Xornada 24

27.04.2015 12:26

Punto moi importante!! Moitas gracias a todos os que viñestes apoiar!! Seguimos aí! Vamos Ponte!!! 

Crónica correspondente á 24ª xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 25 de abril ás 19.00 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Viaxes Amarelle FSF C e que acabou con 1-1 no marcador.

A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Noa, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Cintia, Elsa e Martina.

VIAXES AMARELLE FSF C: Aida, Rosalía, Tatiana, Goretti e Marta- tamén xogaron - Mónica, Paula, Marta e Ana

Árbitros: Jose Manuel Carreira Romero (árbitro) e Jose Fernández Vázquez (cronometrador), ambos do Comité Técnico de A Coruña.
Amoestaron a Sandra por parte local e a Marta pola visitante

Goles: 0-1.- Tatiana (min.9)

            1-1.- Sandra (min.21)

Magnífica afluencia de público no Municipal de Ponteceso, que contou coas gradas cheas para disfrutar dun bonito partido de fútbol sala.

Empezaron as pontecesanas o partido cun cambio de planteamiento con respecto ó resto de partidos, esperando en medio campo moi concentradas sen deixarlle espacios ó Amarelle para circular o balón con facilidade, xa que é unha das virtudes deste equipo. Nos primeros minutos as visitantes xeraron unhas cantas ocasións sen moito perigo, con tiros que saían pola liña de fondo ou paraba Salomé sen problema. Pasaban os minutos e o Ponteceso comezaba a sentirse cómodo e a ter as primeiras ocasións. Nun roubo de balón, Cintia corre cara a portería rival e pasa ó segundo pau a Sandra, pero a porteira coruñesa intercepta o balón. A pesar de dispoñer dalgunhas ocasións as pondalianas, eran as herculinas as que tiñan o mando do partido xerando máis ocasións e chegando con máis perigo. E sería no min 9 cando, no único erro das locais en defensa, Tatiana facía o primeiro gol. Pasaban os minutos e ningún equipo lograba chegar con claro perigo á portería rival. Acabaría a primeira metade cunha xogada ensaiada de saque de portería en largo das pontecesanas que case da a sorpresa, controlando Ana no borde da área e o disparo sairía desviado por centímetros. Iría cara os vestiarios por detrás no marcador, pero con boas sensacións o conxunto dirixido por Barca e Curro.
Saíron as de Ponteceso confiadas nas súas posibilidades no segundo período e non tardaría en dar os seus frutos esa confianza, pois non pasaría un minuto cando, nunha xogada combinativa, Sandra recibe o balón no medio, pivota e tira a portería marcando o gol local nunha xogada perfecta de fútbol sala. Tempraneiro gol que premiaba o bo comezo do conxunto pontecesán, que comezaba a segunda metade co marcador a 1-1 e aproveitando o desconcerto das visitantes. Tería moitas ocasións durante 10 minutos o Ponteceso. Nunha contra Sandra controla e encara pasándolla a Carmen, que non duda en tirar e o balón pasa rozando o pau. De seguido, Noa e Elsa tamen probarían o disparo desde lonxe. Seguían estando moi concentradas atrás e perigosas diante, pero non chegaba o segundo gol. Os últimos 5 minutos serían de infarto, as locais sufrían os nervios do rival, que vía que esta xornada non poderían celebrar a liga e sería no último minuto cando unha ocasión delas case enmudece o pavillón, pero a pelota saía pola liña de fondo. Remataría o encontro co 1-1 no electrónico e moi contentas polo traballo ben feito as locais, que seguen sumando e, con este punto, xa conta con 47 o Concello de Ponteceso, que segue segundo a 3 puntos do terceiro e a falta de tres xornadas para o remate da liga. O próximo partido será o venres en Ponteceso ás 19.30, onde disputarán o encontro contra Cafetería Meca da xornada aprazada pola folga da federación.E na vindeira xornada vaixarán a Vila de Cruces onde se enfrontarán a outro rival complicado, pero de onde esperan volver cos tres puntos para ter un pasiño máis cerca o seu obxectivo.

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 167