Xornada 8. GRACIAS!!

17.11.2014 21:17



Isabel, Carmen, Christine, Ana, Martina, Salomé

Zeltia, Sandra, Elsa, Noa, Cintia, Carla





Crónica correspondente á 8ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 15 de Novembro ás 19.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Beart 5 Coruña, e que acabou con empate a 3 no marcador.

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Noa, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Cintia, Elsa e Ana.

BEART 5 CORUÑA: Alicia, Guadalupe, María Elena, María e Gema - tamén xogaron - Raquel Lago, Sofía, Ana e Raquel.

Árbitros: Imanol Vázquez Varela (árbitro) e Miguel Puerta Catoira (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.
Amoestaron a Carmen e Sandra por parte local.

Goles: 0-1.- María Elena (min.2)
           0-2.- María (min.5)
           0-3.- Guadalupe (min.8)
           1-3.- Noa (min.19)
           2-3.- Noa (min.30)
           3-3.- Sandra (min.35)

Vibrante e intenso partido o vivido a tarde do sábado no Municipal de Ponteceso entre dos dous primeiros clasificados da Liga Provincial Feminina.
O encontro comezou cos dous equipos atrás, esperando a ver que facía o rival. Pero non non saíron moi enchufadas as pontecesanas, que nos primeiros minutos vían como, dunha cesión á porteira, viña o primeiro tanto da tarde a favor das coruñesas nun remate tras o saque de falta indirecta. A pesares do gol, subiron liñas e comezaron a dominar o partido as locais, achegándose máis á portería rival. Na seguinte ocasión da que dispuxeron o 5 Coruña ampliaba a distancia no marcador, tras un fallo da porteira Salomé nun tiro raso e non moi forte que lle pasou por debaixo das mans. Seguían controlando o xogo as pondalianas, cando chegou o 3º tanto do conxunto visitante por medio de Guadalupe, o que parecía poñer moi de cara o partido para as herculinas. Pero non se daban por vencida as de Ponteceso ainda tendo 3 goles en contra, que conseguían chegar varias veces á portería visitante, pero sen lograr materializar as ocasións. Era Noa a que recortaba distancias no último minuto da primeira metade, cun bo remate no segundo pao tras un pase de Cintia. Chegaba así o descanso co marcador en contra para as pondalianas de cara á segundo período.

De volta dos vestiarios saíros máis enchufadas as xogadoras de Barca e Curro que, co pavillón cheo de aficionados pontecesáns animando ó equipo e con confianza, comezaron a mostrar o seu mellor xogo. Carmen tivo unha oportunidade para recortar distancias, pero o seu tiro foi rexeitado pola porteira coruñesa. O control do partido tíñano totalmente as pontecesanas, que vían como as primeiras clasificadas da liga apenas tiñan o balón e non contaban con ningunha ocasión para aumentar máis a distancia no luminoso. E este bo xogo traia os seus frutos. Noa facía o segundo no minuto 10 da segunda metade, remantando dentro da área un rexeite da porteira a un disparo anterior de Cintia. Ainda quedaba tempo para intentar a remontada e eso querían as xogadoras locais, seguindo co dominio do balón e coas ocasións máis claras do partido. A 5 minutos do final do encontro, tras unha moi boa xogada combinativa ó primeiro toque entre Cintia e Martina, Sandra chegaba ó segundo pao para rematar o pase de Cintia, poñendo no marcador o merecido empate. Os últimos minutos do partido foron igual, co Concello de Ponteceso dominando claramente, conseguindo que o 5 Coruña non tirase nin unha vez a portería na segunda metade, e tendo ocasións incluso para darlle a volta o marcador, pero sen conseguilo. Sonaba a bocina que sinalaba o final deste emocionante partido coas táboas no luminoso, un reparto de puntos que fai que as coruñesas sigan liderando a táboa clasificatoria e que as pontecesanas sigan a 3 puntos e cun partido menos e empatadas a puntos co Viaxes Amarelle C. A vindeira xornada o Concello de Ponteceso desprazarase ata A Coruña para enfrontarse ó Cafetería Meca, intentando voltar para casa cos 3 puntos que lles permitan seguir arriba na clasificación.

Moitas gracias a todos os que viñestes apoiar neste importante partido. De verdad, moitas gracias. O ambiente foi espectacular e a nosa motivación maior ainda. Esperamos que se repita máis veces. Gracias a todos!!!

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172