Xornada CATORCE
Boas!! Facía moito q non se pasaba por aquí (problemas técnicos)!
Desde que non actualizamos esto pasaron xa 4 xornadas de liga,das cales o balance non foi moi bo. Comezamos a segunda volta cunha dura derrota na casa contra o Mabegondo (1-4), seguido doutra derrota contra o 5 Coruña no partido disputado en Novo Mesoiro. A seguinte xornada xogamos na casa contra as Espartanas, partido duro pero que conseguimos gañar por 2 goles a 1. E a xornada anterior tocounos descansar.
Nesta xornada tocounos ir xogar a Carral contra o Fame Negra, un partido que non podíamos perder se queríamos seguir loitando polo 3º posto. O día non empezou moi ben xa que tivemos varios contratempos, pero no campo a cousa foi mellorando pouco a pouco. Comezamos perdendo 1-0, gol que marcaron as locais as 10 minutos do final da primeira parte. Pero na segunda parte saímos con máis ganas, sabendo que non podíamos deixar escapar os 3 puntos, e tras un contragolpe Sandra conseguiu anotar o empate a 1. Dous minutos despois e tras outra xogada, Carmen conseguiu anotar o gol que nos poñía diante no marcador. As locais tiveron varias ocasións que conseguimos cortar e que parou a nosa porteira, Salomé. E nunha destes roubos de balón e noutro contragolpe, Alba despois dunha xogada individual consigue meter o 3º cun tiro que da no poste e entra. Pouco nos durou a alegría que 3 minutos despois as do Fame Negra meteron o segundo, despois de varios intentos e paradas de Salomé conseguiron marcar nun rechace da porteira. Queban 5 minutos para o final e o marcador estaba apretado, pero Carmen, outra vez e a 3 minutos do final, marcou o 4º que nos deixaba xa respirar algo tranquilas.E este 2-4 foi o marcador final.
Sobra decir que non foi o noso mellor partido, pero a pesar de ter varios factores en contra, conseguimos un bo resultado e 3 puntos moi importantes para seguir arriba na clasificación.
O próximo partido é a semana que ven en Ponteceso contra o Esteirana.
E por último, antes de poñer os resultados e a clasificación, vou poñer unhas palabras que dixo un grande,moi grande, do fútbol.
"Mis padres me enseñaron tres cosas fundamentales: que para poder estar orgulloso de ti mismo y ser alguien hace falta trabajar; que es preciso actuar con seriedad y que debes respetar a los demás para recibir respeto a cambio. TRABAJO,SERIEDAD Y RESPETO. Si haces estas tres cosas,podrás ser alguien en la vida." Zinedine Zidane.
Todos a tomar nota! Que a el con esas bases non lle foi mal de todo...
Resultados e Clasficación
Fame Negra 2-4 C.de Ponteceso FSF
Esteirana --- Espartanas
V. Amarella 1-3 5 Coruña
Manureva 6-0 Mabegondo
Descansa Fisober FSF B.
Equipo Jugados Ganados Empates Perdidos GolesFavor GolesContra Puntos
BeArt 5 Coruña F.S. 13 11 0 2 60 16 33
Manureva Suevos 11 11 0 0 81 10 33
C.D. Mabegondo 12 7 0 5 28 25 21
Concello de Ponteceso F.S.F. 12 7 0 5 29 26 21
Esteirana 11 5 1 5 23 21 16
Viaxes Amarelle F.S. 11 3 2 6 18 38 11
Espartanas F.S. 11 3 1 7 16 35 10
Fisober F.S.F. "B" 12 2 0 10 12 47 6
C.D. Fame Negra 13 1 2 10 15 64 5
Encuesta
¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?
Votos totales: 192