6ª xornada

02.11.2014 21:19

Crónica correspondente á 6ª xornada da liga provincial feminina, partido disputado o sábado 1 de Novembro ás 19.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso e que enfrontaba ó Concello de Ponteceso FSF co SD A Baña, e que tivo como resultado final 11-0 para as pontecesanas.

 

A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Noa, Cintia, Elsa, Isabel, Zeltia.

 

A.S. A BAÑA: Eva, Daniela, Tania, Lucía e Lidia - tamén xogaron - Andrea, María e Estefanía.

 

Árbitros: Santiago Modroño Liz (árbitro) e Miguel Puerta Catoira (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.
Amoestaron a Estefanía e Andrea por parte visitante.

 

Goles: 1-0.- Carmen (min.7)
           2-0.- Carmen (min.8)
           3-0.- Elsa (min.29)
           4-0.- Cintia (min.30)
           5-0.- Cintia (min.33)
           6-0.- Ana (min.36)
           7-0.- Noa (min.36)
           8-0.- Carmen (min.37)
           9-0.- Sandra (min.38)
          10-0.- Elsa (min.39)
          11-0.- Martina (min.39)

Partido moi vistoso e moi traballado por parte do equipo local, que saíu desde o principio a polos 3 puntos, con presión en todo o campo e intentando levar o peso do encontro. Nos primeiros minutos tiveron as pontecesanas o dominio do balón, pero sen xerar ningunha ocasión clara de perigo. Era no minuto 6 cando xa avisaban as locais cun disparo de Sandra que sae desviado por pouco. E non tardou en chegar o primeiro tanto, cun remate de Carmen no segundo pao tras un pase de Martina. Empezaba aí o asedio das pondalianas, que non deixarían de crear perigo ata o final do encontro. Tan só un minuto despois, Carmen en xogada persoal, desfaise das contrarias e remata soa a portería, poñendo o 2-0 no marcador. Intentaban sacar o balón controlado as da Baña, pero a presión do Ponteceso non llo permitía e conseguían roubarlle o balón de cada xogada e creando moitas ocasións de perigo para a portería rival. Martina a piques está de aumentar a vantaxe, pero non chega por centímetros ó pase que Noa lle manda ó segundo pao. Tamén probarían sorte Noa e Cintia, pero ambos disparos pasan rozando o pao. A única ocasión das visitantes chega tras un saque de córner, pero rematan a portería sen perigo para Salomé. Responderían a esta ocasión as pondalianas cunha xogada de calidade, tocando o balón sen darlle opción de xogalo ás rivais, xogada que remata cun tiro de Carmen que vai desviado. A primeira metade acabaría cun tiro de Sandra de xogada ensaiada de saque de banda, pero ambos equipos van cara os vestiarios sen cambios no marcador.

O segundo período comezaba como rematara o primeiro. As de Ponteceso seguen coa presión, dificultando a saída de balón das contrarias e achegándose xa con bastante perigo á portería defendida por Eva. Na primeira xogada, Elsa animábase a probar un disparo a portería que remata en córner. Na seguinte, era Cintia a que probaba sorte, pero a defensa despexa o balón a saque de banda. Martina e a mesma Cintia dispoñían doutras ocasións, pero as da Baña, encerradas atrás, despexaban todos os balóns que se achegaban á portería. Co marcador a favor, cambiaban de porteira o conxunto local, facendo así debutar nesta liga a Isabel, que non tivo moito traballo no seu primeiro partido como xogadora do Concello de Ponteceso. Seguían creando perigo as xogadoras de Barca e Curro na portería das visitantes, desta vez o tiro era de Sandra, pero a meta rival despexaba o balón sen problemas. Pero despois de tanta ocasión, o gol tiña que chegar, e era Elsa a que, desta vez si, facía que o esférico tocase a rede cun bo disparo desde a frontal da área ó que non logra chegar a porteira. Un minuto despois, Cintia poñía o 4-0 no luminoso tras unha boa xogada con Sandra e tamén era Cintia a que facía o 5º chegando rápido ó segundo pao tras un pase de Ana. Estábanse gustando as da vila de Pondal, que vendo que as cousas lles estaban saído ben, non deixaban de intentar xogadar combinativas e probar disparos a portería. Esto fixo que os últimos 4 minutos do encontro fosen moi desagradables para as visitantes. No minuto 16 era Ana a que iniciaba o carrusel de goles, chegando como unha bala desde atrás e rematando no segundo pao un pase de Noa ó que non chegara Carmen. Noa era a que facía o 7º tanto do encontro cun tiro libre directo, no que sería a 5ª falta do conxunto amarelo. Na seguinte xogada, Carmen provoca unha falta, encargándose Noa de tirar o tiro de castigo, que para a porteira pero Carmen, moi atenta, colle o rechace e fai o 8º para as pontecesanas. A pesar da abultada derrota, non desistían as visitantes, que conseguiron chegar 2 veces á portería defendida por Isabel, pero sen crear perigo. Nunha contra, Sandra poñía o 9-0 no electrónico tras xogada individual. Quedaba un minuto para o final do encontro, pero o Concello de Ponteceso non baixaba a presión. Elsa facía o 10º rematando a gol un saque rápido de banda de Carmen e na seguinte xogada, sen deixar respirar ás rivais, tras un roubo de balón en campo contrario de Cintia, ésta pásalle o balón a Martina que remata dentro da área facendo o último tanto da tarde. Con apenas segundos para o final do partido, ainda puideron aumentar máis a distancia no marcador, pero Ana, Elsa e Noa non eran capaces de transformar os tres dobres penaltis dos que dispuxeron.

Remataba o partido con goleada o bo partido feito polo Concello de Ponteceso FSF, que se coloca xa no alto da táboa, estando no segundo posto empatado a puntos co Vila de Cruces e a tan só 3 puntos do 5 Coruña.
© 2014 Microsoft Términos Privacidad y cookies Desarrolladores Español
 

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172