Xornada 12.

02.02.2014 18:28

Partido correspondente á doceava xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 1 de Febreiro no Pavillón Municipal San Vicente de A Baña entre o S.D. A Baña e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 1-3 para as visitantes.

 

S.D. A BAÑA: María Celsa, Lucía, Marta, Daniela e Tania – tamén xogaron – Andrea, Nerea, Rocío, Lidia, María e Anabel.

 

A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Bea, Ana, Martina, Carla e Laura – tamén xogaron – Zeltia, Salomé, Sandra e Alba.

 

Árbitros: Victoria Mosquera Enjamio (árbitro) e Maryluz Mendoza Escalona (cronometrador), ambos do Comité Técnico de Santiago.

 

Goles: 1-0.- Andrea (min.35) 1-1.- Ana (min.45) 1-2.- Sandra (min. 47) 1-3.- Ana (min.49)

 

O Concello de Ponteceso comezaba a segunda volta da mesma maneira que acabou a primeira, tocado polas lesións de varias xogadoras, o que fai que o equipo non consiga estar ó 100%. Despois dunha irregular primeira volta, chegaban a A Baña con ganas de comezar ben a segunda etapa do campeonato ligueiro levando os tres puntos para a vila de Pondal, pero as locais non llo iban poñer fácil. A primeira metade comezou co Ponteceso tendo o balón e coas locais esperando atrás, co que as pontecesanas tiñan a posesión pero sen apenas crear perigo. A medida que pasaban os minutos, as locais conseguían disputarlle a posesión ás visitantes facendo que o partido se convertise nun idas e voltas, pero con poucos tiros a portería. Tan só Rocío para as da Baña e Alba para o Ponteceso conseguiron que o balón chegase ás porteriás contrarias, con dous tiros ó pao de cada unha. Foi nos últimos 5 minutos do primeiro tempo cando as xogadoras de Barca e Curro tiveron máis oportunidades de poñerse por diante no marcador, con dous tiros de Alba que pasaron rozando o pao e cunha clara dobre ocasión de gol que nin Alba nin Martina logran materializar. A última en intentalo foi Sandra, que nos últimos minutos manda o balón por riba da portería tras un tiro desde a frontal da área. Ían así cara o vestiario coas tablas no marcador.

O segundo período comezou co Ponteceso máis metido no partido, subindo a defensa e roubando o balón no campo contrario, o que lle creou varias ocasións de gol nos primeiros minutos que non aproveitaron. A pesar da presión das pondalianas, as xogadoras de Ignacio non baixaron os brazos e intentaban chegar á portería defendida por Bea. Nun saque de córner tras un tiro de Andrea que rexeita Ana, a mesma Andrea conseguía poñer ó seu equipo por diante no luminoso cun bo tiro ó que non pode chegar Bea. A partir deste gol, encerráronse atrás as locais e o partido foi un ataque contínuo das pontecesanas, que vían como tiro tras tiro, o balón non entraba na portería. Pero no minuto 45, Ana rouba un balón no medio do campo e, tras unha

boa contra, remata a xogada cun bo tiro poñendo o empate no marcador. Dous minutos despois, era Sandra a que volvía a roubar o balón no campo contrario e cunha boa xogada individual conseguía remontar o partido a favor do Concello de Ponteceso. Pero non sería o último tanto, xa que nos últimos segundos, Ana culminaba a remontada poñendo o 1 a 3 final no luminoso tras un despexe da meta local a un disparo de Laura. Cinco últimos minutos de infarto nos que conseguían a vitoria as pondalianas que, a pesar de non facer un bo partido, con ganas conseguiron darlle a volta ó marcador, acadando así os 3 puntos que as deixan sextas na táboa clasificatoria.

A próxima xornada o Concello de Ponteceso enfrontarase ó Grupo Work, partido que terá que ser aplazado por non dispoñer de pavillón debido á Motofesta que se celebra en Ponteceso esa fin de semana.

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172