Blog

11.01.2014 18:25

PARTIDO CORRESPONDENTE Á 10 XORNADA DE LIGA,DISPUTADO O SÁBADO 11 DE XANEIRO DE 2014 NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE PONTECESO E QUE ENFRONTABA Ó CONCELLO DE PONTECESO FSF CONTRA O C.D. MABEGONDO CON RESULTADO DE 3-0 PARA AS LOCAIS. 

 

A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Bea,Alba,Martina,Carmen e Sandra - tamén xogaron - Carla,Laura,Ana,Salomé e Zeltia. 

C.D.MABEGONDO: Begoña,Bibiana,Maria de los Ángeles,Vanesa e Alba - tamén xogaron - Ana Belén e Melissa. 

Árbitros: Diego Mella Brea (árbitro) e Yolanda Valdés Vázquez (cronometrador),ambos do comité técnico de A Coruña.
Amonestaron a Vanesa por parte visitante. 

 

Saíron con ganas as pontecesanas,presionando arriba desde o primeiro momento e evitando que o rival conseguise saír co balón xogado. Con varias oportunidades nos primeiros minutos,era Alba a que conseguía abrir o marcador no minuto 10 tras unha boa combinación con Laura. A pesar do gol non se relaxaron as xogadoras de Barca e Curro,que tiveron varias oportunidades de aumentar distancias nos minutos seguintes. A máis clara foi un tiro de Alba tras un roubo de balón de Ana que para sen problemas Begoña. Vendo como iba o partido decidiu adiantar liñas o Mabegondo,o que non lle saiu de todo mal,posto que as ocasións máis claras tívoas a partir dese momento,ainda que sen conseguir empatar o partido. Os últimos minutos da primeira metade foron un tira e afrouxa de ambos equipos,con varias ocasións como un tiro de Vanesa desde a frontal da área que para Bea e un pase de Carla ó segundo pao ó que non consigue chegar ningunha compañeira. Chegouse así ó descanso co 1-0 no marcador.

 O segundo período comezou co Mabegondo adiantado,presionando ás locais no seu campo e intentando crear ocasións de contraataques. Pero o Ponteceso,non.conforme co marcador,conseguiu evitar a defensa rival e volver crear varias ocasións. Alba e Carla montaron unha contra que acaba cun tiro de Carla e unha boa parada da porteira visitante. A partie dese.momento o encontro volviu a ser igual que nos minutos finais da primeira parte,con ocasións para ambos equipos,pero era Ana a que aumentaba distancias no luminoso culminando unha contra comezada por un roubo de balón seu. Os últimos 10 minutos de partido foron menos emocionantes,cunha clara baixada de intensidade e con menos ocasións. Tivo unha o Mabegondo con outro tiro de Vanesa que vai fóra,á que lle contestaron as locais cunha contra que,tras un rechace da defensa rival,o.balón acaba nos pes de Salomé que logra o terceiro e último tanto do encontro con un tiro desde a frontal ó que.non chega Begoña. Quedaban 5 minutos para o final do tempo reglamentario,pero ningún dos dous equipos conseguía facer ningún gol máis.

30.12.2013 18:23

Representantes do Concello de Ponteceso FSF deron unha charla a tarde do luns no Centro Social de Cabana de Bergantiños ó grupo de nenos participantes no Campus de Fútbol Base do Cabana SD. Os encargados de falarlle ós rapaces do Ponteceso foron o delegado e entrenador Curro, a meta Salomé, e as xogadoras de campo Ana e Zeltia.

A charla, duns 30 minutos de duración, serviu para que os rapaces souberan por medio dos membros do club, entre outras cousas, como surxiu a entidade, o progreso acadado nestes 4 anos de historia, a dificultade para atopar rapazas e o esforzo que supón sacar un equipo adiante, tanto a nivel económico como de dispoñibilidade de corpo técnico e xogadoras. Tamén souberon de man das xogadoras o bo grupo que forman e o moito que se esforzan por intentar chegar cada día máis lonxe.

Ainda que o básico deste encontro cos rapaces e rapazas de Cabana é saber que, despois das escolas deportivas e cando cheguen a unha idade na que xa non poden competir en equipos mixtos, hai unha oportunidade para as nenas de seguir practicando o deporte que lles gusta sen ter que facer longos desprazamentos.

O Concello de Ponteceso FSF agradécelle ós organizadores do Campus o interese mostrado polo clube e a posibilidade de facer chegar o equipo ás novas xeracións do fútbol sala feminino.

 

30.12.2013 18:09

As xogadoras en idade cadete do Concello de Ponteceso FSF Bea, Zeltia e Carla, xunto con xogadoras do Grupo Work e do H2O FSF, participan no Torneo Ciudad de Lugo co equipo H2O-Os Meigallos, no que conseguiron a clasificación o pasado domingo para xogar a fase final esta fin de semana. A pesar da derrota contra o Adarve FSF, as vitorias acadadas contra o Leis Pontevedra por 3 a 1 con un gol de Zeltia, e contra o Troula FS cun resultado de 7-2, con 2 goles da pontecesana Zeltia, fixeron que lograras o pase á fase final.

A fase final do Torneo disputarase a mañá do sábado 4 de Xaneiro entre dous grupos de 3 equipos dos cales os dous primeiros clasificados serán os que disputen a final.

Foto do equipo H2O-Os Meigallos, participante no Torneo Cidade de Lugo, con tres xogadoras do Ponteceso FSF (Bea, de verde, Carla, a primeira de abaixo e Zeltia, a penúltima de abaixo.

22.12.2013 18:07

Partido correspondente á oitava xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o domingo 22 de Decembro ás 12 da mañá no Pavillón Manuel Coto Ferrero da Estrada entre o C.D. Estradense e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 5-5.

 

C.D. ESTRADENSE: Vanessa, Alba, Eva, Miriam e Olaya – tamén xogaron – Magali, Maria Luz, Laura, Cristina, María, Miriam e Estela.

 

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Alba, Ana, Martina e Carla – tamén xogaron – Carmen, Zeltia, Bea e Sandra.

 

Árbitros: Jorge Fernández Lojo (árbitro) e Daniel Brea López (cronometrador), ambos do Comité Técnico de Santiago.

Amonestaron a Alba, Miriam e Cristina por parte local e a Alba, Zeltia e Sandra por parte visitante.

Expulsaron a Maria Luz por doble amarilla por parte das locais.

 

Goles: Vanessa (2) e Maria Luz (3) para o Estradense. Carmen (3) e Martina (2) para o Ponteceso.

 

Intenso partido o vivido a mañá do domingo na Estrada entre o o Ponteceso, con ambos equipos dispostos a levar os tres puntos. A primeira metade comezou coas pontecesanas levando a iniciativa e coa posesión de balón, o que facía que foran elas as que tiñan as primeiras ocasións de gol. Carmen poñía por diante ás visitantes ó pouco tempo de entrar despois dunha boa xogada, pero non lles duraba moito a alegría xa que, poucos minutos despois, as da Estrada poñían o empate no luminoso despois dun erro defensivo. Pero as locales non se viñeron abaixo e Carmen outra vez e Martina, aumentaban en dous goles a distancia no marcador. Quedaban poucos minutos para o descanso, e despois de varias ocasións claras falladas por parte das visitantes, tanto de dous contra un como de tres contra un, eran as locais as que volvían recortar distancias tras outro erro defensivo. E non sería o último tanto, xa que empatarían o partido antes de chegar ó descanso por medio dun doble penalti.

O segundo período foi ó contrario que o primeiro, coas locais levando a iniciativa e as pontecesanas defendendo e saíndo á contra. Tiveron varias ocasións os dous equipos, pero volvía adiantar Carmen o marcador para o seu equipo tras unha boa contra. Co marcador tan axustado, viñeronse arriba as do Estradense e conseguían poñer as táboas de novo no marcador. Puideron aumentar as distancias por medio de dous dobles penaltis fallados, pero do terceiro Salomé non conseguiu evitar que o balón entrara na súa portería e eran as locais as que, a falta de 2 minutos, se poñían por diante no luminoso. Pero a pesar de quedar pouco tempo, non se deron por vencidas as xogadoras de Barca e Curro e, tras unha boa contra, Martina marcaba o tanto do empate a seis segundos do final do partido, sen tempo para que as locais puidesen reaccionar.

14.12.2013 18:06

Partido correspondente á sépima xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 14 de Decembro ás 8 da tarde no Pavillón de San Francisco Javier entre o 5 Coruña FS e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 8-2 a favor das locais.


5 Coruña FS: Gloria, Raquel, María, Alicia e Gema – tamén xogaron – Melania, Ana, Sofía, María Elena, Elena, Ana e Daniela.


A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Carla, Carmen e Sandra – tamén xogaron- Alba, Ana, Laura e Bea.


Árbitros: Emilio González Alvedro (árbitro) e Inés Pombo Seijas (cronometrador), ambos do comité técnico de A Coruña

Amonestaron a María Elena por parte local e a Martina por parte visitante.


Goles: Melania (3), Gloria, Raquel, Ana, María Elena, Bea (p.p.) para as locales e Alba e Carla para as visitantes.

 

Outra derrota para as pontecesanas, a terceira desta tempada para as xogadoras de Barca e Curro, que marcharon do Pavillón cun sabor agridulce xa que, a pesar do abultado resulado, non fixeron un mal partido.

Comezou o rival co dominio do balón, e ós poucos minutos conseguiu adiantarse no marcador, pero as visitantes conseguiron darlle a volta ó marcador poucos minutos despois, primeiro cun tanto de Alba, que bate á porteira tras un bo pase da porteira Salomé, e o segundo, obra de Carla tras unha contra. Tiveron varias ocasións os dous equipos, pero era o 5 Coruña o que empataba o partido e que, 2 minutos antes de chegar ó descanso, volvía a poñer o luminoso ó seu favor.

A segunda metade comezaba como a primeira, só que co Ponteceso tendo menos ocasións. Pero outra vez eran as locais as que conseguían aumentar aínda máis a súa distancia con dous tantos casi seguidos. Tiveron un par de ocasións as pontecesanas por medio de Martina e Carmen, pero non souberon aproveitalas e a dura defensa das rivais impediu que gozasen dalgunha oportunidade máis. Tres goles das coruñesas nos últimos 10 minutos, 2 de tiro de falta, fixeron que o marcador final fose de 8-2 a favor delas. As pontecesanas non marcharon moi contentas nin co resultado, nin coa arbitraxe, pero están concentradas para conseguir os 3 puntos no próximo partido.

30.11.2013 18:03

Partido correspondente á 8ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 30 de Novembro ás 18.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso e que enfrontou ó Concello de Ponteceso FSF co Espartanas FS e que acabou co resultado de 5-1 a favor das locais.


A.D. Vila de Pondal-Concello de Ponteceso FSF: Salomé, Ana, Martina, Carla e Carmen - tamén xogaron - Alba, Bea, Laura e Zeltia.

Espartanas FS: Laura, Ana, Carmen, Adriana e Rebeca - tamén xogaron - Paula, Marta, María e Guadalupe.

 

Árbitros: José Manuel Fernández Fiuza (árbitro) e José Fernández Vázquez (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.
Amonestaron a Ana e Carla por parte local e a Marta e Paula polas visitantes.

 

Comezaba o encontro con intensidad e coas coruñesas con ganas de levar o control do partido, tocando o balón e achegándose á porteria que outra vez defendía Salomé, pero as pontecesanas, a pesar de contar coa baixa de Sandra, aguantaban ben en defensa os ataques das visitantes e tamén tiveron varias ocasións nos primeiros minutos. E non tardaba en chegar o primeiro tanto de encontro, xa que no minuto 10, a visitante Ana metía na súa propia portería un balón que Alba poñía ben no primeiro pao. As coruñesas non se viñeron abaixo co tanto encaixado, e ós 5 minutos Adriana tivo a oportunidade de igualar o marcador, pero o balón foi ó pao. Si reaccionaron as locais a esta xogada e saíndo co balón tocado desde atrás, provocaron unha falta ó borde da área que, tras o saque de Bea, Alba se encarga de transformar aumentando así a vantaxe no marcador. O bo ataque das visitantes fixo que as locais fixeran bastantes faltas e, no minuto 17, Rebeca lanzaba fóra un doble penalti que podía supoñer recortar o marcador. Pero non tardaba en chegarlles ó gol, pois 3 minutos despois, Rebeca lanzaba outro doble penalti que paraba Salomé, pero Adriana conseguía meter o balón na portería ó coller ó rechace. Poñíase o 2-1 no marcador a falta de 2 minutos para o descanso, resultado co que os equipos iban ó vestiario.

A segunda metade comezaba con menos intensidade que a primeira, pero pouco a pouco ambos equipos iban collendo o ritmo e volvendo a ter oportunidades. No minuto 31, Ana rouba o balón e tras unha boa contra, Carmen poñía o 3-1 no luminoso.  Os seguintes minutos fóron un tira e afrouxa tanto das xogadoras de Barca e Curro como das de Juan Miguel, con algunha que outra oportunidade clara como un tiro de Bea para as locales que manda rozando ó pao e outro de Ana para as visitantes que tamén pasa cerca da portería. Ás coruñesas incluso se lle anulou un gol por marcar de forma directa nun tiro de falta indirecta. Pasaban os minutos e o marcador non se movía, ata que tras un roubo de balón de Carmen no campo contrario, seguido dunha boa xogada individual, ela misma se encarga de facer o 4º gol da tarde para o seu equipo. Ó pouco de sacar as Espartanas do medio, Carla corta a traxectoria do balón, que lle chega a Bea e con xogada por banda incluída, regálalla a Laura ó segundo pao para que esta faga o que sería o último gol do encontro. Quedaban dous minutos para o final do partido, pero non se perdía a emoción. Nos últimos segundos as visitantes tiveron unha nova oportunidade en forma de doble penalti para acortar distancia, pero Salomé evitou que o balón traspasase por segunda vez a liña de meta. Rematou así o partido, co 5-1 no luminoso e coas pontecesanas escalando postos na clasificación gracias a estes 3 puntos conseguidos na casa. Foi un encontro bonito entre dous equipos que se coñecen e que loitan por optar ós primeiros postos da táboa.

Esta fin de semana no se disputa ningún partido da Liga Provincial Feminina.

16.11.2013 17:59

Partido correspondente á sexta xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 16 de Novembro ás 6 da tarde no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Fisober “B” FSF, con resultado de 8-1 a favor das pontecesanas.


A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Carla, Carmen e Sandra – tamén xogaron- Ana, Alba, Carla, Laura, Zeltia e Bea.

FISOBER “B” FSF: Martina, Paula, Andrea, Tamara e Laura – tamén xogaron – Alejandra, Natalia, María e Anabel.


Árbitros: Borja Moreira Bermúdez (árbitro) e José A. Lamas Castro (cronometrador) ambos do Comité Técnico de A Coruña.


Goles: 1-0.- Martina (min.7)

2-0.- Carmen (min.9)

3-0.- Laura (min.12)

4-0.- Martina (min.15)

5-0.- Carmen (min.18)

6-0.- Bea (min.23)

6-1.- Paula (min.24)

7-1.- Carmen (min.34)

8-1.- Carla (min. 48)

 

Despois dunhas xornadas difíciles perdendo puntos importantes, saíu o Ponteceso a este partido con ganas de vitoria e querendo ter o control desde o principio, presionando ó equipo rival ata a pérdida do balón e intentando ter a posesión en todo momento. Os bos primeiros minutos de equipo fixeron que, no minuto 7, Martina adiantase ás locais no marcador tras unha boa xogada de Carla. O tanto fixo que as pontecesanas se viñeran arriba, tanto co xogo como animicamente e, ós dous minutos do primeiro gol, Carmen facía o segundo a pase de Laura. Os dous goles rápidos provocaron que as vimiancesas se viñeran abaixo durante uns minutos e, en 10 minutos, o Ponteceso marcaba tres goles máis que poñían o marcador xa con 5-0 en 20 minutos de partido, cos tantos de Laura, Martina e Carmen despois dunha boa xogada individual. Nos últimos minutos da primeira metade tivo algunha ocasión o Fisober e nunha roubo de balón de Sandra, o Ponteceso poñía o 6-0 no marcador por medio de Bea no minuto 23. Respondía Paula un minuto despois cun bo tiro desde fóra da área que Salomé non era capaz de ataxar, e que abría o marcador para as visitantes. Chegábase ó descanso co 6-1 no luminoso.

O segundo período comezaba igual que o primeiro, coas xogadoras de Barca e Curro querendo ter o control, pero creando menos ocasións de perigo. Si tivo varias ocasións o equipo visitante, como outro bo tiro de Paula que desta vez si evitou a meta local Salomé que entrara na portería. A intensidade do partido baixara durante os primeiros minutos, pero as pontecesanas, con ganas de demostrar que están aí para loitar polos primeiros postos, volveron a xogar como na primeira parte e, no minuto 34, Carmen poñía o terceiro na súa conta particular para facer o séptimo gol para o seu equipo tras un bo pase en profundidade de Ana. Os minutos despois do gol foron de ataques contínuos das locais, que tiveron varias

oportunidades de aumentar distancias no luminoso, como dúas que tivo Alba diante da portería e un penalti no minuto 44 que Martina lanza ó pao. Pero non todo iban ser erros e, a dous minutos do final do partido, Carla culminaba a súa boa actuación cun tanto despois dun rechace da porteria Anabel a un tiro anterior da propia Carla. Remataba o partido co 8-1 a favor do Concello de Ponteceso, que deixa na casa os 3 puntos do primeiro derbi da tempada.

As rapazas de Barca poñen fin así a unha mala racha que esperan que non volva, demostrando que con ganas e esforzo se poden gañar os partidos.

A vindeira xornada o Concello de Ponteceso FSF enfrontarase ó 5 Coruña, segundo clasificado da pasada tempada e que actualmente está dous postos por encima das pontecesanas.

10.11.2013 17:57

Partido correspondente á quinta xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o domingo 10 de Novembro ás 12,30 da mañá no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Comarcal A Fervenza “B” e o Concello de Ponteceso FSF, e con resultado de 4-1 a favor das locales.


COMARCAL A FERVENZA “B”: Carla, Natalia, Andrea R, Raquel R, Raquel F – tamén xogaron- Andrea, María, Candela, Cintia, Rosa, Cristina e Sara.


A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Carla, Carmen e Sandra – tamén xogaron- Ana, Alba e Zeltia.

 

Árbitros: Roberto Amor Vizoso (árbitro) e J. Francisco Prados Caamaño (cronometrador), ambos do comité técnico de Ferrol.

Amonestaron a Alba e Carmen por parte visitante.
 

Goles: 1-0.- Andrea R. (min 4.)

2-0.- Andrea R. (min. 23.)

3-0.- Andrea R, (min28.)

4-0.- Andrea R. (min.31.)

4-1.- Carmen (min 47.)


Comezaba o encontro coas locais querendo levar a iniciativa, retendo a posesión do balón e tendo as primeiras oportunidades de gol. No minuto 4, Andrea rompía a defensa das pontecesanas e poñía o 1-0 no marcador. Tras o gol que as poñía en desvantaxe no marcador, foi o Concello de Ponteceso FSF o que tivo varias oportunidades de gol, incluído un tiro de Carmen que bate no pao, pero sen conseguir que o balón entrase na portería rival. Pasaban os minutos e o partido iba e viña, con oportunidades para ambos equipos pero coas xogadoras da Fervenza volvendo a ter o control do balón. E no minuto 23 chegoulles a recompensa cun tiro de Andrea que logra batir a portería de Salomé por segunda vez. Con este resultado chegou o descanso.


O segundo período comezou igual que o primeiro, co Comarcal A Fervenza “B” tendo o control do balón e do partido e, unha xornada máis, as xogadoras de Barca e Curro vian como, ó pouco de comezar a segunda metade, lles volvían anotar un tanto, desta vez erro da defensa que deixaba a Andrea sola diante de Salomé, o que poñía o 3-0 no marcador e, ós 3 minutos, a propia Andrea volvía a aumentar, aínda máis, a distancia no marcador, marcando o 4 gol do seu equipo e tamén na súa conta particular. A pesar de levar 4 goles en contra, non eran capaces de reaccionar as xogadoras de Barca e Curro que vían como se lles escapaban outros 3 puntos. Tan só Carmen era capaz de lograr, por fin, que o balón entrase na portería defendida pola porteira local. Pero foi a tres minutos do final e xa era tarde. As pontecesanas marchaban para casa despois dunha mala mañá e con un 4-1 en contra.

A vindeira xornada disputarase o primeiro derbi da tempada en Ponteceso, que enfrontará ó Concello de Ponteceso FSF contra ó Fisober "B" FSF.
 

07.11.2013 17:55

Partido correspondente á cuarta xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 2 de Novembro ás 6 da tarde no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o C.D. Portosín, con resultado de 5-6 a favor das visitantes..


A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carmen e Sandra – tamén xogaron- Alba, Carla, Zeltia e Laura.


C.D. Portosín: Noelia, Judit, Virginia, Sara e Xulia – tamén xogaron – Rebeca, Lorena, Nancy, Diana, Iria e Julia.


Árbitros: Emilio González Alvedro (árbitro) e Fernando Barrós Naveira (cronometrador), ambos do comité técnico de A Coruña

Amonestaron a Martina por parte local e a Diana por parte visitante.

Expulsaron a Ana por parte local con doble amarilla.


Goles: 0-1.-Judit (min.4)

1-1.- Martina (min.24)

1-2.- Virginia (min.26)

1-3.- Sara (min.28)

1-4.- Virginia (min.29)

1-5.- Judit (min.31)

2-5.- Martina (min.34)

3-5.- Carmen (min.36)

3-6.- Nancy (min.42)

4-6.- Martina (min.44)

5-6.- Carmen (min.48)

 

 

Comezou o encontro esperando atrás o Ponteceso para ver que facían as rivais, que saíron con ganas de ter o balón desde o principio, tendo elas o seu dominio en todo momento. E no minuto 5 lograban adiantarse no marcador despois dunha xogada combinativa que culminaba Judit. Durante toda a primeira metade a posesión do balón foi das visitantes, e as locais intentaban chegar á portería rival por medio dalgunha contra, pero sen conseguir crear perigo na portería rival. Chegando ó descanso e tras un roubo de balón de Alba e un pase por alto a Martina, ésta conseguía batir á porteira tras unha boa volea poñendo así as táboas no marcador. Quedaban un minuto para o descanso, pero esa non iba ser a última xogada, xa que as visitantes tiveron unha boa oportunidad de adiantarse de novo no luminoso por medio dun dobre penalti, que Salomé, que volvía a quedar de porteira pola lesión de Bea, conseguía para ó igual que o posterior tiro da xogadora que colliu o rechace.

O segundo período comezou como foi todo o primeiro, coas visitantes tendo o control do balón e chegando á portería rival. E así foi como, en 5 minutos, conseguiro poñer o marcador 1-5 con dous goles de Virginia, un de Sara e outro de Judit. Parecía que xa tiñan o partido controlado, pero ás xogadoras de Barca e Curro saíulle o xenio e comezaron a xogar con máis ganas e intensidade e subindo a liña de presión, tendo varias oportunidades para mandar o balón ó fondo da rede. No minuto 34, un roubo de balón de Sandra provoca unha contra de Carmen e

Martina que esta mesma se encarga de rematar, poñendo o 2-5 no luminoso. Dous minutos despois era Carmen a que lograba batir por terceira vez á porteira rival tras unha boa xogada combinada de Carla e Martina. Co 3-5 no marcador e tras varias oportunidades fallidas para ambos equipos, eran as visitantes as que volvían ampliar distancias por medio de Nancy quedando apenas 10 minutos para o final. Pero as pontecesanas crían na remontada e dous minutos despois, Martina facía o seu terceiro tanto do partido rematando a xogada que ela comezaba cun saque de banda. Non se daban por vencidas e cunha boa presión arriba, no minuto 48, Carmen poñía o 5-6 no marcador tras unha xogada de córner, resultado que esperanzaba ás locais e ós afeccionados que estaban na grada. Pero a reacción das xogadoras locais foi algo tardía e xa non había tempo para máis. A pesar da derrota viuse un bo partido, con moitas idas e vidas, ocasións dos dous equipos e moitos goles. E as pontecesanas marcharon cun sabor agridulce, pero sabendo que con esforzo e intensidade poden conseguir moitos puntos.

O próximo partido do Concello de Ponteceso FSF será en Ferrol contra a Fervenza a vindeira fin de semana.

20.10.2013 17:54

Partido correspondente á terceira xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o domingo 20 de Outubro ás 12 da mañá no Pabellón Municipal de Betanzos entre o Troula FS e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 1-4 a favor das pontecesanas.

 

TROULA FS: Estefanía, Silvia, Susana, Gloria e Sabela – tamén xogaron – Sandra, Olaya, Rebecca, Yvonne e Lara.


A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Alba, Martina, Carmen e Sandra – tamén xogaron- Ana, Carla, Laura, Zeltia e Bea.


Árbitros: Diego Mella Brea (árbitro) e Fernando Barrós Naveira (cronometrador), ambos do comité técnico de A Coruña

Amonestaron a Gloria por parte local e a Ana por parte visitante.

Expulsaron a Salomé por parte visitante con doble amarilla.


Goles: Carmen (4), Ana e Gloria.



O Ponteceso FSF soubo dominar o encontro dende o inicio, ante un rival incómodo en todo momento. As pontecesanas tiveron a maior posesión do encontro e as oportunidades se sucedian unha tras outra polo que lograban adiantarse no marcador co 0-1 nunha xogada combinada entre Carmen e Alba no minuto 7 de xogo. Poucos minutos despois grazas a unha boa defensa das mesmas, volvia a rematar Carmen unha contra ben triangulada por todo o equipo e a falta de 5 m para o descanso Carmen de novo remataba un córner a pracer para facer as delicias dos afeccionados visitantes na bancada. No segundo período, as rapazas de Barca e Curro saíron moito máis confiadas o que serviu para que as xogadoras do Troula subisen liñas e crearlle dificultades na saída do balon ás pontecesanas. Esto supuxo un xogo máis bronco e cheo de interrupcións no encontro .Ana de xogada persoal poñia o 0-4 a falta de 10 para o final, case sentenciando o encontro e afundindo as esperanzas das locais o que supuxo que noutra xogada ben armada dende a defensa, Carmen marcara o seu cuarto tanto da mañá. A falta de 15 segundos para o final do partido Salomé via a segunda cartulina amarela por agarrar o balon fóra da área, supoñendo o único gol local no partido de falta directa. Con este resultado, o Concello Ponteceso FSF vaise cun bo sabor de boca despois da derrota da xornada anterior e mellorando claramente no seu xogo. No próximo partido o Ponteceso FSF enfróntase contra as lidéres da categoria, o Portosín FSF.

<< 3 | 4 | 5 | 6 | 7 >>

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 167