Quinta xornada

10.11.2013 17:57

Partido correspondente á quinta xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o domingo 10 de Novembro ás 12,30 da mañá no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Comarcal A Fervenza “B” e o Concello de Ponteceso FSF, e con resultado de 4-1 a favor das locales.


COMARCAL A FERVENZA “B”: Carla, Natalia, Andrea R, Raquel R, Raquel F – tamén xogaron- Andrea, María, Candela, Cintia, Rosa, Cristina e Sara.


A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Carla, Carmen e Sandra – tamén xogaron- Ana, Alba e Zeltia.

 

Árbitros: Roberto Amor Vizoso (árbitro) e J. Francisco Prados Caamaño (cronometrador), ambos do comité técnico de Ferrol.

Amonestaron a Alba e Carmen por parte visitante.
 

Goles: 1-0.- Andrea R. (min 4.)

2-0.- Andrea R. (min. 23.)

3-0.- Andrea R, (min28.)

4-0.- Andrea R. (min.31.)

4-1.- Carmen (min 47.)


Comezaba o encontro coas locais querendo levar a iniciativa, retendo a posesión do balón e tendo as primeiras oportunidades de gol. No minuto 4, Andrea rompía a defensa das pontecesanas e poñía o 1-0 no marcador. Tras o gol que as poñía en desvantaxe no marcador, foi o Concello de Ponteceso FSF o que tivo varias oportunidades de gol, incluído un tiro de Carmen que bate no pao, pero sen conseguir que o balón entrase na portería rival. Pasaban os minutos e o partido iba e viña, con oportunidades para ambos equipos pero coas xogadoras da Fervenza volvendo a ter o control do balón. E no minuto 23 chegoulles a recompensa cun tiro de Andrea que logra batir a portería de Salomé por segunda vez. Con este resultado chegou o descanso.


O segundo período comezou igual que o primeiro, co Comarcal A Fervenza “B” tendo o control do balón e do partido e, unha xornada máis, as xogadoras de Barca e Curro vian como, ó pouco de comezar a segunda metade, lles volvían anotar un tanto, desta vez erro da defensa que deixaba a Andrea sola diante de Salomé, o que poñía o 3-0 no marcador e, ós 3 minutos, a propia Andrea volvía a aumentar, aínda máis, a distancia no marcador, marcando o 4 gol do seu equipo e tamén na súa conta particular. A pesar de levar 4 goles en contra, non eran capaces de reaccionar as xogadoras de Barca e Curro que vían como se lles escapaban outros 3 puntos. Tan só Carmen era capaz de lograr, por fin, que o balón entrase na portería defendida pola porteira local. Pero foi a tres minutos do final e xa era tarde. As pontecesanas marchaban para casa despois dunha mala mañá e con un 4-1 en contra.

A vindeira xornada disputarase o primeiro derbi da tempada en Ponteceso, que enfrontará ó Concello de Ponteceso FSF contra ó Fisober "B" FSF.
 

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172