Blog

13.10.2013 17:53

Partido correspondente á segunda xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 12 de outubro ás 6 da tarde no Pavillón Municipal de Novo Mesoiro e que enfrontou ó Grupo Work contra o Concello de Ponteceso FSF.


GRUPO WORK: Cristina, Sandra, Patricia, Ainhoa e Alba - tamén xogaron - Carmen, Amanda, Nuria, Lara, Sara, Alba e Cristina.

A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Bea, Ana, Martina, Salomé e Sandra - tamén xogaron - Alba, Carla, Carmen, Laura e Zeltia.

Árbitros: David Ruiz Piñeiro (árbitro)  e Maryluz  Mendoza Escalona (cronometrador) ambos do comité técnico de A Coruña.
               Amonestaron a Sara e Nuria por parte local e a Carla e Sandra por parte visitante.

Goles: 1-0.- Alba Carreira (min 2)
           1-1.- Alba (min.11)
           1-2.- Alba (min 16)
           1-3.- Zeltia (min 20)
           2-3.- Laura (min 25)
           3-3.- Sara (min 26)
           4-3.- Sandra (min 32)
           5-3.- Sandra (min 40)


O Ponteceso xogaba o seu segundo partido de liga na casa do Grupo Work, outro dos novos equipos inscritos este ano na categoría e que, á súa vez, xogaba o seu primeiro partido da competición polo aplazamento do da primeira xornada.
Non comezaron ben as pontecesanas, que viron como nada máis saír as locais intentaban presionalas arriba para non deixalas xogar e, no minuto dous de partido, Alba Carreira estrea o marcador con 1-0 despois dun mal despexe de córner das visitantes. O tanto doulle confianza ás locais, que saíron desde o minuto un con ganas de deixar os puntos na casa, pero as rapazas de Barca e Curro non baixaron os brazos en 5 minutos déronlle a volta ó marcador gracias ós dous tantos marcados por Alba, que ve como os pases ó segundo pao surxen efecto. Tanto locais como visitantes seguiron presionando arriba intentando que o rival se puxese nervioso e non conseguise saír con balón. Nun roubo de balón e a súa conseguinte contra, Zeltia poñía o 1-3 no luminoso, que lle daba unha boa ventaxa ás visitantes. Pero a un minuto do descanso, Laura conseguía recortar distancias co 2-3 co que se iba ó vestuario.

A segunda parte comezou como a primeira, coas coruñesas presionando arriba e obligando ó Ponteceso a non saír co balón xogado. Así, un minuto despois da reanudación, Sara empataba o partido despois dun erro defensivo das pontecesanas. Esto fixo que as locais se viñeran arriba, cousa que as pontecesanas non souberon aguantar tanto polo cansancio como polo bo xogo das coruñesas que, cun gran esforzo e con presión arriba, viron como Sandra lle daba a volta ó marcador no minuto 32. A pesar de que as visitantes non se deron por vencidas, viron como as súas poucas oportunidades non conseguían batir a portería rival e como, no minuto 40, Sandra ainda afastaba máis o marcador, conseguindo o quinto tanto para o seu equipo. Tiveron máis ocasións as locais nos últimos minutos, pero a porteira pontecesana Bea conseguiu que non entrase na súa portería ningún balón máis.
Así rematou o partido, cos dous equipos agotados fisicamente, pero coas rapazas do Grupo Work satisfeitas porque o seu esforzo tivo a recompensa dos seus 3 primeiros puntos da tempada.


O próximo encontro do Concello de Ponteceso FSF será o domingo 20 de outubro no Municipal de Betanzos contra o Troula Betanzos FS, tamén un novo equipo na categoría, partido no que as pontecesanas farán o posible por levar os 3 puntos para casa para non descolgarse dos postos de arriba.

07.10.2013 17:52

Partido correspondente á primeira xornada da Liga Provinvial Feminina disputado no Pavillon Municipal de Ponteceso o domingo 6 se outubro ás 12 da mañá e que enfrontou ó Concello de Ponteceso FSF contr o SD A Baña.

A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Bea, Alba, Ana, Martina e Salomé - tamén xogaron - Carla, Laura, Sandra, Carmen e Zeltia.

S.D. A BAÑA: Eva, Daniela, Tania, Marta e Lucía - tamén xogaron - Rocío, Anabel, María, Estefanía e Maria Celsa.

Árbitros: Jose Manuel Fernández Fiuza (árbitro) e Fernando Barrós Naveira (cronometrador), ambos do comité técnico de A Coruña.
Amonestaron a Salomé por parte local e Tania por parte visitante.

Comezaba a tempada o Ponteceso FSF contra un dos novos equipos da categoria,e as rapazas saíron con ganas. Tanto que no minuto 2 Salomé adiantaba ás locais no marcador e estrenábase como goleadora e,3 minutos despois, Martina poñia o 2-0 no luminoso.  A partir de a as pontecesanas ralentizaron o xogo e apenas crearon ocasión, tratando só de que as rivais non chegaran á súa portería. Só nos ultimos minutos da primeira metade houbo varias ocasións polas dúas partes, por parte local un disparo de Salomé e por parte visitante un tiro que ataxou sen problema Bea. Asi chegaron ó descanso.

A segunda parte foi máis do mesmo, sen casi ocasións de ninún equipo. Ata que nos últimos minutos as xogadoras de Barca aumentaron un pouco o ritmo e chegaron á portería rival. Nunha desas chegadas,Sandra recibe unha falta ó borde da área que despois se encarga de transformar tras unha xogada ensaiada, aumentando nun gol máis a distancia. A cinco minutos do final e tras unha boa xogada de Sandra, Carla encárgase de facer o 0-4 final, culminando asi o seu debut na liga.

A pesar do marcador non saíron contentas as pontecesanas, que saben que teñen que mellorar para superar o logrado na tempada anterior.

17.07.2013 16:56

O gañador da Rifa na que sorteábamos un televisor de 24" foi......... ELOY ÁLVAREZ ALVARIÑO, de A Coruña!!!!

E a rifa foi vendida por Salomé!!

Noraboa ó premiado!!!

17.07.2013 15:08

Despois duns meses de descanso e sen pasar por aquí, volvemos hoxe para falar da boa tempada das nosas infantiles.

O equipo, formado por oito rapazas (Bea (porteira), Savannah e Sarai (cierres), Zeltia, Andrea, Lidia e Leticia (alas) e Lara (pívot) ) e adestradas por Barca e Martina (xogadora e capitana do primeiro equipo) acabou a súa segunda campaña como campión zonal, subcampións intercomarcal e no cuarto posto no campeonato provincial.

E ó igual que o equipo senior, as infantiles participaron tamén no torneo de FUTSACO de A Coruña, no cal quedaron subcampionas perdendo a final contra o Amarelle.

As rapazas completaron un bo ano, gracias ó cal, co seu traballo e esforzo, dúas delas,a porteira Bea e a ala Zeltia, estando aínda en idade infantil, foron preseleccionadas para a Selección Coruñesa de Categoría Cadete, sendo Bea convocada para os partidos xogados en Santiago, xunto con Ana, xogadora en idade cadete do primeiro equipo, e non Zeltia por non poder ir a todos os entrenamentos previos.

 

Só nos queda felicitalas polo bo traballo realizado e darlle a noraboa por esas medallas!!! 
Para o ano que vén algunha delas xa xogará no primeiro equipo, e esperamos que o equipo infantil siga sendo igual de bo ou mellor!! 

Noraboa Rapazas! :D

 

18.04.2013 18:11

Tras gañar os dous partidos de cuartos de final contra o Esteirana por 0-3 e 7-2, o noso equipo está en semifinais da Copa da Coruña, na que nos enfrontaremos ó campión de Liga, o Manureva.

Intentaremos facer todo o posible para pasar esta eliminatoria, pero sabemos que non será fácil.

Gracias a todos polo voso apoio unha vez máis!!! Gracias a vós seguimos mellorando a nosa corta historia!! 

 

VAMOS PONTECESO!!!
19.03.2013 21:31

Resultado: Fisober B – Concello de Ponteceso (0-7)

 

FISOBER FSF “B”: Martina, María, Tamara, Inés e Laura – tamén xogaron – Natalia, Mónica, Iria e María.
 

A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Ana, Sandra, Carmen e Martina – tamén xogaron – Alba Reyes e Alba Marrozos.

 

Goles: 0-1.- Sandra; 0-2.- Carmen; 0-3.- Martina; 0-4.- Alba Marrozos; 0-5.- Carmen; 0-6.- Martina; 0-7.- Carmen.

 

As xogadoras de Barca e Curro chegaban a Vimianzo coa mente posta no terceiro posto e coa idea de gañar para poder conseguilo. Pola contra, as vimiancesas querían pechar esta dura tempada cun bo sabor de boca.

Pero as visitante comezaron moi forte, presionando ó rival para non deixalo xogar e creando ocasións de gol. O primeiro chegou ós poucos minutos, con un roubo de balón de Sandra que ela mesma culmina tras un regate á porteira. As visitantes non se conformaban con un só tanto no marcador e, tras unha boa xogada, Carmen consigue o segundo nun man a man coa porteira local. A pesar do 0-2 en contra, as vimiancesas non dan o partido por perdido e crean varias ocasións de gol, ataxadas todas elas pola porteira visitante. Nunha destas xogadas, as pontecesanas inician unha contra por medio de Alba Reyes e Martina que esta culmina con un gol a porta vacía tras o pase de Alba. Poñíase o 0-3 no marcador, pero non sería o último antes do descanso, pois Alba Marrozos encargouse de meter o cuarto a dous minutos do final. Iban para o vestiario cabizbaixas unhas e contentas as outras sabendo que o terceiro posto estaba máis cerca.

A segunda parte foi máis do mesmo. As vimiancesas buscaban o primeiro gol e as visitantes aumentar máis a vantaxe. Intentábano as locais de distintas formas, pero a boa actuación da porteira visitante, Salomé, evitou que as xogadoras de Javier conseguiran subir un só tanto ó marcador. Si o fixeron as pondalianas que, por medio de Carmen tras unha xogada, conseguían subir o quinto tanto ó luminoso. Martina anotaba o sexto tras un bo pase de Carmen ó segundo pao despois dun contragolpe e, a poucos minutos do final, Carmen conseguía o séptimo (e outro hat-trick) con un bo tiro tras un saque de banda.

 

GRACIAS A TODOS OS QUE NOS ANIMASTES E APOIASTES ESTA TEMPADA!!! GRACIAS Ó TRABALLO E Ó VOSO ALENTO CONSEGUIMOS QUEDAR TERCEIRAS!! UNHA BOA POSICIÓN!!! NORABOA A TODO O EQUIPO POR ESA MEDALLA DE BRONCE!!!!

 

 

Resultados e Clasificación: 

 

Viaxes Amarelle F.S. 4 - 1   Esteirana 
Manureva Suevos 10 - 0   C.D. Fame Negra
Fisober F.S.F. "B"  0 - 7  Concello de Ponteceso F.S.F. 
C.D. Mabegondo 2 - 2   Espartanas F.S.
Descansa    BeArt 5 Coruña F.S.

 

 

 

Equipo

Jugados

Ganados

Empates

Perdidos

Goles Favor

Goles Contra

Puntos

Manureva Suevos

16

15

1

0

119

11

46

BeArt 5 Coruña F.S.

16

13

1

2

70

19

40

Concello de Ponteceso F.S.F.

16

9

0

7

41

42

27

C.D. Mabegondo

16

7

3

6

37

36

24

Viaxes Amarelle F.S.

16

7

3

6

41

46

24

Esteirana

16

7

1

8

34

35

22

Espartanas F.S.

16

4

2

10

24

56

14

Fisober F.S.F. "B"

16

2

1

13

17

68

7

C.D. Fame Negra

16

1

2

13

16

86

5

 

04.03.2013 15:48

 


 

Partido correspondente á 16ª xornada da Liga Provincial Feminina Senior de A Coruña que se disputou a tarde do sábado 2 de marzo ás 20:00 no Pavillón Sagrada Familia de A Coruña entre o Viaxes Amarelle FSF B e o Concello de Ponteceso FSF e que acabou co resultado de 6-3 a favor das herculinas.
 

VIAXES AMARELLE FSF B: Carmen, María, Patricia, Cruz e Sara – tamén xogaron – Lara, Sandra, Ainhoa, Estela, Nuria e Amanda.

A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Ana, Sandra, Carmen e Martina - tamén xogaron - Alba Reyes e Alba Marrozos.
 

ARBITROS: José Manuel Fernández Fiuza (árbitro) e Jose A. Lamas Castro (cronometrador)  ambos do Comité de árbitros de A Coruña.

Amonestaron a Cruz por parte das locais e a Alba Reyes, Sandra e Alba Marrozos por parte das visitantes.
 

GOLES:   0-1.- Sandra (min. 12)
               1-1.- Laura (min.14)
               2-1.- Cruz (min 19)
              3-1.- María (min. 23)
              4-1.- Ainhoa  (min. 24)
              4-2.- Ana (min. 25)
              5-3.- Cruz (min. 31)
              6-3.- Nuria (min. 36)
              6-4.- Carmen (min. 40)


As pontecesanas chegaban a esta xornada con só dous cambios dispoñibles e con algunha xogadora tocada, ó contrario que as herculinas que contaban coas incorporacións de Cruz e María, baixadas do primeiro equipo, e que viñan de gañar por 0 a 4 ás Espartanas no partido aprazado disputado o mércores.
Comenzaron as locais presionando arriba ás xogadoras de Barca para impedirlles a fácil circulación de balón. As xogadoras de Suso Carreira estaban tendo ocasións sobre a portería das visitantes, pero non conseguían abrir o marcador. Foi o Concello de Ponteceso FSF quen, despois de varias oportunidades falladas, consigue poñerse por diante no marcador por medio de Sandra e tras un rechace da porteira local no minuto 12 de partido. Co 0-1 , o Viaxes Amarelle seguía presionando ás pontecesanas arriba e non as deixaban apenas ter o balón. Así foi como  ós dous minutos do gol visitante conseguiu poñer as táboas no marcador nunha contra finalizada por Laura. A cinco minutos do final o bo xogo do Viaxes Amarelle B fixo que se adiantaran no luminoso, primeiro con un gol de Cruz nun disparo frontal de sete metros no minuto 19. María conseguía facer o terceiro tras unha boa xogada personal e con un tiro que toca nunha das xogadoras visitantes a dous minutos do final e, a falta de un minuto unha xogada de estratexia a raíz dunha falta conseguía poñer o 4-1 tras un gran disparo de Ainhoa. A pesar de que as herculinas levaban 3 goles de ventaxa , o Ponteceso non se dou por vencido e a falta de cuarenta segundos conseguiu recortar distancias con un bo disparo de Ana, chegando así ó descanso co resultado de 4-2 a favor das locais.

A segunda parte comezou igual que a primeira. O Viaxes Amarelle saíu do vestiario con ganas dos 3 puntos e ós seis minutos da segunda metade, conseguía o quinto tras un disparo de falta directa executado por Cruz. O Concello de Ponteceso non baixou os brazos e seguiu creando ocasións, pero o balón non conseguía traspasar a liña de gol para acortar distancias. E esto aproveitárono as locais, que conseguían poñer o 6-2 no marcador con un gol transformado por Nuria. As pondalianas non se daban por vencidas a pesar do resultado e seguiron loitando e presionando ó conxunto local. A nove minutos do final do encontro, Carmen consegue recortar distancias anotando o terceiro tras unha boa xogada e un pase de Sandra ó segundo pao, e con tempo para poder darlle a volta ó marcador. Ambos equipos competiron nos últimos minutos por subir tantos ó luminoso, pero nin as locais conseguiron aumentar a súa ventaxa nin as visitantes darlle a volta ó resultado para non perder os 3 puntos.  Quedou así o marcador ó final do tempo reglamentario.

A pesar da derrota, o Concello de Ponteceso segue ocupando a terceira praza, ainda que aventaxando só en 2 puntos ó cuarto e quinto clasificado. O Viaxes Amarelle tras as dúas vitorias consecutivas consigue saír dos postos de abaixo colocándose en sexto lugar na táboa, tendo ainda opcións de quedar entre os catro primeiros.

A próxima fin de semana o Concello de Ponteceso F.S.F xogará o partido correspondente á xornada 17 o sábado 9 de marzo ás 18:00 en el Pavillón Municipal de Ponteceso, enfrontándose ó Manureva, que ocupa o primeiro posto en la táboa clasificatoria.
 

 

Resultados e clasificación:

 

Manureva  12 - 0  Espartanas
Esteirana  7- 1  Fame Negra
V.Amarelle  6 - 3  C. de Ponteceso
Fisober B  2 - 7  5 Coruña
Descansa: Mabegondo

 

Equipo                                             Jugados Ganados Empates Perdidos GolesFavor GolesContra Puntos
Manureva Suevos                                  13          12          1             0             93             10           37
BeArt 5 Coruña F.S.                              15          12          1             2             67            18            37
Concello de Ponteceso F.S.F.                14           8           0             6             34            32            24
Esteirana                                              14           7           1             6             32            27            22
C.D. Mabegondo                                    13           7           1             5             30            27            22
Viaxes Amarelle F.S.                             13           5           2             6             28            41            17
Espartanas F.S.                                    14           3           1             10           17            53             10
Fisober F.S.F. "B"                                 14           2           1             11           16            56              7
C.D. Fame Negra                                  14           1           2             11            16            71             5

 

 

 

 

24.02.2013 15:01

 

Partido correspondente á 15ª xornada da Liga Provincial Feminina Senior de A Coruña que se disputou a tarde do sábado 23 de febreiro ás 18:00 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Esteirana e que rematou co resultado de 2-0 a favor das pontecesanas.


A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Ana, Sandra, Carmen e Martina - tamén xogaron - Alba Reyes, Alba Marrozos e Silvia.
ESTEIRANA: Maruxa, Inés, Merche, María del Carmen e Sandra – tamén xogaron- María.


ARBITROS: Borja Moreira Bermúdez (árbitro) e Fernando Barrós Naveira (cronometrador)  ambos do Comité de árbitros de A Coruña.
Non houbo ningún amonestado.

GOLES:   1-0.- Carmen (min. 14)
     2-0.- Carmen (min.36)


Chegaba nun bo momento o Esteirana tras gañar 3 dos seus últimos 4 partidos, ainda que con varias baixas e dispoñendo de un só cambio. As locais tamén chegaban nun bo momento a este partido, coas xogadoras ó 100% tras superar os problemas físicos das pasadas semanas e coas únicas baixas de Anabel e Chris por lesión. Ambos equipos sabían que non iba ser un partido fácil e que iba a estar moi igualado. As xogadoras de Barca (na grada por sanción) e Curro saíron a presionar arriba, mostrando desde un principio ás rivales que tiñan a intención de gañar o partido. Os dous equipos foron creando ocasións de gol, evitando as dúas porteiras que o balón traspasara a línea de meta. Foi no minuto 14 cando, tras unha xogada individual e un bo tiro cruzado, Carmen consigue anotar o primeiro gol do partido que daba a vitoria momentánea ó Ponteceso. As visitantes non baixaron os brazos e tiveron varias ocasións para marcar, pero Salomé evitou en todas elas que puideran conseguir o tanto do empate. A poucos minutos do  final da primeira metade, Alba Reyes tivo unha clara ocasión para anotar o 2-0 e ir tranquilas ó descanso, pero o balón saíu rozando o pao. Chegábase así ó descanso co 1-0 no  marcador.
A segunda parte foi un tira e afrouxa de ambos equipos, que seguiron na misma liña da primeira metade, creando algunha ocasión pero sin fortuna. As xogadoras visitantes efectuaron varios tiros a portería e tiveron varios man a man con Salomé, e esta evitou outra vez que empataran o partido. As locais tamén tiveron oportunidade de aumentar aínda máis a ventaxa no marcador con varios contragolpes, pero a mala puntería e a porteira visitante evitaron que eso sucedera. Pero no minuto 36 e noutro contragolpe, Carmen conseguía anotar o 2-0 tras un pase de Alba Reyes ó segundo pao, era o segundo tamén na súa conta e conseguía así a ventaxa necesaria no marcador que lles daba a tranquilidade de saber que os 3 puntos estaban máis cerca de quedarse na casa. A pesar do 2-0 en contra non se deron por vencidas as de Esteiro, que intentaban anotar un gol de todas as formas, efectuando varios tiros desde lonxe da portería. Pero chegou o final do partido coa portería das pontecesanas a 0. 
A pesar de que non foi un gran partido do Ponteceso FSF, as xogadoras marcharon sabendo que cumpliron co obxetivo de gañar o partido e así poder colocarse no terceiro posto da tabla clasificatoria.


A vindeira fin de semana o Concello de Ponteceso F.S.F xogará o partido correspondente á xornada 16 o sábado 2 de marzo ás 20:00 no pavillón Sagrada Familia de A Coruña, enfrontándose ó Viaxes Amarelle FSF “B”, sabendo que non poden perder os 3 puntos se queren manterse na 3ª posición.

 

Gracias ás poucas persoas que foron apoiarnos neste partido tan importante!!! :D

 

Resultados e Clasificación

Concello de Ponteceso FSF 2-0 Esteirana
CD Mabegondo 2-2 Fisober FSF
5 Coruña FSF 0-0  Manureva
Espartanas – Viaxes Amarelle (aplazado)
Descansa Fame Negra

 

 

 

Equipo                                             Jugados Ganados Empates Perdidos GolesFavor GolesContra Puntos
BeArt 5 Coruña F.S.                              14         11           1             2             60            16            34
Manureva Suevos                                  14          11          1             0             81             10           34
Concello de Ponteceso F.S.F.                13           8           0             5             31            26            24
C.D. Mabegondo                                   12           7           1             5             30            27            22
Esteirana                                              12           5           1             6             23            23            16
Viaxes Amarelle F.S.                             11           3           2             6             18            38             11
Espartanas F.S.                                    11           3           1             7             16            35             10
Fisober F.S.F. "B"                                 13           2           1             10           14            49              7
C.D. Fame Negra                                   13            1          2            10            15            64             5

 

17.02.2013 15:28

Boas!! Facía moito q non se pasaba por aquí (problemas técnicos)! 

Desde que non actualizamos esto pasaron xa 4 xornadas de liga,das cales o balance non foi moi bo. Comezamos a segunda volta cunha dura derrota na casa contra o Mabegondo (1-4), seguido doutra derrota contra o 5 Coruña no partido disputado en Novo Mesoiro. A seguinte xornada xogamos na casa contra as Espartanas, partido duro pero que conseguimos gañar por 2 goles a 1. E a xornada anterior tocounos descansar.
Nesta xornada tocounos ir xogar a Carral contra o Fame Negra, un partido que non podíamos perder se queríamos seguir loitando polo 3º posto. O día non empezou moi ben xa que tivemos varios contratempos, pero no campo a cousa foi mellorando pouco a pouco. Comezamos perdendo 1-0, gol que marcaron as locais as 10 minutos do final da primeira parte. Pero na segunda parte saímos con máis ganas, sabendo que non podíamos deixar escapar os 3 puntos, e tras un contragolpe Sandra conseguiu anotar o empate a 1. Dous minutos despois e tras outra xogada, Carmen conseguiu anotar o gol que nos poñía diante no marcador. As locais tiveron varias ocasións que conseguimos cortar e que parou a nosa porteira, Salomé. E nunha destes roubos de balón e noutro contragolpe, Alba despois dunha xogada individual consigue meter o 3º cun tiro que da no poste e entra. Pouco nos durou a alegría que 3 minutos despois as do Fame Negra meteron o segundo, despois de varios intentos e paradas de Salomé conseguiron marcar nun rechace da porteira. Queban 5 minutos para o final e o marcador estaba apretado, pero Carmen, outra vez e a 3 minutos do final, marcou o 4º que nos deixaba xa respirar algo tranquilas.E este 2-4 foi o marcador final.

Sobra decir que non foi o noso mellor partido, pero a pesar de ter varios factores en contra, conseguimos un bo resultado e 3 puntos moi importantes para seguir arriba na clasificación. 

 

O próximo partido é a semana que ven en Ponteceso contra o Esteirana.

E por último, antes de poñer os resultados e a clasificación, vou poñer unhas palabras que dixo un grande,moi grande, do fútbol.

 

"Mis padres me enseñaron tres cosas fundamentales: que para poder estar orgulloso de ti mismo y ser alguien hace falta trabajar; que es preciso actuar con seriedad y que debes respetar a los demás para recibir respeto a cambio. TRABAJO,SERIEDAD Y RESPETO. Si haces estas tres cosas,podrás ser alguien en la vida." Zinedine Zidane.

Todos a tomar nota! Que a el con esas bases non lle foi mal de todo...

 

Resultados e Clasficación

 

Fame Negra  2-4  C.de Ponteceso FSF
Esteirana   ---  Espartanas
V. Amarella  1-3  5 Coruña
Manureva  6-0  Mabegondo

Descansa Fisober FSF B.

 

 

 

Equipo                                             Jugados Ganados Empates Perdidos GolesFavor GolesContra Puntos
BeArt 5 Coruña F.S.                              13         11           0             2             60            16            33
Manureva Suevos                                  11          11          0             0             81             10           33
C.D. Mabegondo                                   12           7           0             5             28            25            21
Concello de Ponteceso F.S.F.                12           7           0             5             29            26            21 
Esteirana                                              11           5           1             5             23            21            16
Viaxes Amarelle F.S.                             11           3           2             6             18            38             11
Espartanas F.S.                                    11           3           1             7             16            35             10
Fisober F.S.F. "B"                                 12           2           0             10            12           47              6
C.D. Fame Negra                                   13            1          2            10              15           64             5

 

 

 

 

 

 

 

 

 

30.01.2013 18:15

Representantes do Concello de Ponteceso FSF deron unha charla a tarde do luns no Centro Social de Cabana de Bergantiños ó grupo de nenos participantes no Campus de Fútbol Base do Cabana SD. Os encargados de falarlle ós rapaces do Ponteceso foron o delegado e entrenador Curro, a meta Salomé, e as xogadoras de campo Ana e Zeltia.

A charla, duns 30 minutos de duración, serviu para que os rapaces souberan por medio dos membros do club, entre outras cousas, como surxiu a entidade, o progreso acadado nestes 4 anos de historia, a dificultade para atopar rapazas e o esforzo que supón sacar un equipo adiante, tanto a nivel económico como de dispoñibilidade de corpo técnico e xogadoras. Tamén souberon de man das xogadoras o bo grupo que forman e o moito que se esforzan por intentar chegar cada día máis lonxe.

Ainda que o básico deste encontro cos rapaces e rapazas de Cabana é saber que, despois das escolas deportivas e cando cheguen a unha idade na que xa non poden competir en equipos mixtos, hai unha oportunidade para as nenas de seguir practicando o deporte que lles gusta sen ter que facer longos desprazamentos.

O Concello de Ponteceso FSF agradécelle ós organizadores do Campus o interese mostrado polo clube e a posibilidade de facer chegar o equipo ás novas xeracións do fútbol sala feminino.

<< 4 | 5 | 6 | 7 | 8 >>

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172