Xornada 20.

07.04.2014 14:51

Partido correspondente á 20ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 05 de Abril ás 16:00 da tarde no Pavillón Municipal Ponteceso, entre o Concello de Ponteceso FSF e o CD Estradense, con resultado de 2-5..

 

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF:  Salomé, Ana, Martina e Sandra – tamén xogaron – Carmen, Laura, Bea e Zeltia.
 

CD ESTRADENSE: Miriam, Eva, Laura, Maria Luz e Olaya – tamén xogaron – Magali, Vanessa, Alba, Cristina e Miriam.
 

Árbitros: Victoria Enjamio Mosquera (árbitro) e Maryluz Mendoza Escalona (cronometrador), ambos do Comité Técnico de Santiago.
Amoestaron a Martina por parte local e Vanessa e Maria Luz pola visitante.


Goles:   Ana para o Ponteceso.
    Magali (2), Maria Luz, Eva e Alba para o Estradense.

 

Enfrontábanse as pontecesanas ás líderes da liga que, de gañar este partido, xa serían as campeonas. Por este motivo, saíu moi enchufado o Estradense, indo a polo partido desde o minuto un, presionando arriba ó Ponteceso e levando o control do balón. Nos primeiros minutos non conseguía saír co balón xogado ó equipo pontecesán debido á gran presión das da  Estrada, que aprobeitaba cada chegada á portería para intentar adiantarse no marcador. O aviso máis claro foi un tiro ó pao no minuto 10. E non tardou en chegar o tanto, pois dous minutos despois e tras xogada de falta, chegaba o gol que levaban buscando desde o principio. A pesar do gol non baixaron a presión e tiveron varias ocasións para aumentar a vantaxe, pero pouco a pouco as pondalianas iban manexando máis o balón e chegando algunha vez á área rival. A dous minutos para o descanso, chegaba o empate cun tiro cruzado de Ana despois dunha xogada dela con Carla. Parecía que ese podía ser o resultado co que se iría cara os vestiarios, pero a 10 segundos para rematar a primeira metade, o Estradense volvía adiantarse no luminoso mediante un tiro desde fóra da área que non logra desviar Salomé.


O segundo período foi máis do mesmo, coas visitantes atacando e presionando arriba desde o principio, e así chegou o tempraneiro gol que facía o 1-3, cun gol de rechace tras a primeira parada de Salomé. Pero non se viñan abaixo as xogadoras de Barca e Curro, que tiñan máis o balón do que o tiveran na primeira metade, pero sen xerar ocasións claras de perigo. Só Ana foi quen de bater outra vez a portería rival, desta vez cun tiro raso e pegado ó pao despois dun saque de banda, gol que recortaba distancias para as pontecesanas. Ás da Estrada non lles valía ese resultado e seguiron coa mesma presión e tirando a portería cada vez que se achegaban. Nunha xogada embarullada na área pontecesana, o Estradense facía o cuarto, tras non conseguir sacar o balón da área a defensa. E non sería o último, pois a 5 minutos do final, as estradenses sentenciaban o partido co quinto gol tras non entenderse Ana e Salomé no despexe do balón. Nos últimos minutos do partido e co Estradense xa máis relaxado e sen presionar arriba, tiveron ocasións ambos equipos, pero sen lograr materializalas. Acababa así o encontro co 2-5 no marcador, que proclamaba ó CD Estradense campión da Liga Provincial.
 

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 172