Xornada 15.

02.02.2015 16:55

Non puido ser... :(


Crónica correspondente á 15ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 31 de Xaneiro ás 19.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Grupo Work FSF, e que acabou co marcador 0-1 a favor das visitantes.

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carmen e Sandra - tamén xogaron – Cintia, Carla, Noa, Elsa e Christine.

GRUPO WORK FSF: Bea, Ainhoa, Nuria, Patricia e Sandra- tamén xogaron – Laura, Alba, Estefanía, Mónica, Alba e Cristina Rosalía.

Árbitros: Diego Mella Brea (árbitro) e Patricia Esparza Vázquez (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.

Amoestaron a Carla, Salomé e Elsa por parte local e Sandra pola visitante

Goles: 0-1.- Patricia (min.33).

Intenso o encontro disputado o sábado entre o Ponteceso e o Grupo Work.

O equipo pontecesán comezaba atrás pero tendo o control do balón e pouco a pouco foron achegándose á área rival, pero os disparos pasaban lonxe da portería. Intentábano tamén as coruñesas, pero sen xerar perigo. O equipo pontecesán iba tendo pouco a pouco o manexo do partido e comezaron a sucederse as ocasións. Cintia por dúas veces estivo a piques de adiantar ás pondalianas, pero a porteira despexaría ambos disparos. Carmen e Martina tamén o intentaban, pero tampouco foron quen de batir a Bea. Ata ese momento non tiveran apenas ocasións as visitantes, que intentaban saír co balón xogado respondendo a cada ocasión pontecesana, pero a defensa, sempre atenta, evitaba que as herculinas puideran achegarse á portería defendida por Salomé. Antes do descanso habería outra oportunidade fallida do Ponteceso, que vía como seguían as táboas no marcador a pesar de ter tantas ocasións. Chegarían así ó tempo de lecer co 0-0 inicial.

De volta dos vestiarios veríamos máis ou menos o mesmo partido, coas pondalianas indo a polos tres puntos e facendo un bo xogo, con multitude de ocasións, pero sen lograr materializalas. Intentábano con tiros lonxanos, xogadas de estratexia e con internadas na área do equipo coruñés, pero ninguén facía que o esférico traspasase a liña de gol. Polo contrario, si aproveitarían as herculinas a súa única oportunidade clara, chegada despois dun erro defensivo, e Patricia era a que poñía por diante ó seu equipo a sete minutos do final. A partires de aquí o dominio foi totalmente do Ponteceso. A primeira oportunidade tras o gol chegaría por medio de Ana, que tras unha parede con Sandra desmarcábase e recibía o balón de espaldas á porta, pero a porteira rival estivo atenta e evitou que puidese orientar o tiro. A seguinte, un tiro de Martina que se convertiría en penalti por man da defensa. Cintia encargaríase de lanzalo, pero a presión puido coa xogadora pontecesana, que non fixo o seu mellor lanzamento e a cancerbeira conseguiu despexalo sen problemas. Segundos despois, chegaría outra oportunidade para empatar o partido, cun tiro de castigo que tamén Cintia se encargaría de chutar. Pero outra vez non faría un bo tiro e a gardameta visitante volvía evitar que o balón entrase, facendo así que as pontecesanas seguisen co marcador a 0. Quedaban dous minutos para que se dese por rematado o encontro e non deixaban de intentalo as xogadoras de Barca e Curro, que estaban facendo un bo partido, pero sen sorte de cara á portería. Concluía así o xogo, coas pontecesanas pensando que mereceron máis e coas coruñesas celebrando a vitoria.


Con esta derrota colócase en 3° posto o Concello de Ponteceso FSF, a tan só 3 puntos de distancia do segundo clasificado, o BeArt 5 Coruña FS, e a 6 puntos do liderato.


Na seguinte xornada non xxogará o Ponteceso por xornada de descanso, e o seu rival directo, o BeArt 5 Coruña, enfrontarase ó actual lider da competición, o Viaxes Amarelle FSF, no que será unha boa loita por conseguir os 3 puntos.

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172