Blog

22.06.2015 21:25


ESTAMOS NA FINAL DA COPA!!! GRACIAS A TODOS OS QUE NOS VIÑESTES APOIAR UNHA VEZ MÁIS!!

Darémolo todo na final para intentar traer a copa para Ponteceso!

Aí vai a crónica. 


Partido correspondente á volta da semifinal de Copa Provincial de A Coruña disputado o sábado 20 de xuño de 2015 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Cruces FSF, con resultado final de 3-4.


A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Carmen, Sandra e Cintia - tamén xogaron - Elsa, Noa e Carla.

CRUCES FSF:  Carmen, Ana, Paula, Mónica e Tania - tamén xogaron - Cruz.

Árbitros: Daniel González Araujo (árbitro) e Santiago Pena Loureiro (cronometrador) ambos do Comité Técnico de Ferrol.

Amoestaron a Elsa e Cintia por parte local e Tania, Mónica e Cruz por parte visitante.


Goles:  Carmen (2) e Cintia para o Ponteceso.

             Paula (2), Mónica e Tania para o Cruces.


Comezaba o encontro cun marcador que para nada estaba sentenciado para as locais onde, se querían chegar a ansiada final, terían que pelexar ata o final. O cruces esperaba en medio campo cunha defensa dura igual ca na ida, Sandra tería a primeira ocasión que acaba con tiro a portería a despexa a porteira a córner. Nunha xogada ensaiada, Carmen tira a portería e o balón vai de pau a pau sen lograr pasar a línea e evitándolle as locais adiantarse no marcador. Os primeiros minutos foron de ocasións para as pontecesanas, pero sen sorte na finalización. Sería nun fallo de control de balón onde as de Villa de Cruces aproveitan para bater a Salomé para poñerse 0-1 no min 7. As locais seguían tendo o control do partido e as ocasións máis claras, pero a sorte non estaba de cara para elas e nun despiste defensivo marcan o 0-2. Poñíase a eliminatoria complicada para as pondaliandas. Nunha saída de balón, Cintia consegue o 1-2 nun pase en largo de Elsa. Minutos de nerviosismo onde o equipo local non se acaba de sentir cómodo. A piques de rematar a primera meta de, Carmen nun saque de banda remata no segundo pau, poniendo así o 2-2 no luminoso para ir ós vestuarios.

No segundo período saía o Cruces moi metido no partido e confiado de si mesmo, vendo que tiñan opcións de pasar á final. Pero nunha xogada individual e cun tiro cruzado a portería, Carmen poñería ó Ponteceso por diante do marcador por primera vez no partido. Pouco lles duraría a tranquilidade, pois nun tiro dende fóra da área onde nada pode facer Salomé, as do Cruces FSF logran o 3-3. Seguían tendo ocasións claras as xogadoras de Barca e Curro. Cintia probaría un disparo que batería na escuadra. Sandra dispoñía tamén de varias oportunidades, pero non era o día. A falta de 4min para rematar o encontro, no que nada estaba aínda decidido, nun roubo de balón consegue o 3-4 o Cruces para igualar a eliminatoria.

Co marcador asi, teríase que ir á prórroga, 5 minutos a tempo parado onde a superioridade das locais foi clara, posto que o Cruces dedicouse a defender, complicando así calquer tipo de ocasión do Cponteceso e chegando ó pitido final sen cambios no marcador.

Chegaría así a tanda de penaltis, 3 para cada lado, cunha afición entregada, apretando e intentando darlle os máximos ánimos ás súas rapazas. Comezaría tirando Noa para o Ponteceso, que nun forte disparo bate á porteira. As visitantes tamén escolleron o tiro forte a portería para bater a Salomé. Elsa sería a seguinte, quen optou pola colocación cun tiro raso a un pau, onde nada puido facer a porteira. Segundo penalti para o Cruces, que fallaron no disparo e saíu desviado. Último penalti para Cintia, coa presión de que se marcaba daríalle o pase á final ó Ponteceso. E así o faría, logrando anotar o terceiro e último penalti cun bo disparo.

Chegaría así o Concello de Ponteceso á primera final da súa historia, tras dous emocionantes e agotadores encontros en semifinais, pero contentas con bo traballo realizado. Agora só lles queda dalo todo na final, que se disputará o próximo domingo e na que poden culminar esta tempada levando a Copa para Ponteceso.

22.06.2015 21:16

Partido correspondente á ida das semifinais da Copa Provincial de A Coruña, disputado o sábado 13 de Xuño ás 19.00 no Pavillón Municipal de Vila de Cruces entre o Cruces FSF e o Concello de Ponteceso FSF, e que rematou conresultado de 3-4. 


CRUCES F.S.F: Carmen, Tania, Mónica, Paula e Ana - tamén xogaron - Cruz.

A.D.Vila de Pondal-Concello de Ponteceso FSF: Salomé, Ana, Carmen, Elsa e Cintia - tamén xogaron - Carla e Sandra. 

Árbitros: Carlos Suárez Blanco (árbitro) e Marisa Blanco Lamas (cronometrador), ambos do Comité Técnico de Lugo. Amoestaron a Sandra por parte visitante.

 Goles: Cruces FSF: Mónica, Tania e Paula

            Concello de Ponteceso FSF: Sandra (1-1). Cintia (1-2,3-3,3-4) 


Vibrante partido o visto o sábado no pavillón municipal de Vila de Cruces. 

Empezaba o partido en medio campo o conxunto local, evitando asi deixar espazos que facilitaran a chegada a portería das rivais. Nos primeros minutos houbo ocasións para os dpus equipos. O Ponteceso chegaba cunha xogada combinada que remata cun tiro de Cintia que bate no largueiro. As de Cruces tamén terían ocasións, pero sen perigo para Salomé. Carmen goza doutra oportunidade para abrir o marcador, pero o tiro vai fora por centímetros . Si o lograrían as locais, nunha xogada ensaiada no primeiro saque de esquina a favor, consiguen o primeiro tanto. As ocasións máis claras seguíaas tendo o equipo pontecesán, Ana proba un disparo de lonxe que despexaria a porteira. Carmen, Sandra e Elsa tamén intentarían o tiro a portería, pero o gol seguía sen chegar. As locais terían unha contra clara nun un contra un que salva Salomé,mandando o balón a córner . As ocasións do Ponteceso non cesaban e, nunha contra nunha boa xogada de equipo, Carla pasa ó segundo pau onde remata Sandra para facer o 1-1. Pasados uns minutos, Salomé saca de portería para Elsa, que ve o desmarque de Cintia, que marcaría o 1-2 nunha bonita xogada das pondalianas. Os últimos minutos serían iguais,con máis ocasións para as visitantes, pero a falta de 10seg para o remate da primeira parte, nun rechace de Salomé elas consiguen o 2-2 para ir ó descanso coas táboas no luminoso. 

De volta de vestiarios o Cruces saía confiado nas súas posibilidades e foron superiores nos primeiros minutos, onde nun roubo de balón conseguen adiantarse no marcador poñendo un 3-2 para complicar a eliminatoria. Serían os últimos 5 minutos os máis decisivos do partido, onde as visitantes sacaron orgullo e pelexaron ata o final. Cintia, nunha xogada individual en velocidade, lograría o 3-3 a falta de 2min para o final. Aproveitando o desconcerto das locais tra-lo tanto pontecesán, sería outra vez Cintia a que, tras un roubo de balón, logra bater á porteira e daría o 3-4 definitivo, dándolle por segunda vez a volta ó marcador e con el,a vitoria ó seu equipo.

Partido moi complicado onde o factor campo influíu moito e no que o Ponteceso non se acababa de atopar cómodo. Pese a iso, importante vitoria cun bo resultado de cara á volta da eliminatoria, na que saben que non o terán nada fácil para lograr ó pase á final.

04.05.2015 18:40

Si!Si!Si! O ascenso xa está aquí!! GRANDE EQUIPO!!! VAMOS PONTE!! Novo equipo da Liga Autonómica!!


Partido correspondente á  25ª xornada da liga Provincial Feminina de A Coruña disputado o domingo 3 de maio de 2015 no Pavillón Municipal de Cruces entre o Cruces FSF e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado final de 1-3.

CRUCES FSF: Carmen, Ana, Silvia, Cruz e Paula - tamén xogaron - Giselle


A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Noa, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Elsa , Cintia e Martina

Árbitros: Rubén García Montoiro (árbitro) e Yayo Pájaro Gómez (cronometrador) ambos do Comité técnico de Santiago.

Amoestaron a Ana por parte local e Martina por parte visitante.


Goles: 1-0.- Silvia (min.5)

            1-1.- Carmen (min.8)

            1-2.- Cintia (min.12)

            1-3.- Elsa (min. 33)


 

Segundo partido de liga en 3 días para as pontecesanas, que viñan de empatar a 2 na casa contra Cafetería Meca no partido aprazado da xornada 22, que disputaron o venres 1 de maio.

 Saían enchufadas e presionando arriba dende o pitido inicial e intentando ter o control do xogo, mentras que as locais estaban encerradas atrás e baseando o seu xogo nos balóns en largo e as contras. No minuto 5 chegaría o primeiro tanto do encontro, pois Salomé erraba nun tiro de Silvia, que acababa mentendo o balón na súa propia portería, valendo o gol para o Cruces. Co marcador en contra non cambiaron o ritmo de xogo as pondalianas, que seguían xerando ocasións e, sería Carmen a que, tras un pase de Cintia, poñía as táboas no luminoso. A partir do empate comezaron a impacientarse as locais, indo ó límite en cada xogada con duras entradas sobre as da vila de Pondal. Tras unha dura entrada a Sandra, Noa sacaba a falta e Cintia controla,xírase e fai o segundo para o Ponteceso, tanto que casi non celebran pola preocupación polo estado de Sandra. Ainda quedaba moito para que rematase a primeira metade, pero ningún dos equipos conseguía materializa-las ocasións. Probaban as locais coas contras, pero a boa defensa pontecesana impedía que chegasen á portería. Irían cara os vestiarios co 1-2 no marcador.

No segundo período non cambiarían as cousas. As xogadoras de Barca e Curro dominando o encontro sen fortuna de cara o gol e as de Vila de Cruces cos balóns en largo sen crear perigo. Volvían a ter ocasións as pontecesanas. Cintia e Noa probaba de lonxe, pero sen fortuna. Sería a 7 minutos do final cando Elsa faría o terceiro, de xogada ensaiada tras un saque de córner de Cintia. Non se conformaban tampouco as xogadoras locais, que o seguían intentando con balóns en largo e con tiros desde fóra da área, ademais de seguir co xogo duro vendo a permisividade do colexiado. Pero todos os intentos por que o Ponteceso non conseguise a vitoria foron en vano, pois chegaría o final co 1-3 no marcador, conseguindo así o equipo pontecesán os 3 puntos que lle dan, matematicamente, o ascenso á Liga Autonómica, xa que o primeiro clasificado, o Viaxes Amarelle FSF C, non pode subir de categoría por estar na misma o filial B do Viaxes Amarelle.

Na vindeira e última xornada de Liga o Concello de Ponteceso enfrontarase ó Troula FSF en Ponteceso, onde poderán celebrar o ascenso, tras tan só 5 anos de existencia do clube, coa súa afición!

27.04.2015 12:26

Punto moi importante!! Moitas gracias a todos os que viñestes apoiar!! Seguimos aí! Vamos Ponte!!! 

Crónica correspondente á 24ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 25 de abril ás 19.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Viaxes Amarelle FSF C e que acabou con 1-1 no marcador.

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Noa, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Cintia, Elsa e Martina.

VIAXES AMARELLE FSF C: Aida, Rosalía, Tatiana, Goretti e Marta- tamén xogaron - Mónica, Paula, Marta e Ana

Árbitros: Jose Manuel Carreira Romero (árbitro) e Jose Fernández Vázquez (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.
Amoestaron a Sandra por parte local e a Marta pola visitante

Goles: 0-1.- Tatiana (min.9)

            1-1.- Sandra (min.21)

Magnífica afluencia de público no Municipal de Ponteceso, que contou coas gradas cheas para disfrutar dun bonito partido de fútbol sala.

Empezaron as pontecesanas o partido cun cambio de planteamiento con respecto ó resto de partidos, esperando en medio campo moi concentradas sen deixarlle espacios ó Amarelle para circular o balón con facilidade, xa que é unha das virtudes deste equipo. Nos primeros minutos as visitantes xeraron unhas cantas ocasións sen moito perigo, con tiros que saían pola liña de fondo ou paraba Salomé sen problema. Pasaban os minutos e o Ponteceso comezaba a sentirse cómodo e a ter as primeiras ocasións. Nun roubo de balón, Cintia corre cara a portería rival e pasa ó segundo pau a Sandra, pero a porteira coruñesa intercepta o balón. A pesar de dispoñer dalgunhas ocasións as pondalianas, eran as herculinas as que tiñan o mando do partido xerando máis ocasións e chegando con máis perigo. E sería no min 9 cando, no único erro das locais en defensa, Tatiana facía o primeiro gol. Pasaban os minutos e ningún equipo lograba chegar con claro perigo á portería rival. Acabaría a primeira metade cunha xogada ensaiada de saque de portería en largo das pontecesanas que case da a sorpresa, controlando Ana no borde da área e o disparo sairía desviado por centímetros. Iría cara os vestiarios por detrás no marcador, pero con boas sensacións o conxunto dirixido por Barca e Curro.
Saíron as de Ponteceso confiadas nas súas posibilidades no segundo período e non tardaría en dar os seus frutos esa confianza, pois non pasaría un minuto cando, nunha xogada combinativa, Sandra recibe o balón no medio, pivota e tira a portería marcando o gol local nunha xogada perfecta de fútbol sala. Tempraneiro gol que premiaba o bo comezo do conxunto pontecesán, que comezaba a segunda metade co marcador a 1-1 e aproveitando o desconcerto das visitantes. Tería moitas ocasións durante 10 minutos o Ponteceso. Nunha contra Sandra controla e encara pasándolla a Carmen, que non duda en tirar e o balón pasa rozando o pau. De seguido, Noa e Elsa tamen probarían o disparo desde lonxe. Seguían estando moi concentradas atrás e perigosas diante, pero non chegaba o segundo gol. Os últimos 5 minutos serían de infarto, as locais sufrían os nervios do rival, que vía que esta xornada non poderían celebrar a liga e sería no último minuto cando unha ocasión delas case enmudece o pavillón, pero a pelota saía pola liña de fondo. Remataría o encontro co 1-1 no electrónico e moi contentas polo traballo ben feito as locais, que seguen sumando e, con este punto, xa conta con 47 o Concello de Ponteceso, que segue segundo a 3 puntos do terceiro e a falta de tres xornadas para o remate da liga. O próximo partido será o venres en Ponteceso ás 19.30, onde disputarán o encontro contra Cafetería Meca da xornada aprazada pola folga da federación.E na vindeira xornada vaixarán a Vila de Cruces onde se enfrontarán a outro rival complicado, pero de onde esperan volver cos tres puntos para ter un pasiño máis cerca o seu obxectivo.

20.04.2015 20:36

A seguir así,nenas!!! 


Partido correspondente á  23ª xornada da liga Provincial Feminina de A Coruña disputado o sábado 18 de abril de 2015 no Pavillón Municipal de Cee entre o FSF Villa de Cee e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado final de 2_3.

FSF VILLA DE CEE: Adriana, María, Andrea, Alba e Carla - tamén xogaron - Marta e Sandra.


A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Noa e Sandra - tamén xogaron - Carmen, Cintia, Elsa e Carla.

Árbitros: Roberto Martínez Pena (árbitro) e Paula Garrido Brandón (cronometrador) ambos do Comité técnico de A Coruña.

Amoestaron a Noa e Sandra por parte visitante.


Goles: 0-1.- Carmen

            1-1.- Andrea

            1-2.- Cintia (descanso)

            2-2.- María

            2-3.- Elsa


 

Volvía a liga provincial feminina esta fin de semana despois de dúas semanas de parón.

 Saían enchufadas desde o primeiro momento as pontecesanas, presionando arriba dende o principio e intentando ter o dominio do balón. Ían creando perigo as visitantes con bo xogo, ó que as locais respondían con balóns en largo para que Andrea os pelexara. O primeiro tanto do partido faríao Carmen para o equipo pontecesán, que remataba dentro da área un bo pase de Cintia tras xogada individual pola banda. Co marcador a favor, seguiron co mesmo ritmo de xogo as pondalianas, ó igual que as da vila de Cee, que seguían intentándoo cos balóns en largo. Nun destes balóns, Andrea consigue controlar de espaldas e irse da defensora e cun bo tiro batía a Salomé e poñía o empate no luminoso. Seguían xerando ocasións as da vila de Pondal, pero sen ser capaces de materializalas. Sería Cintia a que, tras xogada combinativa do equipo, se facía co balón e volvía poñer por diante ó Ponteceso cunha boa xogada. Co 1-2 no electrónico irían cara os vestiarios.

O segundo período seguiu na mesma liña. As xogadoras de Barca e Curro dominando o encontro sen fortuna de cara o gol e as ceenses cos balóns en largo, intentando sorprender á defensa rival e creando moito perigo. Tras un despexe da defensa, que mandaba á banda un balón en largo, chegaría o segundo tanto do Villa de Cee. María poñía as táboas no marcador rematando no segundo pao tra-lo saque de banda, gol un tanto polémico por unha suposta man da mesma María no control do balón que o colexiado non vería. O empate non lle valía as pondalianas, que non baixaron os brazos e tras un remate de córner, Elsa facía o terceiro do Ponteceso. Non se conformaban tampouco as xogadoras locais, que o seguían intentando con balóns en largo e con tiros desde fóra da área, pero o de Elsa sería o último tanto do encontro e o que lle daría os tres puntos tan valiosos ó Concello de Ponteceso FSF, que segue segundo na táboa clasificatoria con 46 puntos, 5 máis que o terceiro clasificado,o Beart 5 Coruña, e a 8 puntos do líder, o Viaxes Amarelle FSF, ó que se enfrontarán na seguinte xornada

30.03.2015 21:01

Partido correspondente á  21ª xornada da liga Provincial Feminina de A Coruña disputado o domingo 29 de marzo de 2015 no Pavillón Municipal San Francisco Javier de A Coruña entre o Beart 5 Coruña FS e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado final de 1-1.


BEART 5 CORUÑA FS: Gema, Elena, María, Alicia e Ana - tamén xogaron - Guadalupe, Daniela e Sofía.


A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Noa e Sandra - tamén xogaron - Elsa, Cintia, Carmen e Carla.

Árbitros: Jose M. Fernández Fiuza (árbitro) e Patricia Esparza Vázquez (cronometrador) ambos do Comité técnico de A Coruña.

Amoestaron a María polas locais e Martina e Carmen por parte visitante.

Expulsaron á xogadora local Elena por dobre amarela.



Goles: 1-0.- Alicia (min.12)

            1-1.- Sandra (min. 28)


 

Partido importante para ambos conxuntos o disputado o pasado domingo, no que se xogaban o segundo posto da táboa clasificatoria.

Comezaban o partido esperando atrás s dous equipos, pero o Ponteceso tiña máis o balón, o que facía que tivesen o control, mentras as coruñesas esperaban para saír á contra. A pesares do control, non chegaban á porter8a as pontecesanas. Nunha contra do 5 Coruña chegaría o primeiro tanto, pois Alicia conseguía bater a Salomé. A partir de aquí subiron liñas e presión as pondalianas, que ían chegando pouco a pouco á portería rival, mentras que as herculinas seguían intentando xogar ó contraataque. E así chegaba o final da primeira metade.


Voltaron dos vestiarios coas pilas cargadas e motivadas as xogadoras de Barca e Curro, que trataron de dominar o xogo dende o comezo. E así foi. Pouco a pouco ían tendo ocasións. Cintia probaba de lonxe, pero o tiros saían desviados. Martina tiña unhabclara ocasión para empatar tras un gran pase en profundidade de Cintia e un bo control seu, pero cruza demasiado e o balón pasa rozando o pau. Sandra tamén tería algunha ocasión e foi ela quen puxo as táboas no marcador, no minuto 28, de falta directa cun gran disparo que non consegue despexar a porteira. Tras o empate intentárono máis as da vila de Pondal, mentras que as coruñesas non creaban perigo de cara á portería pontecesana. O bo xogo do Ponteceso facía que as xogadoras do 5 Coruña só as parasen con faltas, co que as pondalianas terían oportunidade de poñerse por diante no marcador, a falta de dous minutos, cun tiro de castigo. Noa sería a encargada de lanzalo, pero a porteira herculina impedía que o balón traspasase a liña. Remataba así o encontro, cun reparto de puntos que mantén ó Concello de Ponteceso na segunda poisición con tres puntos de vantaxe e un partido menos que o 5 Coruña FS, terceiro clasificado.

Por motivos de Semana Santa e de folga da federación, non se disputarán partidos ata o 18 abril, e o Concello de Ponteceso viaxará a Cee para enfrontarse ó Villa de Cee FSF.

17.03.2015 20:59

Crónica correspondente á 20ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 14 de marzo ás 19.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Espartanas FS e que acabou co marcador 5-0 a favor das locais.

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Carla, Noa e Sandra - tamén xogaron – Martina, Cintia e Isabel.

ESPARTANAS FS: Lara, Ana, Nuria, Laura e Rebeca- tamén xogaron - Marta

Árbitros: Jorge Fernández Lojo (árbitro) e Francisco Sal de Rellán Guerra (cronometrador), ambos do Comité Técnico de Santiago.

Amoestaron a Ana por parte visitante

Goles: 1-0.- Ana (min.6)

            2-0.- Sandra (min.10)

            3-0.- Laura (p.p. min.13)

            4-0.- Ana (min.14)

            5-0.- Carla (min.16)

Pese a chegar a este encontro con algunhas baixas, soubo sobrepoñerse a elas o conxunto pontecesán e lograr a vitoria na casa contra o Espartanas FS.

Comezaban o partido presionando arriba, evitando o xogo das contrarias e levando o ritmo do encontro. Ían chegando as ocasións pouco a pouco. Sandra e Noa intentábano, pero os disparos non conseguían ir entre os tres paus. Seguía co dominio o Ponteceso, chegando facilmente á portería herculina e rematando as xogadas dentro da área. Nunha destas ocasións chegaría o primeiro gol do partido, tras unha man da defensa dentro da área que o árbitro sinala como penalti. Ana encargaríase de lanzalo, tiro que foi despexado pola porteira, pero a mesma Ana collería o rechace para poñer o 1 a 0 no marcador. Tra-lo tanto seguiron co bo xogo as pondalianas e, pouco despois de abrir a lata, Sandra facía o segundo tras unha boa xogada individual. Chegarían despois os minutos fatídicos para as Espartanas, pois conseguían as pontecesanas tres tantos consecutivos en menos de cinco minutos. O primeiro sería de Laura en propia meta tras un pase ó segundo pau de Cintia. No minuto seguinte, Ana poñía o cuarto no luminoso cun disparo desde a frontal da área. Carla sería a que facía o quinto, rematando o balón no primeiro pau tras unha boa triangulación do equipo. Quedaban ainda catro minutos para que o colexiado sinalase o final da primeia metade, minutos nos que ningún dos equipos xerou perigo de cara á portería rival. Chegaría o descanso co 5-0.

De volta dos vestiarios saían con menos tensión as xogadoras de Barca e Curro. Seguía co dominio do partido o Ponteceso, pero sen crear tanto perigo nin co bo xogo da primeira parte. Dispoñerían de varias ocasións para ampliar a vantaxe, pero fallaban á hora de materializalas. Tamén o intentaba o equipo coruñés, que pese a non dispoñer de moitas ocasións, a piques estiveron de recortar distancias cun disparo de Marta que foi directo ó longueiro. Pasaban os minutos e intentábano as pontecesanas, pero chegaría o final do encontro co mesmo marcador co 5 a 0 logrado no primeiro período. Tres puntiños máis para o conxunto da vila de Pondal, que se afianza na segunda posición con tres puntos máis e un partido menos que o seu máximo rival na loita polo ascenso, o 5 Coruña, que nesta xornada caía derrotado en fronte ó Grupo Work FSF.

Precisamente contra o máximo rival lle tocará xogar ó Concello de Ponteceso na vindeira xornada, que se dispurtará o 28 de Marzo, e que será un partido vital para seguir loitando polo seu obxectivo.

10.03.2015 11:44

A seguir loitando!! Grande equipo!!




Partido correspondente á  19ª xornada da liga Provincial Feminina de A Coruña disputado o sábado 7 de marzoo de 2015 no Pavillón Municipal Pedra Moa entre o S.D. A Baña e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado final de 0-6 para as pontecesanas.


S.D. A BAÑA: Maria Celsa, Lidia, Lucía, Nerea e Daniela- tamén xogaron - María e Estefanía.


A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carla e Sandra - tamén xogaron - Elsa, Cintia, e Isabel.


Árbitros: Maryluz Mendoza Escalona (árbitro) e Melanie Mendoza Escalons (cronometrador) ambos do Comité técnico de Santiago.

Amoestaron a Cintia e Sandra por parte visitante.


Goles: 0-1.- Martina (min.4)

            0-2.- Carla (min.8)

            0-3.- Martina (min.15)

            0-4.- Sandra (min. 21)

            0-5.- Ana (min. 30)

            0-6.- Carla (min. 35)

 

Afrontaban este partido as pontecesanas con varias baixas e pensando que non podían perder os 3 puntos se querían seguir cerca do segundo clasificado. Saíron ó partido concentradas e presionando arriba dende o pitido inicial, presión que non cesaría nos 40 minutos, e evitando que o rival se fixese co balón. Ós 4 minutos do encontro, Martina abría o marcador cruzando o balón ante a saída da porteira despois dun bonito control. Con este tanto animáronse máis as pondalianas, que comezaron a xerar contínuas ocasións de gol. Martina e Carla tiveron o segundo tanto nos seus pes, pero ambos tiros foron desviados. Non sería así na seguinte ocasión que tiña Carla, pois desta vez si conseguía enviar o balón á rede rematando no segundo pau un pase de Cintia tras unha xogada combinativa. Seguían acercándose as de Ponteceso á portería rival case sen dar tregua e privando ás da Baña do balón en todo momento. Cintia animábase a encarar ás locais e, tras unha bonita xogada na que se librou de todas as contrarias, déixalla a Martina no segundo pau para que esta faga o terceiro. Quedaban 5 minutos para que rematase a primeira metade e as xogadoras de A Baña intentaban acortar distancias, pero non conseguían crear perigo de cara á portería defendida por Salomé, polo que chegaba o descanso co 0-3 no luminoso.

De volta dos vestiarios non cambiaría a cousa. Ós poucos segundos, Sandra ampliaba a vantaxe para o conxunto dirixido por Barca e Curro, rematando no punto de penalti outro pase de Cintia. A pesar do avultado do marcador, non baixaban a intensidade as da vila de Pondal, que seguían facendo un bo xogo e chegando con facilidade á área rival. Sandra tiña outra clara que manda fóra. Tamén dispoñía doutra Martina, que tamén se vai fóra por pouco. Sería ela quen, despois dunha boa xogada pola banda, lla deixa a Ana para que faga o quinto. Tamén sería Martina a que comezase a xogada do sexto e último tanto cun roubo de balón no seu campo, que Cintia sube e lle deixa a Carla para que a meta entre os tres paus. Despois deste ainda habería máis ocasións para aumentar o resultado, pero sen lograr que o balón traspasase outra vez a liña de meta. Remataba o encontro coa goleada das pontecesanas tras un bo partido do equipo, que iba para Ponteceso satifeito co traballo realizado e con 3 puntos que as sitúan no segundo posto da táboa clasificatoria tra-la derrota do 5 Coruña.

Na vindeira xornada o Concello de Ponteceso FSF enfrontarase ás Espartanas FS no que seguro será un partido difícil e que se disputará no Pavillón Municipal de Ponteceso o sábado 14 ás 19.00

02.03.2015 11:42

Crónica correspondente á 18ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 28 de febreiro ás 19.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Fisober FSF "B", e que acabou co marcador 4-0 a favor das locais.

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Noa, Elsa e Sandra - tamén xogaron – Cintia, Ana e Carmen.

FISOBER FSF "B": Alejandra, Andrea, Paula, Nuria e Laura - tamén xogaron - Antía

Árbitros: Paula Garrido Brandón (árbitro) e Jose A. Lamas Castro (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.

Goles: 1-0.- Ana (min.11)

            2-0.- Cintia (min.13)

            3-0.- Elsa (min.16)

            4-0.- Ana (min.18)

Saíron á pista concentradas e coas pilas cargadas as xogadoras de Barca e Curro, dispostas a quedarse cos 3 puntos do derbi. Desde o inicio presionaron arriba, dificultando o xogo do equipo rival e intentando crear ocasións para poñerse pronto por diante do marcador, ocasións que foron chegando, pero que non foron capaces de materializar. Pese ó dominio das pondalianas, o primeiro gol non chegaría ata o minuto 11, cando Ana remataba no segundo pau despois dunha boa xogada combinativa. Este sería o tanto que abriría a lata para o conxunto pontecesán, pois os seguintes 9 minutos do partido bastaríanlle para casi finiquitalo. Cintia era a que facía o segundo cun bonito tiro desde fóra da área que se vai directo á escadra. Sucedíanse as ocasións para o equipo local, mentras as vimiancesas apenas lograban pasar do seu campo. Elsa lograba bater por terceira vez á meta visitante cun tiro dentro da área e Ana facía o cuarto rematando na área unha xogada de córner. Chegaba o descanso co 4-0 no luminoso e con boa sensación para as pontecesanas.

No segundo período saíu tamén con intensidade o Ponteceso, pero o partido sería máis relaxado. As pontecesanas seguían co dominio tanto no marcador como do encontro, pero non se daban por vencidas as de Vimianzo, que intentaban chegar á portería defendida por Salomé e acortar distancias, pero sen ser quen de logralo. Tamén dispoñerían de máis oportunidades as locais, pero tampouco conseguirían que o balón traspasase a liña de gol. Remataba o encontro co 4-0, 3 puntos máis para o conxunto pontecesán, que segue no terceiro posto da táboa clasificatoria.

Na vindeira xornada tócalle viaxar ata A Baña para enfrontarse ó quipo bañense.

26.02.2015 11:41

Partido correspondente á  17ª xornada da liga Provincial Feminina de A Coruña disputado o sábado 24 de febreiro de 2015 no Pavillón Municipal de Carnota entre o Concello de Carnota-Lira FSF e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado final de 1-4.


CONCELLO DE CARNOTA-LIRA FSF: Lía, María, Alba, Sandra e Bárbara - tamén xogaron - Martina, María e Inés.


A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Carmen, Elsa e Sandra - tamén xogaron - Ana, Cintia, e Carla.

Árbitros: Victoria Mosquera Enjamio (árbitro) e Alejandro López Calvo (cronometrador) ambos do Comité técnico de Santiago.

Amoestaron a Martina e Salomé por parte visitante.


Goles: 0-1.- Cintia (min.10)

            1-1.- Alba (min.15)

            1-2.- Ana (min.17)

            1-3.- Sandra (min. 25)

            1-4.- Martina (min. 35)

 

Primeiro partido para as pontecesanas despois de 2 semanas de descanso.

Comezaban o partido esperando atrás, ó contrario que as locais, que empezaron dándoo todo, tocando o balón moito e ben. Nos primeiros minutos dominaron completamente as de Carnota, facendo que as pondalianas casi non visen nin á pelota. Pero ós 2 minutos comezaron presión arriba e, con iso, a disputarlle o balón e a crear ocasións. Pero ningún equipo conseguía abrir o marcador. Ata que Cintia despois de varios rechaces, a mete dentro facendo o 0-1 para as visitantes na metade do primeiro período. Pouco despois, Ana cédelle o balón á porteira Salomé e esta, nun despiste, cólleo coa man. Falta indirecta a favor das locais que tiran, a barrera ábrese e gol. Outra vez as táboas no luminoso. Pero pouco durarían, xa que ós dous minutos, Ana pon por diante outra vez ó Ponteceso cun tiro coa zurda a porta vacía,facendo que fosen ó descanso 1-2.

Na segunda parte cambiou todo. As xogadoras de Barca e Curro saíron a polo partido, xogando moito o balón e mellorando o xogo visto na primeira metade. Fruto deso, chega un golazo de Sandra dende fóra da area. Faltaban ainda 15 minutos para o final e non se daban por vencidas as do Concello de Carnota, que intentaban xerar ocasións,pero neste período apenas chegaban á portería rival. Pero aínda así,chegaríalles a oportunidade para acortar distancias cando o colexiado sinala penalti por man de Martina,pero  Salomé evitou o segundo tanto das locais,despexando o tiro da 6. Faltando 5 minutos, Cintia colle o balón na súa area, recorre todo o campo esquivando a todas as contrarias que intentaban estorbar, dalla a Martina no segundo pau e esta non falla, facendo o cuarto para o Ponteceso tras a xenial xogada de Cintia. Nos últimos instantes seguíao intentando o Concello de Carnota FSF,pero o resultado non variaría,rematando así o encontro co 1-4 para o Concello de Ponteceso FSF. Outros 3 puntos que fan que o conxunto pontecesán siga terceiro na táboa clasificatoria,a 3 puntos do segundo clasificado e con un partido menos.

Na vindeira xornada as pontecesanas enfrontaranse ó  Fisober B FSF no que seguro será un bonito duelo. O derbi disputarase no Pavillón Municipal de Ponteceso o sábado 28 ás 19.00

1 | 2 | 3 | 4 | 5 >>

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 163