Xornada 16

03.03.2014 17:42

Partido correspondente á 16ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 01 de Marzo ás 20:00 da tarde no Pavillón Municipal Corme, entre o Concello de Ponteceso FSF e o A Fervenza FSF “B”, con resultado de 3-3.

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF:  Salomé, Ana, Martina, Carla e Carmen – tamén xogaron – Sandra, Zeltia e Bea.

A FERVENZA FSF “B”: Carla, Andrea de Paz, Raquel F, Raquel R e Andrea R – tamén xogaron – Natalia, Candela e María.

Árbitros: Roberto Martínez Pena (árbitro) e Paula Garrido Brandón (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.
Amoestaron a Martina por parte local e Raquel F polas visitantes.


Goles:   0-1.- Zeltia
  1-1.- Natalia
  2-1.- Carla
  3-1.-Carla
  3-2.- Natalia
   3-3.- Andrea R.

 

Partido emocionante o vivido a tarde do sábado en Corme, no que as pontecesanas se enfrontaban ás segundas clasificadas da Liga.

Empezaron moi fortes as visitantes, moi metidas no partido e cunha intensa presión a toda a pista que facía que as pontecesanas non puideran saír con claridade co balón xogado, facendo que tiveran as ocasións máis claras nos primeiros minutos, como un balón ó pao que manda Andrea. Pero co paso dos minutos a intensidade foi disminuíndo, o que dou paso a un maior control do balón das pontecesanas, que xa se iban achegando máis á portería rival. Nunha boa contra tras un roubo de balón de Sandra, Zeltia abria o marcador a favor das locais. Pero este gol, lonxe de conseguir que as ferrolanas se viñeran abaixo, fixo que volverán á presión dos primeiros minutos. Esta presión fixo que lles fose máis fácil roubar o balón en varias ocasións, creando moito perigo na portería pontecesana con dous disparos ó pao e dous mans a mans que a meta local Salomé consegue salvar con dúas boas actuacións. A pesar destes erros na definición, eran as da Fervenza as que seguían tendo o control do partido e, a 5 minutos do final da primeira metade, vían o seu esforzó recompensado cun gol de Natalia. O empate fixo reaccionar ás xogadoras de Barca e Curro, que nos últimos minutos tiveron un par de oportunidades para volver adiantarse no marcador, con uns tiros de Carla e Ana, e o desta última pasa rozando o pao. Así concluía a primeira metade.

O segundo período comezou ó contrario do primeiro, coas pondalianas co control do balón e xerando as ocasións de perigo. Ós 5 minutos, Carmen rouba o balón e monta unha contra que ela mesma remata, pero a portería visitante desvía o balón a córner. A intensidade do Ponteceso non disminuía, e no minuto 32, Ana sae co balón xogado e dalle un bo pase a Carla que, tras unha boa xogada individual, anota o segundo tanto volvendo adiantar ó seu equipo no luminoso. As visitantes intentaban chegar á portería defendida por Salomé, pero tan só o lograron mediante un tiro de falta que ataxa sen problemas a porteira pontecesana. Era o equipo local o que aumentaba a vantaxe no marcador na seguinte xogada, cun pase de Zeltia e Carla e esta fixo que o balón traspasase a meta visitante por terceira vez. Quedaban 10 minutos para o remate do encontro e as ferrolanas volveron subir a presión e, nun saque de banda que lle correspondía ás locais, as da Fervenza con picardía sacaron sen que  ninguén o impedise e no tiro, Natalia acortaba distancias co 3-2. Esto enfadou ás pondalianas, que non vían xusto que ese gol fose dado por válido, pero non puideron facer nada. O acoso das da Fervenza contra a portería local non cesaba, lanzando incluso outro balón ó pao. E a falta de 2 minutos para a conclusión do partido, Andrea poñía o 3-3 final cun tiro desde fóra da área. Pero ainda tiveron unha oportunidade máis as pontecesanas para gañar o partido, pero o tiro de Carla a falta de 20 segundos para o final foi despexado pola porteira visitante.
O partido deixou ó Ponteceso FSF cun sabor agridoce, posto que estiveron moi cerca de conseguir a vitoria. Pero o esforzo mostrado valiu para acadar un punto contra as segundas clasificadas, punto que acerca ás pondalianas un pouco máis ás cuartas e quintas clasificadas.

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172