Xornada 19

10.03.2015 11:44

A seguir loitando!! Grande equipo!!




Partido correspondente á  19ª xornada da liga Provincial Feminina de A Coruña disputado o sábado 7 de marzoo de 2015 no Pavillón Municipal Pedra Moa entre o S.D. A Baña e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado final de 0-6 para as pontecesanas.


S.D. A BAÑA: Maria Celsa, Lidia, Lucía, Nerea e Daniela- tamén xogaron - María e Estefanía.


A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carla e Sandra - tamén xogaron - Elsa, Cintia, e Isabel.


Árbitros: Maryluz Mendoza Escalona (árbitro) e Melanie Mendoza Escalons (cronometrador) ambos do Comité técnico de Santiago.

Amoestaron a Cintia e Sandra por parte visitante.


Goles: 0-1.- Martina (min.4)

            0-2.- Carla (min.8)

            0-3.- Martina (min.15)

            0-4.- Sandra (min. 21)

            0-5.- Ana (min. 30)

            0-6.- Carla (min. 35)

 

Afrontaban este partido as pontecesanas con varias baixas e pensando que non podían perder os 3 puntos se querían seguir cerca do segundo clasificado. Saíron ó partido concentradas e presionando arriba dende o pitido inicial, presión que non cesaría nos 40 minutos, e evitando que o rival se fixese co balón. Ós 4 minutos do encontro, Martina abría o marcador cruzando o balón ante a saída da porteira despois dun bonito control. Con este tanto animáronse máis as pondalianas, que comezaron a xerar contínuas ocasións de gol. Martina e Carla tiveron o segundo tanto nos seus pes, pero ambos tiros foron desviados. Non sería así na seguinte ocasión que tiña Carla, pois desta vez si conseguía enviar o balón á rede rematando no segundo pau un pase de Cintia tras unha xogada combinativa. Seguían acercándose as de Ponteceso á portería rival case sen dar tregua e privando ás da Baña do balón en todo momento. Cintia animábase a encarar ás locais e, tras unha bonita xogada na que se librou de todas as contrarias, déixalla a Martina no segundo pau para que esta faga o terceiro. Quedaban 5 minutos para que rematase a primeira metade e as xogadoras de A Baña intentaban acortar distancias, pero non conseguían crear perigo de cara á portería defendida por Salomé, polo que chegaba o descanso co 0-3 no luminoso.

De volta dos vestiarios non cambiaría a cousa. Ós poucos segundos, Sandra ampliaba a vantaxe para o conxunto dirixido por Barca e Curro, rematando no punto de penalti outro pase de Cintia. A pesar do avultado do marcador, non baixaban a intensidade as da vila de Pondal, que seguían facendo un bo xogo e chegando con facilidade á área rival. Sandra tiña outra clara que manda fóra. Tamén dispoñía doutra Martina, que tamén se vai fóra por pouco. Sería ela quen, despois dunha boa xogada pola banda, lla deixa a Ana para que faga o quinto. Tamén sería Martina a que comezase a xogada do sexto e último tanto cun roubo de balón no seu campo, que Cintia sube e lle deixa a Carla para que a meta entre os tres paus. Despois deste ainda habería máis ocasións para aumentar o resultado, pero sen lograr que o balón traspasase outra vez a liña de meta. Remataba o encontro coa goleada das pontecesanas tras un bo partido do equipo, que iba para Ponteceso satifeito co traballo realizado e con 3 puntos que as sitúan no segundo posto da táboa clasificatoria tra-la derrota do 5 Coruña.

Na vindeira xornada o Concello de Ponteceso FSF enfrontarase ás Espartanas FS no que seguro será un partido difícil e que se disputará no Pavillón Municipal de Ponteceso o sábado 14 ás 19.00

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 167