Xornada 15

24.02.2014 13:32

Partido correspondente á 15ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 22 de Febreiro ás 18:00 da tarde no Pavillón Municipal de Santa Irene en Porto do Son, disputado entre o C.D. Portosín e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 2-3 para as visitantes.

C.D. PORTOSÍN: Noelia, Judit, Rebeca, Lorena e Virginia – tamén xogaron – Sara, Xulia, Nancy e Diana.

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF:  Salomé, Ana, Martina, Carla e Sandra – tamén xogaron – Carmen, Zeltia e Laura.

Árbitros: Victoria Mosquera Enjamio (árbitro) e Maryluz Mendoza Escalona (cronometrador), ambos do Comité Técnico de Santiago.
Amoestaron a Lorena por parte local e Martina polas visitantes.


Goles:   0-1.- Carmen
  1-1.- Xulia
  2-1.- Xulia
  2-2.- Carmen
  2-3.- Martina

 

Partido moi emocionante o vivido na tarde do sábado no municipal de Santa Irene, xa que se enfrontaban dous equipos que aspiran a facer cousas importantes nesta liga.
Empezaron moi fortes as locais cunha intensa presión a toda a pista que facía que as pontecesanas non puideran saír con claridade co balón xogado e só podían facer dano nalgunha contra. A pesar disto, as rapazas de Barca e Curro non lle perderon a cara ó partido e seguiron a facer o seu xogo combinativo e, gracias a unha boa xogada trenzada polas súas integrantes, Martina conseguía rematar no segundo pao, no que a porteira desviou e fixo que Carmen quedara soa e rematara a pracer ó fondo da portería, conseguindo para as visitantes o primeiro gol da tarde.
Isto fixo reaccionar ás locais que empezaron a crear certo perigo ante unha acertada Salomé na portería visitante, que solventou sen moito problema esas ocasións. O partido seguía nun toma e daca e a falta de 3 minutos para rematar a primeira metade, cunha falta a un par de metros da área das pontecesanas, as locais conseguían facer o empate despois de que o esférico fose rexeitado pola barreira e colándose entre as pernas de Salomé.
Para colmo das pondalianas, a falta de 20 segundos para o descanso, cometían a sexta falta e isto fixo que as locais conseguirar ir para os vestiarios con 2 a 1 no marcador gracias a un dobre penalti ben executado.

 


A segunda metade é digna de admirar polo esforzo das da terra de Pondal, xa que pese ó mazazo dos últimos minutos da primeira parte, saíron moi motivadas e metidas no encontro.

Comezou dominando o Ponteceso con boas xogada e con moito perigo para a porteira local, e desta vez as que non conseguian saír co balón xogado eran de Porto do Son. Froito disto, Martina de novo conseguía darlle unha boa asistencia a Carmen para que esta puxera outra vez as táboas no luminoso nun tiro cruzado raso no que a porteira apenas puido facer nada. A partir de aquí o partido enloqueceu con ocasións para os dous conxuntos, pero o que conseguiu dar a machada foron as pontecesanas nunha boa xogada individual de Martina, que levaba a delicia ó vestiario visitante.
A remontada das pontecesanas puso en xaque ás locais que, a falta de 9 minutos para o remate, puxéronse a xogar de 5 metendo á porteira xogadora. Gracias á gran labor defensiva das pondalianas, que fixeron un muro diante da súa portería, as locais vían como o tempo transcurría e os froitos non chegaban e, a falta de 1 minuto para o remate, a piques estiveron de poñer de novo o empate no marcador, pero o balón dou no polo largueiro, que desta vez axudou á xusta vitoria das pontecesanas.
Cabe destacar esta victoria polo gran encontro que fixeron as rapazas de Barca e Curro, xa que acudian en cadro ó encontro polas numerosas baixas ante un Portosín que só perdera dous encontros no que vai de liga.

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172