Xornada 10

01.12.2014 11:17

Crónica correspondente á 10ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 29 de Novembro ás 19.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o FSF Villa de Cee, e que acabou co marcador 3-1 a favor das pontecesanas. 


A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Noa, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Elsa, Cintia e Ana. 


FSF VILLA DE CEE: Carla, Sandra, Andrea, Alba e Adriana - tamén xogaron - Marta, Paula e Laura. 


Árbitros: Esteban Otero Calvo (árbitro) e Roberto Miguez Cea (cronometrador), ambos do Comité Técnico de Santiago. 

Amoestaron a Noa e Cintia por parte local. 


Goles: 1-0.- Cintia (min.25) 

         1-1.- Andrea (min.27) 

         2-1.- Sandra (min.37) 

         3-1.- Cintia (min.38) 



O pasado sábado disputouse en Ponteceso un dos derbis da comarca. O invicto Concello de Ponteceso FSF recibía ó FSF Villa de Cee, que viña de caer na casa na xornada anterior, no que se presumía como un partido complicado. E así foi. 

O primeiro período foi moi discutido. Empezou atrás o Ponteceso, pero ós 3 minutos do encontro xa subiron a presión facendo que as visitantes non conseguiran saír co balón xogado. Ningún dos equipos sacou o bo xogo e chegaron á portería contraria en contadas ocasións, sen conseguir rematar as xogadas. Só Martina e Carmen estiveron preto de estrear o marcador a favor das pondalianas, pero os seus disparon non lograron traspasar a liña de gol, polo que irían cara os vestiarios co resultado inicial. 


Na segunda metade xa saíron máis enchufadas as xogadoras pontecesanas, tendo o control do balón e chegando máis á portería ceense. Ós 5 minutos da reanudación do encontro, o colexiado pita penalti por man na área das visitantes, penalti que Cintia se encarga de transformar poñendo o 1 a 0 no luminoso. Non se viñeron abaixo as do Cee co tanto pontecesán, e ós 2 minutos xa poñían as táboas no electrónico tras un despexe da meta Salomé que bate en Andrea e cruza a liña de meta. Nos minutos seguintes eran as xogadoras de Barca e Curro as que tiñan máis ocasións de gol. Martina chutaba dende dentro da área un balón que despexa ben a meta visitante e Cintia mandaba un balón por riba do longueiro. Tamén tiña alguna ocasión o Villa de Cee por medio de Andrea, pero tampouco foi quen de cambiar o resultado. Era Sandra a que, nun barullo dentro da área, lograba sacar un tiro que sería o 2-1 para as pontecesanas a 3 minutos do final do encontro. Este resultado non

lles valía ás ceenses, que intentaban chegar á portería local, pero nun roubo de balón monta unha bonita contra o Ponteceso, e entre Sandra, Martina e Cintia sentencian o partido a menos de 2 minutos para o final, rematando Cintia no segundo pau o pase de Martina. Suma así 3 puntos máis o Concello de Ponteceso FSF, que sigue invicto na Liga Provincial, ocupando o 3º posto empatado a puntos co que será o seu próximo rival dentro de dúas semanas (posto que a vindeira fin de semana non hai Liga por ser festivo), o Viaxes Amarelle FSF, que trae unha boa racha de vitorias e que conta con moitos goles a favor. 

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172