Xornada 14

27.01.2015 11:35

Partido correspondente á  14ª xornada da liga Provincial Feminina de A Coruña disputado o sábado 24 de Xaneiro de 2015 no Pavillón Municipal de "O Ramo de Barallobre" entre o Artabras Fene FSF e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado final de 1-3. 


ARTABRAS FENE FSF: Almudena, María, Andrea, Claudia e Cintia - tamén xogaron - Antía, Uxía, Thalia Vanessa, Gloria Estefani e Marta María. 


A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Noa, Cintia, Elsa e Carla. 

Árbitros: Daniel González Araujo (árbitro) e Santiago Pena Loureiro (cronometrador) ambos do Comité técnico de Ferrol. 

Amoestaron a Noa e Sandra por parte visitante. 


Goles: 0-1.- Carmen(min.5) 

           1-1.- Andrea (min.16) 

           1-2.- Cintia (min.18) 

           1-3.- Carmen (min.24) 


          

Bonito partido o visto o sábado en Fene, marcado un pouco polo mal estado da pista. 

O partido comezou coas pontecesanas esperando atrás, deixando xogar ó rival, pero este non se achegaba á portería visitante. Pero ós poucos minutos subiron as liñas as pondalianas e comezaron a chegar as ocasións. No minuto 5, Carmen abre o marcador tras unha xogada que comeza cun roubo de balón no medio do campo, pásalla a Martina que lla devolve de primeiras e ela remata no segundo pau. Co marcador a favor comezaron a dominar o encontro as pontecesanas, pero sen xerar ocasións claras de cara á portería local. Intentábano tamén as de ferrolterra, e conseguirían o empate tras un saque de córner que remata Andrea dende fóra da área e no que nada pode facer a porteira Salomé. Pero responderían as xogadoras de Barca e Curro e Cintia, cunha xogada por banda, tira dende a frontal da área e volve poñer por diante no luminoso ó equipo visitante a escasos minutos de que rematase a primeira metade. 


De volta de vestiarios saíron máis enchufadas as pondalianas, que seguían co dominio do balón como no primeiro período e facendo boas xogadas. Bastáronlle 4

minutos para casi sentenciar o partido, outra vez Carmen remataba no segundo pau un pase de Cintia tras unha xogada combinativa con Martina, facendo o terceiro, que lle daba algunha marxe de erro. Pero a pesar da vantaxe, eras as da vila de Pondal as que seguían desplegando un bo xogo e tendo ocasións. Cintia fallaba unha clara ocasión diante da porteira e, máis tarde, sería ela quen o intentaba outra vez,  pero o balón saía desviado. Tamén o intentaban as do Artabras Fene, pero a boa defensa visitante fixo que non lles fose posible chegar á portería. 

Remataba así o encontro con outros 3 puntos que se van para Ponteceso e que colocan ó equipo na segunda posición da táboa clasificatoria con 30 puntos, por detrás do Viaxes Amarelle FSF C,con 33, e empatado co 5 Coruña,que baixa á terceira posición. 


A vindeira xornada o conxunto pontecesán enfrontarase ó Grupo Work, un equipo que sempre llo pon difícil, no partido que terá lugar no Municipal de Ponteceso o sábado 31 ás 19.00. 

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172