Xornada 23

20.04.2015 20:36

A seguir así,nenas!!! 


Partido correspondente á  23ª xornada da liga Provincial Feminina de A Coruña disputado o sábado 18 de abril de 2015 no Pavillón Municipal de Cee entre o FSF Villa de Cee e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado final de 2_3.

FSF VILLA DE CEE: Adriana, María, Andrea, Alba e Carla - tamén xogaron - Marta e Sandra.


A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Noa e Sandra - tamén xogaron - Carmen, Cintia, Elsa e Carla.

Árbitros: Roberto Martínez Pena (árbitro) e Paula Garrido Brandón (cronometrador) ambos do Comité técnico de A Coruña.

Amoestaron a Noa e Sandra por parte visitante.


Goles: 0-1.- Carmen

            1-1.- Andrea

            1-2.- Cintia (descanso)

            2-2.- María

            2-3.- Elsa


 

Volvía a liga provincial feminina esta fin de semana despois de dúas semanas de parón.

 Saían enchufadas desde o primeiro momento as pontecesanas, presionando arriba dende o principio e intentando ter o dominio do balón. Ían creando perigo as visitantes con bo xogo, ó que as locais respondían con balóns en largo para que Andrea os pelexara. O primeiro tanto do partido faríao Carmen para o equipo pontecesán, que remataba dentro da área un bo pase de Cintia tras xogada individual pola banda. Co marcador a favor, seguiron co mesmo ritmo de xogo as pondalianas, ó igual que as da vila de Cee, que seguían intentándoo cos balóns en largo. Nun destes balóns, Andrea consigue controlar de espaldas e irse da defensora e cun bo tiro batía a Salomé e poñía o empate no luminoso. Seguían xerando ocasións as da vila de Pondal, pero sen ser capaces de materializalas. Sería Cintia a que, tras xogada combinativa do equipo, se facía co balón e volvía poñer por diante ó Ponteceso cunha boa xogada. Co 1-2 no electrónico irían cara os vestiarios.

O segundo período seguiu na mesma liña. As xogadoras de Barca e Curro dominando o encontro sen fortuna de cara o gol e as ceenses cos balóns en largo, intentando sorprender á defensa rival e creando moito perigo. Tras un despexe da defensa, que mandaba á banda un balón en largo, chegaría o segundo tanto do Villa de Cee. María poñía as táboas no marcador rematando no segundo pao tra-lo saque de banda, gol un tanto polémico por unha suposta man da mesma María no control do balón que o colexiado non vería. O empate non lle valía as pondalianas, que non baixaron os brazos e tras un remate de córner, Elsa facía o terceiro do Ponteceso. Non se conformaban tampouco as xogadoras locais, que o seguían intentando con balóns en largo e con tiros desde fóra da área, pero o de Elsa sería o último tanto do encontro e o que lle daría os tres puntos tan valiosos ó Concello de Ponteceso FSF, que segue segundo na táboa clasificatoria con 46 puntos, 5 máis que o terceiro clasificado,o Beart 5 Coruña, e a 8 puntos do líder, o Viaxes Amarelle FSF, ó que se enfrontarán na seguinte xornada

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 167