Sexta Xornada

16.11.2013 17:59

Partido correspondente á sexta xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 16 de Novembro ás 6 da tarde no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Fisober “B” FSF, con resultado de 8-1 a favor das pontecesanas.


A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Carla, Carmen e Sandra – tamén xogaron- Ana, Alba, Carla, Laura, Zeltia e Bea.

FISOBER “B” FSF: Martina, Paula, Andrea, Tamara e Laura – tamén xogaron – Alejandra, Natalia, María e Anabel.


Árbitros: Borja Moreira Bermúdez (árbitro) e José A. Lamas Castro (cronometrador) ambos do Comité Técnico de A Coruña.


Goles: 1-0.- Martina (min.7)

2-0.- Carmen (min.9)

3-0.- Laura (min.12)

4-0.- Martina (min.15)

5-0.- Carmen (min.18)

6-0.- Bea (min.23)

6-1.- Paula (min.24)

7-1.- Carmen (min.34)

8-1.- Carla (min. 48)

 

Despois dunhas xornadas difíciles perdendo puntos importantes, saíu o Ponteceso a este partido con ganas de vitoria e querendo ter o control desde o principio, presionando ó equipo rival ata a pérdida do balón e intentando ter a posesión en todo momento. Os bos primeiros minutos de equipo fixeron que, no minuto 7, Martina adiantase ás locais no marcador tras unha boa xogada de Carla. O tanto fixo que as pontecesanas se viñeran arriba, tanto co xogo como animicamente e, ós dous minutos do primeiro gol, Carmen facía o segundo a pase de Laura. Os dous goles rápidos provocaron que as vimiancesas se viñeran abaixo durante uns minutos e, en 10 minutos, o Ponteceso marcaba tres goles máis que poñían o marcador xa con 5-0 en 20 minutos de partido, cos tantos de Laura, Martina e Carmen despois dunha boa xogada individual. Nos últimos minutos da primeira metade tivo algunha ocasión o Fisober e nunha roubo de balón de Sandra, o Ponteceso poñía o 6-0 no marcador por medio de Bea no minuto 23. Respondía Paula un minuto despois cun bo tiro desde fóra da área que Salomé non era capaz de ataxar, e que abría o marcador para as visitantes. Chegábase ó descanso co 6-1 no luminoso.

O segundo período comezaba igual que o primeiro, coas xogadoras de Barca e Curro querendo ter o control, pero creando menos ocasións de perigo. Si tivo varias ocasións o equipo visitante, como outro bo tiro de Paula que desta vez si evitou a meta local Salomé que entrara na portería. A intensidade do partido baixara durante os primeiros minutos, pero as pontecesanas, con ganas de demostrar que están aí para loitar polos primeiros postos, volveron a xogar como na primeira parte e, no minuto 34, Carmen poñía o terceiro na súa conta particular para facer o séptimo gol para o seu equipo tras un bo pase en profundidade de Ana. Os minutos despois do gol foron de ataques contínuos das locais, que tiveron varias

oportunidades de aumentar distancias no luminoso, como dúas que tivo Alba diante da portería e un penalti no minuto 44 que Martina lanza ó pao. Pero non todo iban ser erros e, a dous minutos do final do partido, Carla culminaba a súa boa actuación cun tanto despois dun rechace da porteria Anabel a un tiro anterior da propia Carla. Remataba o partido co 8-1 a favor do Concello de Ponteceso, que deixa na casa os 3 puntos do primeiro derbi da tempada.

As rapazas de Barca poñen fin así a unha mala racha que esperan que non volva, demostrando que con ganas e esforzo se poden gañar os partidos.

A vindeira xornada o Concello de Ponteceso FSF enfrontarase ó 5 Coruña, segundo clasificado da pasada tempada e que actualmente está dous postos por encima das pontecesanas.

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172