Xornada 19.

31.03.2014 16:24

Partido correspondente á 19ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 29 de Marzo ás 16:00 da tarde no Pavillón Novo Mesoiro, disputado entre o Espartanas F.S. e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 2-3 para as visitantes.

 

ESPARTANAS F.S.: María, Marta, Carmen, Laura e Rebeca – tamén xogaron – Ana, Adriana e Guadalupe.

 

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF:  Salomé, Ana, Martina, Carla e Sandra – tamén xogaron –Laura e Bea.

 

Árbitros: Rafael Plaza Casique árbitro) e Fernando Barrós Naveira(cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.
Amoestaron a Laura e María por parte local.


Goles:  0-1.- Martina
  1-1.- Laura
  2-1.- María
  2-2.- Laura
  2-3.- Laura

 

Comezou o encontro cos dous equipos á espera do que facía o rival, con calma e sen presionar arriba, pero roubando fácilmente o balón o Concello de Ponteceso, que era o que dispoñía das primeiras oportunidades da adiantarse no marcador por medio de Sandra, que manda un tiro ó pao, e Martina. Co paso dos minutos, eran as xogadoras pontecesanas as que iban tendo o control do partido, tocando o balón e xerando máis ocasións e, nun roubo de balón de Martina no campo contrario, ela mesma quedaba soa contra a porteira coruñesa e encargábase de marcar o primeiro gol da tarde para o equipo visitante. Despois do gol, intentaban ter máis o balón as Espartanas, que se iban achegando cada vez máis á portería rival, pero sen transformar as oportunidades que tiñan,ó igual que as pondalianas, que non se encerraron atrás e tiveron máis oportunidades para aumentar a vantaxe, como outro tiro de Sandra ó pao. Pero iban ser as coruñesas as que poñerían de novo as táboas no marcador, cun tiro de falta que Salomé non logra atrapar. E, un minuto antes de que a bocina mandase ós equipos cara os vestiarios, volvían adiantarse as Espartanas con outro tiro de falta e cun extraño e incomprensible erro da meta Salomé, ó que deixaba o partido no descanso co 1-2 no luminoso.
 

No segundo período saíron presionando arriba as xogadoras de Barca e Curro, para non deixar saír co balón xogado ó rival e para intentar roubar o balón no campo contrario, como xa sucedera na primeira metade. Ós poucos minutos da reanudación e, tras un saque de córner, era Laura a que marcaba para as pontecesanas e volvía a empatar o encontro. Non baixou a intensidade con este gol o equipo visitante, xa que quería volver para a terra de Pondal con 3 puntos. Carla e Ana tiveron a oportunidade de volver a adiantarse no marcador, pero era outra vez Laura a que o conseguiría tras un bo saque de porta de Bea, que entrara na segunda metade no sitio de Salomé. Co 2-3 no marcador relaxouse o equipo pontecesán, no que o cansancio e os poucos cambios se iban notando máis co paso dos minutos, e eran as Espartanas as que presionaban arriba intentando roubar o balón e ocasionar perigo á portería defendida por Bea, pero ainda con esa presión, non conseguían xerar ocasións claras ante a boa defensa pondaliana. No último minuto eran as visitantes as que puideron aumentar a distancia final, nun dous contra un de Carla e Laura contra a meta local, pero o tiro de Carla é desviado sen problemas pola porteira e así remataba o partido, co marcador 2-3 a favor do Concello de Ponteceso FSF, que sigue sexto na clasificación e cun partido menos, posto que ainda non se disputou o aprazado contra o Fisober FSF “B”

 

 

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172