xornada 9

23.11.2014 11:13

Crónica correspondente á 9ª xornada da Liga Provincial Feminina, partido disputado o sábado 22 de Novembro ás 16.00h no Pavillón Municipal de  Novo Mesoiro de A Coruña, e que enfrontaba ó Cafetería La Meca e ó Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 2-3 a favor das visitantes. 


 

ESPARTANAS FSF: Ainara, Yésica, Paloma, Gema María, Eva - tamén xogaron - María, Olalla e Isabel.


A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Noa, Sandra e Cintia - tamén xogaron - Elsa, Carmen e Ana.  


Árbitros: Jose Manuel Fernández Fiuza (árbitro) e Patricia  Esparza Vázquez (cronometrador), ambos do comité técnico de A Coruña. 



Goles: 0-1.- Martina (min.7) 

           1-1.- Paloma (min.24) 

           1-2.- Carmen (min.30) 

           2-2.- Gema (min.31)

           2-3.- Cintia (min.38) 


           


Presupoñíase difícil esta saída das pontecesanas á Coruña, e así foi. Ambos conxuntos saíron esperando atrás, vendo que facía o rival. Foron as visitantes as primeiras en tomar a inicitavia no xogo, creando xa ocasións nos primeiros minutos e presionando no medio do campo ás rivas para evitar a saída do balón xogado. Precisamente nunha xogada de presión, Noa rouba o balón e pásallo a Martina que, ante a saída da porteira, manda o balón perfectamente colocado para facer o primeiro tanto da tarde en Novo Mesoiro. Despois deste gol seguiu dominando o partido o equipo pontecesán, que tivo ocasión de aumentar distancias por medio de Cintia e Martina, pero os seus tiros foron lixeiramente desviados. Nos últimos 5 minutos do primeiro período cambiaron as tornas, posto que con un baixón no xogo das pondalianas, eran as locais as que se aproveitaban e iban arriba, creando ocasións de perigo, pero sen lograr convertilas. Ían así cara os vestiaros gañando polo mínimo as de Ponteceso.


No segundo período saíron máis enchufadas as coruñesas, presionando a saída de balón das pondalianas, e nun roubo de balón na metade do terreo de xogo, conseguían poñer as táboas no luminoso por medio de Paloma. A partir de aquí volveron a dominar o encontro as xogadoras de Barca e Curro que, sen facer un xogo brillante, sí xeraban ocasións perigosas de cara á portería herculina. Noa intentábao desde fóra da área, pero o seu tiro íase alto. Volvía intentalo Cintia desde a frontal da área, pero o seu tiro era rexeitado pola porteira. Pero Carmen, moi atenta, colle o rexeite facendo o segundo gol, que volvía poñer por diante ás pontecesanas. Pero pouco lles duraba a alegría, posto que menos de un minuto despois, xa volvían empatar o Cafetería La Meca por medio de Gema, rematando libre de marca no segundo pao un saque de falta en globo das coruñesas.


Nos últimos minutos do partido seguiu dominando o Ponteceso, intentado chegar á portería co balón xogado, ó contrario que as locais, que só lograban chegar por medio de contras ou balóns por alto, pero ningún equipo era quen de facer o gol da vitoria. Foi Cintia quen, despois de tanto probar, conseguía darlle a vitoria ó Concello de Ponteceso FSF a dous minutos do final cun forte disparo dende á frontal ó que non puido chegar a porteira coruñesa. Remataba así o encontro con outra vitoria para as pontecesanas, que levan unha racha de 6 partidos invicto, contando con 4 vitorias e 2 empates, e coa que esperan seguir. Para eso terán que gañarlle o vindeiro sábado ó Villa de Cee FSF noutro difícil encontro, que se disputará no Pavillón de Ponteceso ás 19.00.

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172