ornada 13

11.01.2015 11:31

Partido correspondente á  13ª xornada da liga Provincial Feminina de A Coruña disputado o sábado 10 de Xaneiro de 2015 no Pavillón Municipal de Betanzos entre o Troula FS e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado final de 1-4. 


TROULA FS: Yvonne, Silvia, Olaya, Mayra e Aldara - tamén xogaron - Susana, Carla, Sandra e Lara. 


Concello de Ponteceso FSF: Salomé, Ana, Martina, Carla e Carmen - tamén xogaron - Cintia, Noa e Sandra. 


Goles: 0-1.- Martina (min.5) 

           1-1.- Carla (min.20) 

           1-2.- Cintia (min.25) 

           1-3.- Cintia (min.35) 

           1-4.- Carmen (min.38) 

          


Árbitros: Rafael Paza Casique (árbitro) e Berta García Vázquez (cronometrador) ambos do Comité Técnico de A Coruña. 

Amoestaron a Susana por parte local e Cintia por parte visitante. 


Primeiro partido do 2015 para ambos equipos da Liga Provincial Feminina. O Concello de Ponteceso chegaba coas pilas recargadas e con ganas de marchar cos 3 puntos para seguir nos postos de arriba na clasificación, despois de acabar o 2014 perdendo contra o Viaxes Amarelle FSF C. Saíron moi metidas no partido, chegando rapidamente á portería contraria e, no minuto 3, xa tiñan a oportunidade para adiantarse no marcador con un penalti que o colexiado sinala por man da defensora, pero Carmen, que se encarga de tiralo, mándao fóra por pouco.pero non tardarían en estrea-lo marcador, pois 2 minutos despois, Martina recibe na frontal da área escorada á dereita e logra meter un pase ó segundo pao que toca nunha defensora e entra na portería rival, facendo o primeiro tanto para as pontecesanas. A pesar de que tiveron o control do partido en todo momento, non lograban aumentar a vantaxe. Intentábano Carmen e Cintia, pero o resultado non se movía. Nos últimos segundos da primeira metade conseguía empatar Carla por medio dun penalti moi discutido polo equipo pontecesán, co que se retiraban ós vestiarios co 1-1 no electrónico. 

O segundo período sería un reflexo do primeiro, co Ponteceso intentándoo desde o primeiro momento. Sería no minuto 5 desta metade cando se volvían adiantar as pontecesanas, desta vez por medio de Cintia tras unha xogada

individual pola banda. Non deixaban de intentalo as xogadoras de Barca e Curro, sobre todo buscando accións individuais coas que sentenciar o partido. Carmen volvía ter unha clara ocasión nun dous contra un das pondalianas, pero a meta local conseguiu chegar a ela antes de que puidese tirar ou pasar. Cintia conseguiría o terceiro cunha bonita vaselina tras outra xogada individual pola banda. O Troula non conseguía chegar á portería defendida por Salomé, xa que o Ponteceso era o claro dominador do encontro, pese a non estar facendo o seu mellor xogo. A dous minutos do final, Carmen facía o cuarto e último tanto do encontro, encontrando o balón tras un rechazo da porteira a un tiro de Martina. Remataba así o partido co 1 a 4 no marcador a favor do Concello de Ponteceso FSF, que con 3 puntos conseguidos esta semana ponse como segundo clasificsdo con un partido máis que o Viaxes Amarelle. O vindeiro partido do equipo pontecesán será o sábado 24 contra o Ártabras Fene FSF en Fene, o que será outro encontro complicado. 

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172