Xornada 25. ASCENSO CONSEGUIDO!!!!!

04.05.2015 18:40

Si!Si!Si! O ascenso xa está aquí!! GRANDE EQUIPO!!! VAMOS PONTE!! Novo equipo da Liga Autonómica!!


Partido correspondente á  25ª xornada da liga Provincial Feminina de A Coruña disputado o domingo 3 de maio de 2015 no Pavillón Municipal de Cruces entre o Cruces FSF e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado final de 1-3.

CRUCES FSF: Carmen, Ana, Silvia, Cruz e Paula - tamén xogaron - Giselle


A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Noa, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Elsa , Cintia e Martina

Árbitros: Rubén García Montoiro (árbitro) e Yayo Pájaro Gómez (cronometrador) ambos do Comité técnico de Santiago.

Amoestaron a Ana por parte local e Martina por parte visitante.


Goles: 1-0.- Silvia (min.5)

            1-1.- Carmen (min.8)

            1-2.- Cintia (min.12)

            1-3.- Elsa (min. 33)


 

Segundo partido de liga en 3 días para as pontecesanas, que viñan de empatar a 2 na casa contra Cafetería Meca no partido aprazado da xornada 22, que disputaron o venres 1 de maio.

 Saían enchufadas e presionando arriba dende o pitido inicial e intentando ter o control do xogo, mentras que as locais estaban encerradas atrás e baseando o seu xogo nos balóns en largo e as contras. No minuto 5 chegaría o primeiro tanto do encontro, pois Salomé erraba nun tiro de Silvia, que acababa mentendo o balón na súa propia portería, valendo o gol para o Cruces. Co marcador en contra non cambiaron o ritmo de xogo as pondalianas, que seguían xerando ocasións e, sería Carmen a que, tras un pase de Cintia, poñía as táboas no luminoso. A partir do empate comezaron a impacientarse as locais, indo ó límite en cada xogada con duras entradas sobre as da vila de Pondal. Tras unha dura entrada a Sandra, Noa sacaba a falta e Cintia controla,xírase e fai o segundo para o Ponteceso, tanto que casi non celebran pola preocupación polo estado de Sandra. Ainda quedaba moito para que rematase a primeira metade, pero ningún dos equipos conseguía materializa-las ocasións. Probaban as locais coas contras, pero a boa defensa pontecesana impedía que chegasen á portería. Irían cara os vestiarios co 1-2 no marcador.

No segundo período non cambiarían as cousas. As xogadoras de Barca e Curro dominando o encontro sen fortuna de cara o gol e as de Vila de Cruces cos balóns en largo sen crear perigo. Volvían a ter ocasións as pontecesanas. Cintia e Noa probaba de lonxe, pero sen fortuna. Sería a 7 minutos do final cando Elsa faría o terceiro, de xogada ensaiada tras un saque de córner de Cintia. Non se conformaban tampouco as xogadoras locais, que o seguían intentando con balóns en largo e con tiros desde fóra da área, ademais de seguir co xogo duro vendo a permisividade do colexiado. Pero todos os intentos por que o Ponteceso non conseguise a vitoria foron en vano, pois chegaría o final co 1-3 no marcador, conseguindo así o equipo pontecesán os 3 puntos que lle dan, matematicamente, o ascenso á Liga Autonómica, xa que o primeiro clasificado, o Viaxes Amarelle FSF C, non pode subir de categoría por estar na misma o filial B do Viaxes Amarelle.

Na vindeira e última xornada de Liga o Concello de Ponteceso enfrontarase ó Troula FSF en Ponteceso, onde poderán celebrar o ascenso, tras tan só 5 anos de existencia do clube, coa súa afición!

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 167