríase de lanzalo, pero a presión puido coa xogadora pontecesana, que non fixo o seu mellor lanzamento e a cancerbeira conseguiu despexalo sen problemas. Segundos despois, chegaría outra oportunidade para empatar o partido, cun tiro de castigo que tamén Cintia se encargaría de chutar. Pero outra vez non faría un bo tiro e a gardameta visitante volvía evitar que o balón entrase, facendo así que as pontecesanas seguisen co marcador a 0. Quedaban dous minutos para que se dese por rematado o encontro e non deixaban de intentalo as xogadoras de Barca e Curro, que estaban facendo un bo partido, pero sen sorte de cara á portería. Concluía así o xogo, coas pontecesanas pensando que mereceron máis e coas coruñesas celebrando a vitoria.


Con esta derrota colócase en 3° posto o Concello de Ponteceso FSF, a tan só 3 puntos de distancia do segundo clasificado, o BeArt 5 Coruña FS, e a 6 puntos do liderato.


Na seguinte xornada non xxogará o Ponteceso por xornada de descanso, e o seu rival directo, o BeArt 5 Coruña, enfrontarase ó actual lider da competición, o Viaxes Amarelle FSF, no que será unha boa loita por conseguir os 3 puntos.

27.01.2015 11:35

Partido correspondente á  14ª xornada da liga Provincial Feminina de A Coruña disputado o sábado 24 de Xaneiro de 2015 no Pavillón Municipal de "O Ramo de Barallobre" entre o Artabras Fene FSF e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado final de 1-3. 


ARTABRAS FENE FSF: Almudena, María, Andrea, Claudia e Cintia - tamén xogaron - Antía, Uxía, Thalia Vanessa, Gloria Estefani e Marta María. 


A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Noa, Cintia, Elsa e Carla. 

Árbitros: Daniel González Araujo (árbitro) e Santiago Pena Loureiro (cronometrador) ambos do Comité técnico de Ferrol. 

Amoestaron a Noa e Sandra por parte visitante. 


Goles: 0-1.- Carmen(min.5) 

           1-1.- Andrea (min.16) 

           1-2.- Cintia (min.18) 

           1-3.- Carmen (min.24) 


          

Bonito partido o visto o sábado en Fene, marcado un pouco polo mal estado da pista. 

O partido comezou coas pontecesanas esperando atrás, deixando xogar ó rival, pero este non se achegaba á portería visitante. Pero ós poucos minutos subiron as liñas as pondalianas e comezaron a chegar as ocasións. No minuto 5, Carmen abre o marcador tras unha xogada que comeza cun roubo de balón no medio do campo, pásalla a Martina que lla devolve de primeiras e ela remata no segundo pau. Co marcador a favor comezaron a dominar o encontro as pontecesanas, pero sen xerar ocasións claras de cara á portería local. Intentábano tamén as de ferrolterra, e conseguirían o empate tras un saque de córner que remata Andrea dende fóra da área e no que nada pode facer a porteira Salomé. Pero responderían as xogadoras de Barca e Curro e Cintia, cunha xogada por banda, tira dende a frontal da área e volve poñer por diante no luminoso ó equipo visitante a escasos minutos de que rematase a primeira metade. 


De volta de vestiarios saíron máis enchufadas as pondalianas, que seguían co dominio do balón como no primeiro período e facendo boas xogadas. Bastáronlle 4

minutos para casi sentenciar o partido, outra vez Carmen remataba no segundo pau un pase de Cintia tras unha xogada combinativa con Martina, facendo o terceiro, que lle daba algunha marxe de erro. Pero a pesar da vantaxe, eras as da vila de Pondal as que seguían desplegando un bo xogo e tendo ocasións. Cintia fallaba unha clara ocasión diante da porteira e, máis tarde, sería ela quen o intentaba outra vez,  pero o balón saía desviado. Tamén o intentaban as do Artabras Fene, pero a boa defensa visitante fixo que non lles fose posible chegar á portería. 

Remataba así o encontro con outros 3 puntos que se van para Ponteceso e que colocan ó equipo na segunda posición da táboa clasificatoria con 30 puntos, por detrás do Viaxes Amarelle FSF C,con 33, e empatado co 5 Coruña,que baixa á terceira posición. 


A vindeira xornada o conxunto pontecesán enfrontarase ó Grupo Work, un equipo que sempre llo pon difícil, no partido que terá lugar no Municipal de Ponteceso o sábado 31 ás 19.00. 

11.01.2015 11:31

Partido correspondente á  13ª xornada da liga Provincial Feminina de A Coruña disputado o sábado 10 de Xaneiro de 2015 no Pavillón Municipal de Betanzos entre o Troula FS e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado final de 1-4. 


TROULA FS: Yvonne, Silvia, Olaya, Mayra e Aldara - tamén xogaron - Susana, Carla, Sandra e Lara. 


Concello de Ponteceso FSF: Salomé, Ana, Martina, Carla e Carmen - tamén xogaron - Cintia, Noa e Sandra. 


Goles: 0-1.- Martina (min.5) 

           1-1.- Carla (min.20) 

           1-2.- Cintia (min.25) 

           1-3.- Cintia (min.35) 

           1-4.- Carmen (min.38) 

          


Árbitros: Rafael Paza Casique (árbitro) e Berta García Vázquez (cronometrador) ambos do Comité Técnico de A Coruña. 

Amoestaron a Susana por parte local e Cintia por parte visitante. 


Primeiro partido do 2015 para ambos equipos da Liga Provincial Feminina. O Concello de Ponteceso chegaba coas pilas recargadas e con ganas de marchar cos 3 puntos para seguir nos postos de arriba na clasificación, despois de acabar o 2014 perdendo contra o Viaxes Amarelle FSF C. Saíron moi metidas no partido, chegando rapidamente á portería contraria e, no minuto 3, xa tiñan a oportunidade para adiantarse no marcador con un penalti que o colexiado sinala por man da defensora, pero Carmen, que se encarga de tiralo, mándao fóra por pouco.pero non tardarían en estrea-lo marcador, pois 2 minutos despois, Martina recibe na frontal da área escorada á dereita e logra meter un pase ó segundo pao que toca nunha defensora e entra na portería rival, facendo o primeiro tanto para as pontecesanas. A pesar de que tiveron o control do partido en todo momento, non lograban aumentar a vantaxe. Intentábano Carmen e Cintia, pero o resultado non se movía. Nos últimos segundos da primeira metade conseguía empatar Carla por medio dun penalti moi discutido polo equipo pontecesán, co que se retiraban ós vestiarios co 1-1 no electrónico. 

O segundo período sería un reflexo do primeiro, co Ponteceso intentándoo desde o primeiro momento. Sería no minuto 5 desta metade cando se volvían adiantar as pontecesanas, desta vez por medio de Cintia tras unha xogada

individual pola banda. Non deixaban de intentalo as xogadoras de Barca e Curro, sobre todo buscando accións individuais coas que sentenciar o partido. Carmen volvía ter unha clara ocasión nun dous contra un das pondalianas, pero a meta local conseguiu chegar a ela antes de que puidese tirar ou pasar. Cintia conseguiría o terceiro cunha bonita vaselina tras outra xogada individual pola banda. O Troula non conseguía chegar á portería defendida por Salomé, xa que o Ponteceso era o claro dominador do encontro, pese a non estar facendo o seu mellor xogo. A dous minutos do final, Carmen facía o cuarto e último tanto do encontro, encontrando o balón tras un rechazo da porteira a un tiro de Martina. Remataba así o partido co 1 a 4 no marcador a favor do Concello de Ponteceso FSF, que con 3 puntos conseguidos esta semana ponse como segundo clasificsdo con un partido máis que o Viaxes Amarelle. O vindeiro partido do equipo pontecesán será o sábado 24 contra o Ártabras Fene FSF en Fene, o que será outro encontro complicado. 

23.12.2014 11:29

Crónica correspondente á 12ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 20 de Decembro ás 20.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Cruces FSF, e que acabou co marcador 4-2 a favor das pontecesanas.

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Noa, Carmen e Sandra - tamén xogaron – Carla, Ana, Cintia e Zeltia.

CRUCES FSF: Carmen, Ana, Mónica, Tania e Paula- tamén xogaron – Cruz e Giselle Paola.

Árbitros: Borja Moreira Bermúdez (árbitro) e José A. Lamas Castro (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.

Amoestaron a Carmen e Cintia por parte local e Tania pola visitante

Goles: 1-0.- Carla (min.14)

          2-0.- Sandra (min.18)

          2-1.- Ana (min.24)

          2-2.- Tania (min.29)

          3-2.- Cintia (min.35)

          4-2.- Sandra (min.39)

O pasado sábado disputouse en Ponteceso o último partido antes do parón de Nadal.

Empezou o encontro co Ponteceso atrás pero tendo o control do balón e pouco a pouco foron achegándose á portería rival, pero os disparos pasaban lonxe da portería. Ós dous minutos, Sandra roubaba o balón no campo rival e quedaba sola ante a porteira, pero esta despexaba o balón sen problemas. Iba o tempo polo minuto 5 cando as pontecesanas decidiro subir liñas e presionar ás de Vila de Cruces, o que facía que tiveran ainda máis oportunidades de estrear o marcador. Cintia por dúas veces estivo a piques de adiantar ás pontecesanas, pero a porteira mandaba ambos tiros a córner. No minuto 14 chegaba o primeiro tanto do partido, Carmen montaba unha contra e pásalle o balón a Cintia que, de primeiras, pon o esférico no segundo pao ó que chegaba Carla como unha bala para poñer por diante ó Ponteceso. Ata ese momento non tiveran apenas ocasións as visitantes, tan só unha oportunidade que saca Salomé sen problemas. A pesar da vantaxe no marcador, non deixaron de intentalo as pontecesanas, pero os tiros de Cintia e Sandra non lograban pasar a liña de gol. A 2 minutos do descanso, Noa fai un bonito pase por riba das rivais que Sandra controla moi ben e consigue o segundo tanto cun disparo desde a frontal que vai pegado ó pao. Antes de que soara a bocina, Martina tiña outra oportunidad, pero manda a pelota ás nubes. A esto responderon as do Cruces cunha contra, pero o esférico vai fóra por pouco. Co 2-0 no luminoso foron cara os vestiarios.

O segundo período ía ser diferente. Voltaron á pista máis enchufadas as visitantes, apretando moito ás pondalianas e nos dous primeiros minutos xa tiveran dúas ocasións claras para acortar distancias que salvou ben a meta Salomé. Pero non tardarían moito, pois no minuto 24, Ana facía o 2-1 cun tiro desde fóra da área tras un saque de falta que non conseguen despexar nin a defensa nin a porteira local. Tra-lo gol subiron a presión as xogadoras de Barca e Curro, pero cometendo erros no momento de defender, o que faría que ó pouco de facer o primeiro, Tania puxera as táboas no electrónico tras unha boa xogada colectiva. O empate espabilou un pouco ás pondalianas, que comezaron a chegar outra vez á meta visitante, tendo incluso dúas ocasións claras de volver adiantarse no marcador, pero tanto a porteira como a defensa conseguían despexar o esférico. Era o minuto 35 cando Cintia volvía adiantar ás pontecesanas cun tanto de penalti tras unha man na área. Os últimos 5 minutos do encontro foron moi embarullados. Ningún conxunto tiña o dominio, pero si tiñan ocasións para empatar ou aumentar distancias que ningún conxunto soubo materializar. Foi no último minuto cando chegou o último tanto do encontro. Cintia chegaba a un balón lateral tras unha boa carreira e metía o esférico ó medio da área, momento no que chegaba Sandra para rematar cun bonito taconazo e facer así o 4-2 co que cerraría o partido. Tivo unha oportunidad máis o Cruces para recortar a distancia no marcador final a poucos segundos cun potente disparo de falta de Ana, pero outra vez Salomé evitou que o marcador se movese.

Conseguía así 3 puntos máis o Concello de Ponteceso, puntos que o deixan provisionalmente como segundo clasificado con un partido máis que o Viaxes Amarelle (que aprazou o desta semana) co que está empatado a puntos e un partido e 6 puntos menos que o líder 5 Coruña

14.12.2014 11:21

Partido correspondente á  11ªxornada da liga Provincial Femenina de A Coruña disputado o sábado 13 de Decembro de 2014 no Pavillón Municipal de Sagrada Familia de A Coruña entre o Viaxes Amarelle FSF C e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado final de 6-2.


Viaxes Amarelle FSF C: Aida, Martita, Lía, Paula, Goretti - tamén xogaron - Tatiana, Carlota, Marta, Ana.


Concello de Ponteceso FSF: Salomé, Noa, Carmen, Sandra, Martina - tamén xogaron - Cintia, Carla, Ana.


Goles: 1-0 Paula (min.3)

            2-0 Marta (min.8)

            2-1 Salomé (min.11)

            3-1 Marta (min.12)

            4-1 Tati (min.19)

            5-1 Tati (min.23)

            5-2 Cintia (min.28)

            6-2 Goretti (min.30).


Árbitros: Santiago Modroño Liz (árbitro) e Sergio Piñeiro Rivas (cronometrador) ambos do Comité Técnico de A Coruña.

Amoestaron a Martina e Carmen por parte visitante.


Primeira derrota desta tempada do Concello de Ponteceso FSF contra un rival directo que, coa vitoria, se afianza na segunda posición.

Comezaron o partido os dous equipos atrás, pero ó pouco tempo xa subiu a intensidade o equipo herculino, e serían as locais as aue abrirían o marcador ós tres minutos por medio de Paula, nun dous contra un que a coruñesa remataba na portería visitante. Ós 5 minutos e tras unha xogada igual á do primeiro tanto, facía o 2-0 o conxunto local, nesta ocasión por mediación de Marta. Reaccionaban as pontecesanas tras os dous tantos recibidos e, Salomé nun despexe dende a súa portería, encontraba adiantada á porteira rival e recortaba distancias poñendo o 2-1 no luminoso. Pero pouco tempo estarían o resultado asi, pois un minuto máis tarde, Marta volvía a ampliar distancias co 3-1 resolvendo ben un man a man con Salomé. Os últimos minutos da primeira metade eran de dominio absoluto das coruñsas e,antes de ir cara os vestiarios, Tati facía o 4° para o seu equipo, deixando moi tocadas ás xogadoras de Barca e Curro.


No segundo período saíron a acortar distancias as da Vila de Pondal, presionando arriba, pero nun roubo de balón do Viaxes Amarelle, aumentaban máis as distancias por medio de Tati, que transformaba o 5-1 para as herculinas. O partido estaba totalmente de cara para as coruñesas, pero as xogadoras del Concello de Ponteceso non se daban por vencidas, e a pesar de non mostrar o bo xogo visto nas anteriores xornadas, tiñan algunha ocasión de cara á portería contraria. Sería Cintia a que recortaba distancias co 5-2 tras unha xogada individual. Tanto ó que respondía de novo o conxunto coruñés 2 minutos máis tarde poñendo el 6-2, nesta ocasión por mediación de Goretti. Nos diez últimos minutos do encontro buscaron recortar distancias as pondalianas, pero as locais fixeron ben o seu traballo a nivel defensivo, facendo que non se movera máis o marcador e quedando cos 3 puntos que queas facían quedar na segunda posición a 3 puntos do Concello de Ponteceso FSF, que esta fin de semana recibe ó  Cruces FSF, partido difícil no que esperan conseguir os 3 puntos para non descolgarse dos dous primeiros clasificados.

01.12.2014 11:17

Crónica correspondente á 10ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 29 de Novembro ás 19.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o FSF Villa de Cee, e que acabou co marcador 3-1 a favor das pontecesanas. 


A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Noa, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Elsa, Cintia e Ana. 


FSF VILLA DE CEE: Carla, Sandra, Andrea, Alba e Adriana - tamén xogaron - Marta, Paula e Laura. 


Árbitros: Esteban Otero Calvo (árbitro) e Roberto Miguez Cea (cronometrador), ambos do Comité Técnico de Santiago. 

Amoestaron a Noa e Cintia por parte local. 


Goles: 1-0.- Cintia (min.25) 

         1-1.- Andrea (min.27) 

         2-1.- Sandra (min.37) 

         3-1.- Cintia (min.38) 



O pasado sábado disputouse en Ponteceso un dos derbis da comarca. O invicto Concello de Ponteceso FSF recibía ó FSF Villa de Cee, que viña de caer na casa na xornada anterior, no que se presumía como un partido complicado. E así foi. 

O primeiro período foi moi discutido. Empezou atrás o Ponteceso, pero ós 3 minutos do encontro xa subiron a presión facendo que as visitantes non conseguiran saír co balón xogado. Ningún dos equipos sacou o bo xogo e chegaron á portería contraria en contadas ocasións, sen conseguir rematar as xogadas. Só Martina e Carmen estiveron preto de estrear o marcador a favor das pondalianas, pero os seus disparon non lograron traspasar a liña de gol, polo que irían cara os vestiarios co resultado inicial. 


Na segunda metade xa saíron máis enchufadas as xogadoras pontecesanas, tendo o control do balón e chegando máis á portería ceense. Ós 5 minutos da reanudación do encontro, o colexiado pita penalti por man na área das visitantes, penalti que Cintia se encarga de transformar poñendo o 1 a 0 no luminoso. Non se viñeron abaixo as do Cee co tanto pontecesán, e ós 2 minutos xa poñían as táboas no electrónico tras un despexe da meta Salomé que bate en Andrea e cruza a liña de meta. Nos minutos seguintes eran as xogadoras de Barca e Curro as que tiñan máis ocasións de gol. Martina chutaba dende dentro da área un balón que despexa ben a meta visitante e Cintia mandaba un balón por riba do longueiro. Tamén tiña alguna ocasión o Villa de Cee por medio de Andrea, pero tampouco foi quen de cambiar o resultado. Era Sandra a que, nun barullo dentro da área, lograba sacar un tiro que sería o 2-1 para as pontecesanas a 3 minutos do final do encontro. Este resultado non

lles valía ás ceenses, que intentaban chegar á portería local, pero nun roubo de balón monta unha bonita contra o Ponteceso, e entre Sandra, Martina e Cintia sentencian o partido a menos de 2 minutos para o final, rematando Cintia no segundo pau o pase de Martina. Suma así 3 puntos máis o Concello de Ponteceso FSF, que sigue invicto na Liga Provincial, ocupando o 3º posto empatado a puntos co que será o seu próximo rival dentro de dúas semanas (posto que a vindeira fin de semana non hai Liga por ser festivo), o Viaxes Amarelle FSF, que trae unha boa racha de vitorias e que conta con moitos goles a favor. 

23.11.2014 11:13

Crónica correspondente á 9ª xornada da Liga Provincial Feminina, partido disputado o sábado 22 de Novembro ás 16.00h no Pavillón Municipal de  Novo Mesoiro de A Coruña, e que enfrontaba ó Cafetería La Meca e ó Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 2-3 a favor das visitantes. 


 

ESPARTANAS FSF: Ainara, Yésica, Paloma, Gema María, Eva - tamén xogaron - María, Olalla e Isabel.


A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Noa, Sandra e Cintia - tamén xogaron - Elsa, Carmen e Ana.  


Árbitros: Jose Manuel Fernández Fiuza (árbitro) e Patricia  Esparza Vázquez (cronometrador), ambos do comité técnico de A Coruña. 



Goles: 0-1.- Martina (min.7) 

           1-1.- Paloma (min.24) 

           1-2.- Carmen (min.30) 

           2-2.- Gema (min.31)

           2-3.- Cintia (min.38) 


           


Presupoñíase difícil esta saída das pontecesanas á Coruña, e así foi. Ambos conxuntos saíron esperando atrás, vendo que facía o rival. Foron as visitantes as primeiras en tomar a inicitavia no xogo, creando xa ocasións nos primeiros minutos e presionando no medio do campo ás rivas para evitar a saída do balón xogado. Precisamente nunha xogada de presión, Noa rouba o balón e pásallo a Martina que, ante a saída da porteira, manda o balón perfectamente colocado para facer o primeiro tanto da tarde en Novo Mesoiro. Despois deste gol seguiu dominando o partido o equipo pontecesán, que tivo ocasión de aumentar distancias por medio de Cintia e Martina, pero os seus tiros foron lixeiramente desviados. Nos últimos 5 minutos do primeiro período cambiaron as tornas, posto que con un baixón no xogo das pondalianas, eran as locais as que se aproveitaban e iban arriba, creando ocasións de perigo, pero sen lograr convertilas. Ían así cara os vestiaros gañando polo mínimo as de Ponteceso.


No segundo período saíron máis enchufadas as coruñesas, presionando a saída de balón das pondalianas, e nun roubo de balón na metade do terreo de xogo, conseguían poñer as táboas no luminoso por medio de Paloma. A partir de aquí volveron a dominar o encontro as xogadoras de Barca e Curro que, sen facer un xogo brillante, sí xeraban ocasións perigosas de cara á portería herculina. Noa intentábao desde fóra da área, pero o seu tiro íase alto. Volvía intentalo Cintia desde a frontal da área, pero o seu tiro era rexeitado pola porteira. Pero Carmen, moi atenta, colle o rexeite facendo o segundo gol, que volvía poñer por diante ás pontecesanas. Pero pouco lles duraba a alegría, posto que menos de un minuto despois, xa volvían empatar o Cafetería La Meca por medio de Gema, rematando libre de marca no segundo pao un saque de falta en globo das coruñesas.


Nos últimos minutos do partido seguiu dominando o Ponteceso, intentado chegar á portería co balón xogado, ó contrario que as locais, que só lograban chegar por medio de contras ou balóns por alto, pero ningún equipo era quen de facer o gol da vitoria. Foi Cintia quen, despois de tanto probar, conseguía darlle a vitoria ó Concello de Ponteceso FSF a dous minutos do final cun forte disparo dende á frontal ó que non puido chegar a porteira coruñesa. Remataba así o encontro con outra vitoria para as pontecesanas, que levan unha racha de 6 partidos invicto, contando con 4 vitorias e 2 empates, e coa que esperan seguir. Para eso terán que gañarlle o vindeiro sábado ó Villa de Cee FSF noutro difícil encontro, que se disputará no Pavillón de Ponteceso ás 19.00.

17.11.2014 21:17



Isabel, Carmen, Christine, Ana, Martina, Salomé

Zeltia, Sandra, Elsa, Noa, Cintia, Carla





Crónica correspondente á 8ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 15 de Novembro ás 19.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Beart 5 Coruña, e que acabou con empate a 3 no marcador.

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Noa, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Cintia, Elsa e Ana.

BEART 5 CORUÑA: Alicia, Guadalupe, María Elena, María e Gema - tamén xogaron - Raquel Lago, Sofía, Ana e Raquel.

Árbitros: Imanol Vázquez Varela (árbitro) e Miguel Puerta Catoira (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.
Amoestaron a Carmen e Sandra por parte local.

Goles: 0-1.- María Elena (min.2)
           0-2.- María (min.5)
           0-3.- Guadalupe (min.8)
           1-3.- Noa (min.19)
           2-3.- Noa (min.30)
           3-3.- Sandra (min.35)

Vibrante e intenso partido o vivido a tarde do sábado no Municipal de Ponteceso entre dos dous primeiros clasificados da Liga Provincial Feminina.
O encontro comezou cos dous equipos atrás, esperando a ver que facía o rival. Pero non non saíron moi enchufadas as pontecesanas, que nos primeiros minutos vían como, dunha cesión á porteira, viña o primeiro tanto da tarde a favor das coruñesas nun remate tras o saque de falta indirecta. A pesares do gol, subiron liñas e comezaron a dominar o partido as locais, achegándose máis á portería rival. Na seguinte ocasión da que dispuxeron o 5 Coruña ampliaba a distancia no marcador, tras un fallo da porteira Salomé nun tiro raso e non moi forte que lle pasou por debaixo das mans. Seguían controlando o xogo as pondalianas, cando chegou o 3º tanto do conxunto visitante por medio de Guadalupe, o que parecía poñer moi de cara o partido para as herculinas. Pero non se daban por vencida as de Ponteceso ainda tendo 3 goles en contra, que conseguían chegar varias veces á portería visitante, pero sen lograr materializar as ocasións. Era Noa a que recortaba distancias no último minuto da primeira metade, cun bo remate no segundo pao tras un pase de Cintia. Chegaba así o descanso co marcador en contra para as pondalianas de cara á segundo período.

De volta dos vestiarios saíros máis enchufadas as xogadoras de Barca e Curro que, co pavillón cheo de aficionados pontecesáns animando ó equipo e con confianza, comezaron a mostrar o seu mellor xogo. Carmen tivo unha oportunidade para recortar distancias, pero o seu tiro foi rexeitado pola porteira coruñesa. O control do partido tíñano totalmente as pontecesanas, que vían como as primeiras clasificadas da liga apenas tiñan o balón e non contaban con ningunha ocasión para aumentar máis a distancia no luminoso. E este bo xogo traia os seus frutos. Noa facía o segundo no minuto 10 da segunda metade, remantando dentro da área un rexeite da porteira a un disparo anterior de Cintia. Ainda quedaba tempo para intentar a remontada e eso querían as xogadoras locais, seguindo co dominio do balón e coas ocasións máis claras do partido. A 5 minutos do final do encontro, tras unha moi boa xogada combinativa ó primeiro toque entre Cintia e Martina, Sandra chegaba ó segundo pao para rematar o pase de Cintia, poñendo no marcador o merecido empate. Os últimos minutos do partido foron igual, co Concello de Ponteceso dominando claramente, conseguindo que o 5 Coruña non tirase nin unha vez a portería na segunda metade, e tendo ocasións incluso para darlle a volta o marcador, pero sen conseguilo. Sonaba a bocina que sinalaba o final deste emocionante partido coas táboas no luminoso, un reparto de puntos que fai que as coruñesas sigan liderando a táboa clasificatoria e que as pontecesanas sigan a 3 puntos e cun partido menos e empatadas a puntos co Viaxes Amarelle C. A vindeira xornada o Concello de Ponteceso desprazarase ata A Coruña para enfrontarse ó Cafetería Meca, intentando voltar para casa cos 3 puntos que lles permitan seguir arriba na clasificación.

Moitas gracias a todos os que viñestes apoiar neste importante partido. De verdad, moitas gracias. O ambiente foi espectacular e a nosa motivación maior ainda. Esperamos que se repita máis veces. Gracias a todos!!!

11.11.2014 19:59

Crónica correspondente á 7ª xornada da Liga Provincial Feminina, partido disputado o sábado 8 de Novembro ás 16.00h no Pavillón Municipal de  San Francisco Javier de A Coruña, e que enfrontaba ó Espartanas FSF e ó Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 1-6 a favor das visitantes.

ESPARTANAS FSF:Carmen, Ana, Andrea, Laura e María Guadalupe - tamén xogaron - Rebeca, Marta María, Marta e Nuria.

A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF:Salomé, Martina, Carmen, Elsa e Sandra - tamén xogaron - Noa, Cintia, Ana e Isabel.

Árbitros:Jose Rodríguez Rey (árbitro) e Jose Luis Villarino Barja (cronometrador), ambos do comité técnico de Santiago.

Goles:1-0.- Rebeca 1-1.- Sandra 1-2.- Elsa 1-3.- Carmen 1-4.- Sandra 1-5.- Sandra 1-6.- Carmen

Chegaban as pontecesanas á Coruña enfrontarse coas penúltimas clasificadas da Liga Provincial Feminina, nun partido que sabían que ía ser intenso, posto que xa se coñecen dos anos anteriores.
Comezaban o partido as visitantes intentando ter o control, presionando ás rivais para impedirlles saír co balón xogado. Pero non llo iban poñer facil as Espartanas, que ós poucos minutos e tras un erro da porteira Salomé, facían o primeiro tanto do encontro por medio de Rebeca. O gol, lonxe de desanimar ás pondalianas, fixo que comezasen a xogar con máis ganas e a levar o peso do encontro, chegando varias veces con perigo á portería rival, pero sen lograr o empate. Era Sandra a que, tras un pase de Cintia ó borde da área, conseguía que o balón traspasase a liña de gol cun bo tiro, poñendo así as táboas no marcador. Non lles daban vez de chegar á portería ás herculinas, que vían como cada intento de aproximación era cortado. Cintia cun tiro desde fóra da área intentaba darlle a volta ó marcador, pero sería Elsa a que, cun bo tiro desde a frontal, mandaba o balón á escuadra sen que nada puidera facer a porteira local no que sería o 2º gol para as de Ponteceso. Xa co marcador a favor, Carmen facía o terceiro antes do descanso tras unha boa xogada combinativa do equipo. Irían así cara os vestiarios con 1-3 no electrónico.

No segundo período sairían igual as de Barca e Curro, moi metidas no partido e tendo o dominio deste. Poucas veces se achegaban as Espartanas á meta visitante, ó contrario que as da vila de Pondal, que desde o principio intentaban aumentar distancias no marcador. Carmen e Martina dispuxeron de varias ocasións, pero os balóns eran rexeitados pola porteira local. Cintia tamén o intentaba, pero o seu disparo pasaba rozando o pau. Con tanta ocasión non tardaría en chegar o 4º tanto, desta vez por medio de Sandra, que facía o seu segundo gol tras unha xogada individual a 12 minutos do final. Os últimos 10 minutos foron máis reñidos, coas Espartantas chegando máis á área pontecesana, pero sen xerar perigo de cara á portería. Serían as de Ponteceso as que volverían aumentar distancias no luminoso, outra vez Sandra, que conseguía o seu hat-trick tras unha contra das pontecesanas e un bo pase de Ana ó segundo pao. Pero non sería o último tanto, pois Carmen cunha bonita volea desde fóra da área, lograría o 6º e último gol da tarde a 5 minutos do final. Xa cunha clara vantaxe no marcador, os últimos 5 minutos foron máis relaxados, sen apenas ocasións por parte de ningún equipo.

Remataba así o partido con outros 3 puntos máis para o Concello de Ponteceso, que leva unha boa racha de 3 vitorias consecutivas e que a vindeira xornada se enfrontará ó primeiro clasificado, o 5 Coruña, que está a tan só 4 puntos de distancia e con un partido máis, no que se prevé que será un dos partidos máis complicados e intensos da volta. O encontro terá lugar o sábado 15 de Novembro ás 19.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso.

02.11.2014 21:19

Crónica correspondente á 6ª xornada da liga provincial feminina, partido disputado o sábado 1 de Novembro ás 19.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso e que enfrontaba ó Concello de Ponteceso FSF co SD A Baña, e que tivo como resultado final 11-0 para as pontecesanas.

 

A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Noa, Cintia, Elsa, Isabel, Zeltia.

 

A.S. A BAÑA: Eva, Daniela, Tania, Lucía e Lidia - tamén xogaron - Andrea, María e Estefanía.

 

Árbitros: Santiago Modroño Liz (árbitro) e Miguel Puerta Catoira (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.
Amoestaron a Estefanía e Andrea por parte visitante.

 

Goles: 1-0.- Carmen (min.7)
           2-0.- Carmen (min.8)
           3-0.- Elsa (min.29)
           4-0.- Cintia (min.30)
           5-0.- Cintia (min.33)
           6-0.- Ana (min.36)
           7-0.- Noa (min.36)
           8-0.- Carmen (min.37)
           9-0.- Sandra (min.38)
          10-0.- Elsa (min.39)
          11-0.- Martina (min.39)

Partido moi vistoso e moi traballado por parte do equipo local, que saíu desde o principio a polos 3 puntos, con presión en todo o campo e intentando levar o peso do encontro. Nos primeiros minutos tiveron as pontecesanas o dominio do balón, pero sen xerar ningunha ocasión clara de perigo. Era no minuto 6 cando xa avisaban as locais cun disparo de Sandra que sae desviado por pouco. E non tardou en chegar o primeiro tanto, cun remate de Carmen no segundo pao tras un pase de Martina. Empezaba aí o asedio das pondalianas, que non deixarían de crear perigo ata o final do encontro. Tan só un minuto despois, Carmen en xogada persoal, desfaise das contrarias e remata soa a portería, poñendo o 2-0 no marcador. Intentaban sacar o balón controlado as da Baña, pero a presión do Ponteceso non llo permitía e conseguían roubarlle o balón de cada xogada e creando moitas ocasións de perigo para a portería rival. Martina a piques está de aumentar a vantaxe, pero non chega por centímetros ó pase que Noa lle manda ó segundo pao. Tamén probarían sorte Noa e Cintia, pero ambos disparos pasan rozando o pao. A única ocasión das visitantes chega tras un saque de córner, pero rematan a portería sen perigo para Salomé. Responderían a esta ocasión as pondalianas cunha xogada de calidade, tocando o balón sen darlle opción de xogalo ás rivais, xogada que remata cun tiro de Carmen que vai desviado. A primeira metade acabaría cun tiro de Sandra de xogada ensaiada de saque de banda, pero ambos equipos van cara os vestiarios sen cambios no marcador.

O segundo período comezaba como rematara o primeiro. As de Ponteceso seguen coa presión, dificultando a saída de balón das contrarias e achegándose xa con bastante perigo á portería defendida por Eva. Na primeira xogada, Elsa animábase a probar un disparo a portería que remata en córner. Na seguinte, era Cintia a que probaba sorte, pero a defensa despexa o balón a saque de banda. Martina e a mesma Cintia dispoñían doutras ocasións, pero as da Baña, encerradas atrás, despexaban todos os balóns que se achegaban á portería. Co marcador a favor, cambiaban de porteira o conxunto local, facendo así debutar nesta liga a Isabel, que non tivo moito traballo no seu primeiro partido como xogadora do Concello de Ponteceso. Seguían creando perigo as xogadoras de Barca e Curro na portería das visitantes, desta vez o tiro era de Sandra, pero a meta rival despexaba o balón sen problemas. Pero despois de tanta ocasión, o gol tiña que chegar, e era Elsa a que, desta vez si, facía que o esférico tocase a rede cun bo disparo desde a frontal da área ó que non logra chegar a porteira. Un minuto despois, Cintia poñía o 4-0 no luminoso tras unha boa xogada con Sandra e tamén era Cintia a que facía o 5º chegando rápido ó segundo pao tras un pase de Ana. Estábanse gustando as da vila de Pondal, que vendo que as cousas lles estaban saído ben, non deixaban de intentar xogadar combinativas e probar disparos a portería. Esto fixo que os últimos 4 minutos do encontro fosen moi desagradables para as visitantes. No minuto 16 era Ana a que iniciaba o carrusel de goles, chegando como unha bala desde atrás e rematando no segundo pao un pase de Noa ó que non chegara Carmen. Noa era a que facía o 7º tanto do encontro cun tiro libre directo, no que sería a 5ª falta do conxunto amarelo. Na seguinte xogada, Carmen provoca unha falta, encargándose Noa de tirar o tiro de castigo, que para a porteira pero Carmen, moi atenta, colle o rechace e fai o 8º para as pontecesanas. A pesar da abultada derrota, non desistían as visitantes, que conseguiron chegar 2 veces á portería defendida por Isabel, pero sen crear perigo. Nunha contra, Sandra poñía o 9-0 no electrónico tras xogada individual. Quedaba un minuto para o final do encontro, pero o Concello de Ponteceso non baixaba a presión. Elsa facía o 10º rematando a gol un saque rápido de banda de Carmen e na seguinte xogada, sen deixar respirar ás rivais, tras un roubo de balón en campo contrario de Cintia, ésta pásalle o balón a Martina que remata dentro da área facendo o último tanto da tarde. Con apenas segundos para o final do partido, ainda puideron aumentar máis a distancia no marcador, pero Ana, Elsa e Noa non eran capaces de transformar os tres dobres penaltis dos que dispuxeron.

Remataba o partido con goleada o bo partido feito polo Concello de Ponteceso FSF, que se coloca xa no alto da táboa, estando no segundo posto empatado a puntos co Vila de Cruces e a tan só 3 puntos do 5 Coruña.
© 2014 Microsoft Términos Privacidad y cookies Desarrolladores Español
 

<< 1 | 2 | 3 | 4 | 5 >>

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 167