Convocatoria Selección Coruñesa

24.04.2014 15:28

Un ano máis, a Selección Feminina Cadete de A Coruña conta con varias xogadoras do Concello de Ponteceso FSF na súa preselección para disputar o Campionato Territorial. As escollidas foron as malpicana Bea Lista (porteira), a carballesa Carla Varela (cierre) e a cormelana Zeltia Bello (ala), en idade cadete e xogadoras do primeiro equipo, das que Bea e Zeltia xa foran preseleccionadas o ano pasado. Pero non son as únicas, posto que tamén foi preseleccionada a pontecesana Saray Muiños, xogadora en idade infantil pero que entrena co primeiro equipo. Todas as xogadoras formaban parte do filial que o equipo pontecesán tivo ata esta temporada, na que xa a maioría das xogadoras pasaron a formar parte da primeira plantilla. Tanto Carla como Zeltia están facendo unha boa temporada no seu primeiro ano na Liga Provincial, ó igual que Bea, que debido a unha lesión nunha man, participou nalgúns partidos como xogadora de campo, pero tanto de xogadora como de porteira fixo unha boa temporada, da que xa só lle quedan dous partidos, que disputarán esta fin de semana contra o Vila de Cee e o aprazado contra o Fisober “B”.

Desde o equipo, tanto compañeiras como corpo técnico, pensan que ten moito mérito esta convocatoria, xa que é o primeiro ano que as rapazas compiten en liga federada, e deséxanlles moita sorte nesta nova oportunidade.
 

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172