Oitava Xornada (a séptima foi aprazada)

30.11.2013 18:03

Partido correspondente á 8ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 30 de Novembro ás 18.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso e que enfrontou ó Concello de Ponteceso FSF co Espartanas FS e que acabou co resultado de 5-1 a favor das locais.


A.D. Vila de Pondal-Concello de Ponteceso FSF: Salomé, Ana, Martina, Carla e Carmen - tamén xogaron - Alba, Bea, Laura e Zeltia.

Espartanas FS: Laura, Ana, Carmen, Adriana e Rebeca - tamén xogaron - Paula, Marta, María e Guadalupe.

 

Árbitros: José Manuel Fernández Fiuza (árbitro) e José Fernández Vázquez (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.
Amonestaron a Ana e Carla por parte local e a Marta e Paula polas visitantes.

 

Comezaba o encontro con intensidad e coas coruñesas con ganas de levar o control do partido, tocando o balón e achegándose á porteria que outra vez defendía Salomé, pero as pontecesanas, a pesar de contar coa baixa de Sandra, aguantaban ben en defensa os ataques das visitantes e tamén tiveron varias ocasións nos primeiros minutos. E non tardaba en chegar o primeiro tanto de encontro, xa que no minuto 10, a visitante Ana metía na súa propia portería un balón que Alba poñía ben no primeiro pao. As coruñesas non se viñeron abaixo co tanto encaixado, e ós 5 minutos Adriana tivo a oportunidade de igualar o marcador, pero o balón foi ó pao. Si reaccionaron as locais a esta xogada e saíndo co balón tocado desde atrás, provocaron unha falta ó borde da área que, tras o saque de Bea, Alba se encarga de transformar aumentando así a vantaxe no marcador. O bo ataque das visitantes fixo que as locais fixeran bastantes faltas e, no minuto 17, Rebeca lanzaba fóra un doble penalti que podía supoñer recortar o marcador. Pero non tardaba en chegarlles ó gol, pois 3 minutos despois, Rebeca lanzaba outro doble penalti que paraba Salomé, pero Adriana conseguía meter o balón na portería ó coller ó rechace. Poñíase o 2-1 no marcador a falta de 2 minutos para o descanso, resultado co que os equipos iban ó vestiario.

A segunda metade comezaba con menos intensidade que a primeira, pero pouco a pouco ambos equipos iban collendo o ritmo e volvendo a ter oportunidades. No minuto 31, Ana rouba o balón e tras unha boa contra, Carmen poñía o 3-1 no luminoso.  Os seguintes minutos fóron un tira e afrouxa tanto das xogadoras de Barca e Curro como das de Juan Miguel, con algunha que outra oportunidade clara como un tiro de Bea para as locales que manda rozando ó pao e outro de Ana para as visitantes que tamén pasa cerca da portería. Ás coruñesas incluso se lle anulou un gol por marcar de forma directa nun tiro de falta indirecta. Pasaban os minutos e o marcador non se movía, ata que tras un roubo de balón de Carmen no campo contrario, seguido dunha boa xogada individual, ela misma se encarga de facer o 4º gol da tarde para o seu equipo. Ó pouco de sacar as Espartanas do medio, Carla corta a traxectoria do balón, que lle chega a Bea e con xogada por banda incluída, regálalla a Laura ó segundo pao para que esta faga o que sería o último gol do encontro. Quedaban dous minutos para o final do partido, pero non se perdía a emoción. Nos últimos segundos as visitantes tiveron unha nova oportunidade en forma de doble penalti para acortar distancia, pero Salomé evitou que o balón traspasase por segunda vez a liña de meta. Rematou así o partido, co 5-1 no luminoso e coas pontecesanas escalando postos na clasificación gracias a estes 3 puntos conseguidos na casa. Foi un encontro bonito entre dous equipos que se coñecen e que loitan por optar ós primeiros postos da táboa.

Esta fin de semana no se disputa ningún partido da Liga Provincial Feminina.

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172