Blog

24.04.2014 15:28

Un ano máis, a Selección Feminina Cadete de A Coruña conta con varias xogadoras do Concello de Ponteceso FSF na súa preselección para disputar o Campionato Territorial. As escollidas foron as malpicana Bea Lista (porteira), a carballesa Carla Varela (cierre) e a cormelana Zeltia Bello (ala), en idade cadete e xogadoras do primeiro equipo, das que Bea e Zeltia xa foran preseleccionadas o ano pasado. Pero non son as únicas, posto que tamén foi preseleccionada a pontecesana Saray Muiños, xogadora en idade infantil pero que entrena co primeiro equipo. Todas as xogadoras formaban parte do filial que o equipo pontecesán tivo ata esta temporada, na que xa a maioría das xogadoras pasaron a formar parte da primeira plantilla. Tanto Carla como Zeltia están facendo unha boa temporada no seu primeiro ano na Liga Provincial, ó igual que Bea, que debido a unha lesión nunha man, participou nalgúns partidos como xogadora de campo, pero tanto de xogadora como de porteira fixo unha boa temporada, da que xa só lle quedan dous partidos, que disputarán esta fin de semana contra o Vila de Cee e o aprazado contra o Fisober “B”.

Desde o equipo, tanto compañeiras como corpo técnico, pensan que ten moito mérito esta convocatoria, xa que é o primeiro ano que as rapazas compiten en liga federada, e deséxanlles moita sorte nesta nova oportunidade.
 

24.04.2014 13:42

Partido correspondente á 21ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o mércores 16 de Abril ás 21:30 da noite no Pavillón San Marcos de Mabegondo, disputado entre o C.D.Mabegondo e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 0-0

 

C.D. MABEGONDO: Ainara, Ana Belén, Alba, María de los Ángeles e Vanesa – tamén xogaron – Melissa, Bibiana e Paloma.
 

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Bea, Ana, Martina, Carla e Sandra – tamén xogaron – Zeltia.
 

Árbitros: David Ruiz Piñeiro (árbitro) e Jose A. Lamas Castro (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.

Amoestaron a Ana por parte visitante.

 

Non houbo liga esta fin de semana pola festividade de Semana Santa, pero si tivo partido o Concello de Ponteceso FSF durante a semana, o aplazado o fin de semana anterior contra o CD Mabegondo. Partido pouco intenso e mermado polas baixas en ambos equipos. As locais contaban só con 7 xogadoras mentres as visitantes, coa lesión da xornada anterior de Salomé e as baixas por motivos personais de Carmen e Laura, contaba con tan só un cambio no seu banquillo. Ainda así, o partido foi en todo momento dominado polas pondalianas, que claramente foron superiores e fixeron un bo partido, pero que non souberon aproveitar todas as ocasións xeradas. As locais non chegaron á portería defendida por Bea en todo o encontro, ó contrario que as xogadoras de Barca e Curro, que si que remataron á portería moitas veces, pero o individualismo das xogadoras nos últimos metros, remantando sempre a que levaba o balón sen pasar ningunha vez á que estaba soa no segundo pao, fixo que tanto a porteira como a mala definición evitaran que as pontecesanas levaran os tres puntos para a terra de Pondal. Empate a 0 no marcador e un punto para o Ponteceso, que desfai o empate a puntos entre o Concello de Ponteceso FSF e o Cee, que loitarán man a man na seguinte xornada pola sexta praza, ainda que as pontecesanas contan cun partido menos, xa que lle queda por disputar o aprazado contra o Fisober “B”.

07.04.2014 14:51

Partido correspondente á 20ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 05 de Abril ás 16:00 da tarde no Pavillón Municipal Ponteceso, entre o Concello de Ponteceso FSF e o CD Estradense, con resultado de 2-5..

 

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF:  Salomé, Ana, Martina e Sandra – tamén xogaron – Carmen, Laura, Bea e Zeltia.
 

CD ESTRADENSE: Miriam, Eva, Laura, Maria Luz e Olaya – tamén xogaron – Magali, Vanessa, Alba, Cristina e Miriam.
 

Árbitros: Victoria Enjamio Mosquera (árbitro) e Maryluz Mendoza Escalona (cronometrador), ambos do Comité Técnico de Santiago.
Amoestaron a Martina por parte local e Vanessa e Maria Luz pola visitante.


Goles:   Ana para o Ponteceso.
    Magali (2), Maria Luz, Eva e Alba para o Estradense.

 

Enfrontábanse as pontecesanas ás líderes da liga que, de gañar este partido, xa serían as campeonas. Por este motivo, saíu moi enchufado o Estradense, indo a polo partido desde o minuto un, presionando arriba ó Ponteceso e levando o control do balón. Nos primeiros minutos non conseguía saír co balón xogado ó equipo pontecesán debido á gran presión das da  Estrada, que aprobeitaba cada chegada á portería para intentar adiantarse no marcador. O aviso máis claro foi un tiro ó pao no minuto 10. E non tardou en chegar o tanto, pois dous minutos despois e tras xogada de falta, chegaba o gol que levaban buscando desde o principio. A pesar do gol non baixaron a presión e tiveron varias ocasións para aumentar a vantaxe, pero pouco a pouco as pondalianas iban manexando máis o balón e chegando algunha vez á área rival. A dous minutos para o descanso, chegaba o empate cun tiro cruzado de Ana despois dunha xogada dela con Carla. Parecía que ese podía ser o resultado co que se iría cara os vestiarios, pero a 10 segundos para rematar a primeira metade, o Estradense volvía adiantarse no luminoso mediante un tiro desde fóra da área que non logra desviar Salomé.


O segundo período foi máis do mesmo, coas visitantes atacando e presionando arriba desde o principio, e así chegou o tempraneiro gol que facía o 1-3, cun gol de rechace tras a primeira parada de Salomé. Pero non se viñan abaixo as xogadoras de Barca e Curro, que tiñan máis o balón do que o tiveran na primeira metade, pero sen xerar ocasións claras de perigo. Só Ana foi quen de bater outra vez a portería rival, desta vez cun tiro raso e pegado ó pao despois dun saque de banda, gol que recortaba distancias para as pontecesanas. Ás da Estrada non lles valía ese resultado e seguiron coa mesma presión e tirando a portería cada vez que se achegaban. Nunha xogada embarullada na área pontecesana, o Estradense facía o cuarto, tras non conseguir sacar o balón da área a defensa. E non sería o último, pois a 5 minutos do final, as estradenses sentenciaban o partido co quinto gol tras non entenderse Ana e Salomé no despexe do balón. Nos últimos minutos do partido e co Estradense xa máis relaxado e sen presionar arriba, tiveron ocasións ambos equipos, pero sen lograr materializalas. Acababa así o encontro co 2-5 no marcador, que proclamaba ó CD Estradense campión da Liga Provincial.
 

31.03.2014 16:24

Partido correspondente á 19ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 29 de Marzo ás 16:00 da tarde no Pavillón Novo Mesoiro, disputado entre o Espartanas F.S. e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 2-3 para as visitantes.

 

ESPARTANAS F.S.: María, Marta, Carmen, Laura e Rebeca – tamén xogaron – Ana, Adriana e Guadalupe.

 

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF:  Salomé, Ana, Martina, Carla e Sandra – tamén xogaron –Laura e Bea.

 

Árbitros: Rafael Plaza Casique árbitro) e Fernando Barrós Naveira(cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.
Amoestaron a Laura e María por parte local.


Goles:  0-1.- Martina
  1-1.- Laura
  2-1.- María
  2-2.- Laura
  2-3.- Laura

 

Comezou o encontro cos dous equipos á espera do que facía o rival, con calma e sen presionar arriba, pero roubando fácilmente o balón o Concello de Ponteceso, que era o que dispoñía das primeiras oportunidades da adiantarse no marcador por medio de Sandra, que manda un tiro ó pao, e Martina. Co paso dos minutos, eran as xogadoras pontecesanas as que iban tendo o control do partido, tocando o balón e xerando máis ocasións e, nun roubo de balón de Martina no campo contrario, ela mesma quedaba soa contra a porteira coruñesa e encargábase de marcar o primeiro gol da tarde para o equipo visitante. Despois do gol, intentaban ter máis o balón as Espartanas, que se iban achegando cada vez máis á portería rival, pero sen transformar as oportunidades que tiñan,ó igual que as pondalianas, que non se encerraron atrás e tiveron máis oportunidades para aumentar a vantaxe, como outro tiro de Sandra ó pao. Pero iban ser as coruñesas as que poñerían de novo as táboas no marcador, cun tiro de falta que Salomé non logra atrapar. E, un minuto antes de que a bocina mandase ós equipos cara os vestiarios, volvían adiantarse as Espartanas con outro tiro de falta e cun extraño e incomprensible erro da meta Salomé, ó que deixaba o partido no descanso co 1-2 no luminoso.
 

No segundo período saíron presionando arriba as xogadoras de Barca e Curro, para non deixar saír co balón xogado ó rival e para intentar roubar o balón no campo contrario, como xa sucedera na primeira metade. Ós poucos minutos da reanudación e, tras un saque de córner, era Laura a que marcaba para as pontecesanas e volvía a empatar o encontro. Non baixou a intensidade con este gol o equipo visitante, xa que quería volver para a terra de Pondal con 3 puntos. Carla e Ana tiveron a oportunidade de volver a adiantarse no marcador, pero era outra vez Laura a que o conseguiría tras un bo saque de porta de Bea, que entrara na segunda metade no sitio de Salomé. Co 2-3 no marcador relaxouse o equipo pontecesán, no que o cansancio e os poucos cambios se iban notando máis co paso dos minutos, e eran as Espartanas as que presionaban arriba intentando roubar o balón e ocasionar perigo á portería defendida por Bea, pero ainda con esa presión, non conseguían xerar ocasións claras ante a boa defensa pondaliana. No último minuto eran as visitantes as que puideron aumentar a distancia final, nun dous contra un de Carla e Laura contra a meta local, pero o tiro de Carla é desviado sen problemas pola porteira e así remataba o partido, co marcador 2-3 a favor do Concello de Ponteceso FSF, que sigue sexto na clasificación e cun partido menos, posto que ainda non se disputou o aprazado contra o Fisober FSF “B”

 

 

10.03.2014 14:16

Partido correspondente á 13ª xornada da Liga Provincial Feminina (aprazado), disputado o sábado 08 de Marzo ás 19:00 da tarde no Pavillón Municipal Ponteceso, entre o Concello de Ponteceso FSF e o GRUPO WORK, con resultado de 0-2.


A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF:  Salomé, Ana, Martina, Carmen e Sandra – tamén xogaron – Carla, Laura e Zeltia.


GRUPO WORK: Cristina, Patricia, Alba, Sandra e Carmen – tamén xogaron – Ainhoa, Nuria, Lara, Sara, Amanda e Cristina.


ÁRBITROS: David Ruiz Piñeiro (árbitro) e Iván Enriquez Fontenla (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.
                        Amoestaron a Ana por parte local e Sandra e Ainhoa polas visitantes.
                        Expulsaron á local Martina.


Goles:   0-1.- Sandra
               0-2.- Alba

 

 

Partido pouco vistoso e con moitas trabas o disputado o sábado entre pontecesanas e coruñesas.
Saía o Grupo Work presionando arriba desde o pitido inicial, intentando que o Ponteceso non saíse co balón xogado e intentando dominar o partido cando tiñan o balón. Pero a pesar desa presión e do dominio do balón, eran as pontecesanas as primeiras en crear perigo cunha contra creada por Sandra tras roubar un balón no seu propio campo, pero o tiro de Carmen é parado sen problemas pola porteira visitante.
A primeira metade estaba sendo unha carreira contínua, con ocasións para ambos equipos. Estivo cerca de adiantarse no marcador o Concello de Ponteceso mediante un tiro de falta moi ben tirado por Carmen, pero a mala sorte fai que o balón vaia ó largueiro. Co paso dos minutos o cansancio iba aparecendo, e tanto pontecesanas como coruñesas foron baixando a intensidade. Na seguinte xogada, a oportunidade clara era do Grupo Work, cunha doble ocasión, un tiro que rexeita Salomé do que Albita colle o rechace e o seu disparo é sacado debaixo dos paos por Martina. Pese ó cansancio e ós poucos cambios dos que disponían, non se viña abaixo o equipo pontecesán que, nos últimos minutos, dispoñía de varias ocasións máis, por medio de Laura e Carmen, pero os tiros das dúas pasan rozando o pao. Cando quedaba un minuto para o final do primeiro período, eran as herculinas as que se viñan arriba, subindo outra vez a presión e tirando a portería. A poucos segundos para o final, Salomé e Carmen evitan ir cara os vestiarios co marcador en contra, a porteira salvando un man a man e Carmen sacando outro balón na liña de gol. Chegábase ó descanso co empate a 0 no marcador.


A segunda metade non comezaba ben para as xogadoras de Barca e Curro. Ademais da presión das rivais, que volvían a saír presionando arriba e con intensidade, a permisividade arbitral coas visitantes sacou de quicio ás pondalianas, que acabaron coa capitana Martina expulsada por protestarlle ó colexiado ós 5 minutos da reanudación do encontro. Esto facía que o Ponteceso contase aínda cun cambio menos, polo que o esforzo das xogadoras tiña que ser ainda maior. Ainda tendo todo en contra, era o Ponteceso o primeiro en crear perigo, cun tiro de Sandra que atrapa a meta visitante. Pero na seguinte xogada, tras un malentendido entra a mesma Sandra e a porteira Salomé, eran as coruñesas as que lograban desfacer as táboas no luminoso. Este gol deixaba tocadas ás da vila de Pondal, pero non se daban por vencidas e, noutra contra, Carmen mandaba outro balón ó pao cun tiro desde a frontal da área. Pero a mala sorte non remataba aí, pois na seguinte xogada o Grupo Work provocaba unha falta que, tras xogada ensaiada, servía para aumentar a vantaxe no luminoso, anotando o 0-2. Ainda quedaban 10 minutos para o remate do partido, pero o Concello de Ponteceso non era quen de materializar as súas ocasións, como levaba ocorrendo todo o partido. Nin Carmen nin Ana foron capaces, cos seus tiros, de que o balón atravesase a liña. No últimos cinco minutos, o cansancio afectaba ás pontecesanas, que vían como as visitantes tiñan o control do balón e as oportunidades para aumentar a distancia, pero tanto o poste como Salomé evitaron que a vantaxe final fose máis ampla. Remataba así o partido, co 0 a 2 para as de Suso Carreira, que deixan ás pondalianas a catro puntos do quinto clasificado.

 

A vindeira xornada o Concello de Ponteceso FSF disputará o partido correspondente á 17ª xornada da Liga Provincial, que será en Vimianzo ás 16:30 fronte ó Fisober FSF “B”. As xogadoras pontecesanas intentarán olvidar o ocurrido esta fin de semana e centrarse en acadar os 3 puntos no derbi.

03.03.2014 17:42

Partido correspondente á 16ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 01 de Marzo ás 20:00 da tarde no Pavillón Municipal Corme, entre o Concello de Ponteceso FSF e o A Fervenza FSF “B”, con resultado de 3-3.

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF:  Salomé, Ana, Martina, Carla e Carmen – tamén xogaron – Sandra, Zeltia e Bea.

A FERVENZA FSF “B”: Carla, Andrea de Paz, Raquel F, Raquel R e Andrea R – tamén xogaron – Natalia, Candela e María.

Árbitros: Roberto Martínez Pena (árbitro) e Paula Garrido Brandón (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.
Amoestaron a Martina por parte local e Raquel F polas visitantes.


Goles:   0-1.- Zeltia
  1-1.- Natalia
  2-1.- Carla
  3-1.-Carla
  3-2.- Natalia
   3-3.- Andrea R.

 

Partido emocionante o vivido a tarde do sábado en Corme, no que as pontecesanas se enfrontaban ás segundas clasificadas da Liga.

Empezaron moi fortes as visitantes, moi metidas no partido e cunha intensa presión a toda a pista que facía que as pontecesanas non puideran saír con claridade co balón xogado, facendo que tiveran as ocasións máis claras nos primeiros minutos, como un balón ó pao que manda Andrea. Pero co paso dos minutos a intensidade foi disminuíndo, o que dou paso a un maior control do balón das pontecesanas, que xa se iban achegando máis á portería rival. Nunha boa contra tras un roubo de balón de Sandra, Zeltia abria o marcador a favor das locais. Pero este gol, lonxe de conseguir que as ferrolanas se viñeran abaixo, fixo que volverán á presión dos primeiros minutos. Esta presión fixo que lles fose máis fácil roubar o balón en varias ocasións, creando moito perigo na portería pontecesana con dous disparos ó pao e dous mans a mans que a meta local Salomé consegue salvar con dúas boas actuacións. A pesar destes erros na definición, eran as da Fervenza as que seguían tendo o control do partido e, a 5 minutos do final da primeira metade, vían o seu esforzó recompensado cun gol de Natalia. O empate fixo reaccionar ás xogadoras de Barca e Curro, que nos últimos minutos tiveron un par de oportunidades para volver adiantarse no marcador, con uns tiros de Carla e Ana, e o desta última pasa rozando o pao. Así concluía a primeira metade.

O segundo período comezou ó contrario do primeiro, coas pondalianas co control do balón e xerando as ocasións de perigo. Ós 5 minutos, Carmen rouba o balón e monta unha contra que ela mesma remata, pero a portería visitante desvía o balón a córner. A intensidade do Ponteceso non disminuía, e no minuto 32, Ana sae co balón xogado e dalle un bo pase a Carla que, tras unha boa xogada individual, anota o segundo tanto volvendo adiantar ó seu equipo no luminoso. As visitantes intentaban chegar á portería defendida por Salomé, pero tan só o lograron mediante un tiro de falta que ataxa sen problemas a porteira pontecesana. Era o equipo local o que aumentaba a vantaxe no marcador na seguinte xogada, cun pase de Zeltia e Carla e esta fixo que o balón traspasase a meta visitante por terceira vez. Quedaban 10 minutos para o remate do encontro e as ferrolanas volveron subir a presión e, nun saque de banda que lle correspondía ás locais, as da Fervenza con picardía sacaron sen que  ninguén o impedise e no tiro, Natalia acortaba distancias co 3-2. Esto enfadou ás pondalianas, que non vían xusto que ese gol fose dado por válido, pero non puideron facer nada. O acoso das da Fervenza contra a portería local non cesaba, lanzando incluso outro balón ó pao. E a falta de 2 minutos para a conclusión do partido, Andrea poñía o 3-3 final cun tiro desde fóra da área. Pero ainda tiveron unha oportunidade máis as pontecesanas para gañar o partido, pero o tiro de Carla a falta de 20 segundos para o final foi despexado pola porteira visitante.
O partido deixou ó Ponteceso FSF cun sabor agridoce, posto que estiveron moi cerca de conseguir a vitoria. Pero o esforzo mostrado valiu para acadar un punto contra as segundas clasificadas, punto que acerca ás pondalianas un pouco máis ás cuartas e quintas clasificadas.

24.02.2014 13:32

Partido correspondente á 15ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 22 de Febreiro ás 18:00 da tarde no Pavillón Municipal de Santa Irene en Porto do Son, disputado entre o C.D. Portosín e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 2-3 para as visitantes.

C.D. PORTOSÍN: Noelia, Judit, Rebeca, Lorena e Virginia – tamén xogaron – Sara, Xulia, Nancy e Diana.

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF:  Salomé, Ana, Martina, Carla e Sandra – tamén xogaron – Carmen, Zeltia e Laura.

Árbitros: Victoria Mosquera Enjamio (árbitro) e Maryluz Mendoza Escalona (cronometrador), ambos do Comité Técnico de Santiago.
Amoestaron a Lorena por parte local e Martina polas visitantes.


Goles:   0-1.- Carmen
  1-1.- Xulia
  2-1.- Xulia
  2-2.- Carmen
  2-3.- Martina

 

Partido moi emocionante o vivido na tarde do sábado no municipal de Santa Irene, xa que se enfrontaban dous equipos que aspiran a facer cousas importantes nesta liga.
Empezaron moi fortes as locais cunha intensa presión a toda a pista que facía que as pontecesanas non puideran saír con claridade co balón xogado e só podían facer dano nalgunha contra. A pesar disto, as rapazas de Barca e Curro non lle perderon a cara ó partido e seguiron a facer o seu xogo combinativo e, gracias a unha boa xogada trenzada polas súas integrantes, Martina conseguía rematar no segundo pao, no que a porteira desviou e fixo que Carmen quedara soa e rematara a pracer ó fondo da portería, conseguindo para as visitantes o primeiro gol da tarde.
Isto fixo reaccionar ás locais que empezaron a crear certo perigo ante unha acertada Salomé na portería visitante, que solventou sen moito problema esas ocasións. O partido seguía nun toma e daca e a falta de 3 minutos para rematar a primeira metade, cunha falta a un par de metros da área das pontecesanas, as locais conseguían facer o empate despois de que o esférico fose rexeitado pola barreira e colándose entre as pernas de Salomé.
Para colmo das pondalianas, a falta de 20 segundos para o descanso, cometían a sexta falta e isto fixo que as locais conseguirar ir para os vestiarios con 2 a 1 no marcador gracias a un dobre penalti ben executado.

 


A segunda metade é digna de admirar polo esforzo das da terra de Pondal, xa que pese ó mazazo dos últimos minutos da primeira parte, saíron moi motivadas e metidas no encontro.

Comezou dominando o Ponteceso con boas xogada e con moito perigo para a porteira local, e desta vez as que non conseguian saír co balón xogado eran de Porto do Son. Froito disto, Martina de novo conseguía darlle unha boa asistencia a Carmen para que esta puxera outra vez as táboas no luminoso nun tiro cruzado raso no que a porteira apenas puido facer nada. A partir de aquí o partido enloqueceu con ocasións para os dous conxuntos, pero o que conseguiu dar a machada foron as pontecesanas nunha boa xogada individual de Martina, que levaba a delicia ó vestiario visitante.
A remontada das pontecesanas puso en xaque ás locais que, a falta de 9 minutos para o remate, puxéronse a xogar de 5 metendo á porteira xogadora. Gracias á gran labor defensiva das pondalianas, que fixeron un muro diante da súa portería, as locais vían como o tempo transcurría e os froitos non chegaban e, a falta de 1 minuto para o remate, a piques estiveron de poñer de novo o empate no marcador, pero o balón dou no polo largueiro, que desta vez axudou á xusta vitoria das pontecesanas.
Cabe destacar esta victoria polo gran encontro que fixeron as rapazas de Barca e Curro, xa que acudian en cadro ó encontro polas numerosas baixas ante un Portosín que só perdera dous encontros no que vai de liga.

17.02.2014 18:29

O Concello de Ponteceso FSF non disputou esta fin de semana o partido da 14ª xornada da Liga Provincial Feminina debido á non presentación do equipo rival, o Troula FS, que avisou o día anterior á Federación e ó equipo pontecesán da súa decisión respecto ó encontro que iba ter lugar o sábado 16 no Pavillón Municipal de Ponteceso, xa que non eran xogadoras suficiente, dándolle así o partido por gañado ás pontecesanas, que suman 3 puntos máis na clasificación.

Con esta decisión, as xogadoras do Ponteceso levan dúas xornadas consecutivas sen competir, xa que a xornada anterior o partido tivo que ser aplazado por non dispoñer de pavillón. Dúas semanas de descanso que lles veu ben ás lesionadas e que as farán chegar con máis ganas ó próximo partido.

02.02.2014 18:28

Partido correspondente á doceava xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 1 de Febreiro no Pavillón Municipal San Vicente de A Baña entre o S.D. A Baña e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 1-3 para as visitantes.

 

S.D. A BAÑA: María Celsa, Lucía, Marta, Daniela e Tania – tamén xogaron – Andrea, Nerea, Rocío, Lidia, María e Anabel.

 

A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Bea, Ana, Martina, Carla e Laura – tamén xogaron – Zeltia, Salomé, Sandra e Alba.

 

Árbitros: Victoria Mosquera Enjamio (árbitro) e Maryluz Mendoza Escalona (cronometrador), ambos do Comité Técnico de Santiago.

 

Goles: 1-0.- Andrea (min.35) 1-1.- Ana (min.45) 1-2.- Sandra (min. 47) 1-3.- Ana (min.49)

 

O Concello de Ponteceso comezaba a segunda volta da mesma maneira que acabou a primeira, tocado polas lesións de varias xogadoras, o que fai que o equipo non consiga estar ó 100%. Despois dunha irregular primeira volta, chegaban a A Baña con ganas de comezar ben a segunda etapa do campeonato ligueiro levando os tres puntos para a vila de Pondal, pero as locais non llo iban poñer fácil. A primeira metade comezou co Ponteceso tendo o balón e coas locais esperando atrás, co que as pontecesanas tiñan a posesión pero sen apenas crear perigo. A medida que pasaban os minutos, as locais conseguían disputarlle a posesión ás visitantes facendo que o partido se convertise nun idas e voltas, pero con poucos tiros a portería. Tan só Rocío para as da Baña e Alba para o Ponteceso conseguiron que o balón chegase ás porteriás contrarias, con dous tiros ó pao de cada unha. Foi nos últimos 5 minutos do primeiro tempo cando as xogadoras de Barca e Curro tiveron máis oportunidades de poñerse por diante no marcador, con dous tiros de Alba que pasaron rozando o pao e cunha clara dobre ocasión de gol que nin Alba nin Martina logran materializar. A última en intentalo foi Sandra, que nos últimos minutos manda o balón por riba da portería tras un tiro desde a frontal da área. Ían así cara o vestiario coas tablas no marcador.

O segundo período comezou co Ponteceso máis metido no partido, subindo a defensa e roubando o balón no campo contrario, o que lle creou varias ocasións de gol nos primeiros minutos que non aproveitaron. A pesar da presión das pondalianas, as xogadoras de Ignacio non baixaron os brazos e intentaban chegar á portería defendida por Bea. Nun saque de córner tras un tiro de Andrea que rexeita Ana, a mesma Andrea conseguía poñer ó seu equipo por diante no luminoso cun bo tiro ó que non pode chegar Bea. A partir deste gol, encerráronse atrás as locais e o partido foi un ataque contínuo das pontecesanas, que vían como tiro tras tiro, o balón non entraba na portería. Pero no minuto 45, Ana rouba un balón no medio do campo e, tras unha

boa contra, remata a xogada cun bo tiro poñendo o empate no marcador. Dous minutos despois, era Sandra a que volvía a roubar o balón no campo contrario e cunha boa xogada individual conseguía remontar o partido a favor do Concello de Ponteceso. Pero non sería o último tanto, xa que nos últimos segundos, Ana culminaba a remontada poñendo o 1 a 3 final no luminoso tras un despexe da meta local a un disparo de Laura. Cinco últimos minutos de infarto nos que conseguían a vitoria as pondalianas que, a pesar de non facer un bo partido, con ganas conseguiron darlle a volta ó marcador, acadando así os 3 puntos que as deixan sextas na táboa clasificatoria.

A próxima xornada o Concello de Ponteceso enfrontarase ó Grupo Work, partido que terá que ser aplazado por non dispoñer de pavillón debido á Motofesta que se celebra en Ponteceso esa fin de semana.

21.01.2014 18:27

Partido correspondente á onceava xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o domingo 19 de Xaneiro ás 12 da mañá no Pavillón Municipal de Cee entre o F.S.F. Vila de Cee e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 5-3 para as locais..

 

F.S.F VILA DE CEE: María Belén, Ana, Tatiana, Sandra e Serena – tamén xogaron – Marta, Beatriz, Andrea, Alba, María e Adriana.

 

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Bea, Alba, Ana, Martina e Carla – tamén xogaron – Laura, Zeltia, Salomé e Sandra.

 

Árbitros: Jorge Rodríguez Rey (árbitro) e Daniel Brea López (cronometrador), ambos do Comité Técnico de Santiago.

Amonestaron a Andrea por parte local.

Expulsaron a Sandra por doble amarilla por parte visitante..

 

Goles: Ana (4) e Andrea para o Vila de Cee. Martina, Alba e Laura para o Ponteceso.

 

O Ponteceso xogaba o seu último partido da primeira volta contra o Vila de Cee moi mermado polas abundantes lesións das súas integrantres. Non comezaron ben as pontecesanas, que viron como nada máis saír as locais intentaban presionalas arriba para non deixalas xogar e, no minuto dous de partido, despois dun rechace nun córner da porteira pontecesana, as locais estreaban o marcador co 1-0. O tanto doulle confianza ás locais, que seguiron ca súa intensa presión a todo campo, pero as rapazas de Barca e Curro non baixaron os brazos e nunha boa xogada colectiva, Martina poñía a igualada no luminoso. Seguían pasando os minutos e as ceenses seguian facendo o seu xogo, mentras que as visitantes intentaban facer unha forte defensa e saír ás contras e froito desto, Alba e Ana estrearon varios balóns ós paos. Pero nunha mala saída da defensa, as ceenses aproveitaron un roubo de balón para facer o 2-1 a falta de 8 minutos para finalizar a primeira metade. As pontecesanas, lonxe de amedrentarse, viñéronse de novo arriba e nunha boa xogada individual de Alba, volvían poñer as táboas no marcador. Pero a un minuto do descanso, un erro defensivo das visitantes fixo que o Vila de Cee fose ós vestiarios por diante no marcador.

A segunda parte comezou como a primeira, coas ceenses presionando arriba e obligando ó Ponteceso a non saír co balón xogado, de todas maneiras, o Ponteceso saiu moi enchufado e facendo moi boas xogadas combinativas e moi metido no partido. Froito desto, ós 2 minutos do comezo, Laura fixo o 3-3 para as visitantes. Esto provocou que o partido se convertira nun partido de tolos con ocasións para os dous conxuntos e con varios balóns de novo ós paos das xogadoras da vila de Pondal. Pero como ben se sabe, o que perdoa acábaas pagando, e nun córner moi ben executado polas de Calavanda, Ana facía o 4 a 3 para as locais. Esto fixo que as pontecesanas foran arriba intentando ir a polo partido, pero co encontro a piques de rematar, o Cee sentenciaba o encontro tras una boa contra, dándolle o derbi.

<< 2 | 3 | 4 | 5 | 6 >>

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 167