Blog

20.09.2012 01:21

Boas a todos!! Volvemos pasar por aquí antes de comezar a temporada para mostrarlle o noso cariño a dúas compañeiras moi importantes que nos deixan esta temporada. Unha é a Capitana, Marta, e outra Cris Santos.
Cada unha marcha por diferente motivo, pero o caso é que ás dúas se lles vai botar de menos, ainda que non llo pareza.
Desexámosvos o mellor este ano e esperamos que Cris, cando volva, queira seguir formando parte desta "familia" e que Marta, se se ve en condicións e o pensa mellor, tamén siga con nós. E que se non sigue xogando, siga formando parte do equipo igualmente.

Botarémosvos de menos, amigas!! Moita sorte para as dúas!!!

P.D: Igual hai unha baixa máis, pero como ainda esperamos convencer á que quere marchar, ainda non imos facer nada público. Pénsao ben e queda con nós!!!!!! :)

P.D2: Foto da cea de equipo do venres pasado en Carballo. Que guapas iban eh!! ;P

14.06.2012 14:22

 

O equipo infantil A.D. Vila de Pondal acadou o pasado 12 de maio o 3º posto no
campionato provincial infantil feminino de fútbol sala que se celebrou no Pavillón de
Monte Alto na Coruña.
 
Neste campionato participaban o “Viaxes Amarelle F.S.F” como campión da zona
de A Coruña, o “Comarcal A Fervenza F.S” como campión da zona de Ferrol, o “Concello
de Melide F.S.F” como campión da zona de Santiago de Compostela e o “A.D. Vila de
Pondal-Concello de Ponteceso F.S.F como campión de zona da Costa da Morte.
 
Na primeira eliminatoria enfrontaríanse ó “Comarcal A Fervenza” contra o “A.D.
Vila de Pondal-Concello de Ponteceso F.S.F, coa correspondente victoria para as
ferrolanas por 12-0, aínda que as xogadoras pontecesán chegaron ó descanso cun 2-0 no
marcador contra o equipo que a postre sería claro vencedor.
 
Na segunda eliminatoria enfrontouse o “Viaxes Amarelle” contra o “Concello de
Melide” coa contundente victoria do Amarelle por 13-0.
 
No partido polo 3º e 4º posto enfrontaría o “A.D. Vila de Pondal-Concello de
Ponteceso F.S.F” contra o “Concello de Melide” coa victoria das xogadoras pontecesáns
por un claro 8-3, con goles de Lara (3), Zeltia (2), Susana (2) e Andrea (1).
 
A final do campeonato enfrontou ó “Comarcal A Fervenza” contra o “Viaxes
Amarelle” que rematou co claro resultado a favor do a Fervenza por 12-1 acadando así o
pase ó campeonato autonómico.
 
Moi boa actuación do equipo da vila de Pondal, que no seu primeiro ano de
existencia acadan un 3º posto no campionato provincial de A Coruña, ademáis
causando una moi boa impresión no seu xogo que lle fixo estar a par de calquera equipo
participante, agás o A Fervenza que demostrou estar a outro nivel e ser un claro favorito
ó titulo autonómico.
 
Noraboa as noveles xogadoras do equipo pontecesán, que o vindeiro ano
repetirán a mayoría do equipo posto que case tódalas xogadoras son aínda de primeiro
ano e, de seguir adestrando así, se lles vaticina un gran futuro.
 
14.06.2012 00:02

Hoxe lanzamos o noso blog. Sigue atento! Manterémoste informado (ou intentarémolo).
E a primeira entrada é para comunicarvos que está na Fotogalería a Reportaxe Fotográfica sobre o noso equipo realizada por un membro do mesmo. Animádevos a ver as fotos!
Podes ver as novas mensaxes deste blog a través do feed RSS.

 

 

Hoy hemos lanzado nuestro nuevo blog. ¡Sigue atento! Te mantendremos informado. 

Y la primera entrada es para comunicaros que están en la Fotogalería el Reportaje Fotográfico sobre nuestro equipo realizada por un miembro del mismo.
¡Animaros a ver las fotos!
Puedes leer los nuevos mensajes de este blog a través del feed RSS.

<< 4 | 5 | 6 | 7 | 8

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 167