Xornada 17
Partido correspondente á 17ª xornada da liga Provincial Feminina de A Coruña disputado o sábado 24 de febreiro de 2015 no Pavillón Municipal de Carnota entre o Concello de Carnota-Lira FSF e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado final de 1-4.
CONCELLO DE CARNOTA-LIRA FSF: Lía, María, Alba, Sandra e Bárbara - tamén xogaron - Martina, María e Inés.
A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Carmen, Elsa e Sandra - tamén xogaron - Ana, Cintia, e Carla.
Árbitros: Victoria Mosquera Enjamio (árbitro) e Alejandro López Calvo (cronometrador) ambos do Comité técnico de Santiago.
Amoestaron a Martina e Salomé por parte visitante.
Goles: 0-1.- Cintia (min.10)
1-1.- Alba (min.15)
1-2.- Ana (min.17)
1-3.- Sandra (min. 25)
1-4.- Martina (min. 35)
Primeiro partido para as pontecesanas despois de 2 semanas de descanso.
Comezaban o partido esperando atrás, ó contrario que as locais, que empezaron dándoo todo, tocando o balón moito e ben. Nos primeiros minutos dominaron completamente as de Carnota, facendo que as pondalianas casi non visen nin á pelota. Pero ós 2 minutos comezaron presión arriba e, con iso, a disputarlle o balón e a crear ocasións. Pero ningún equipo conseguía abrir o marcador. Ata que Cintia despois de varios rechaces, a mete dentro facendo o 0-1 para as visitantes na metade do primeiro período. Pouco despois, Ana cédelle o balón á porteira Salomé e esta, nun despiste, cólleo coa man. Falta indirecta a favor das locais que tiran, a barrera ábrese e gol. Outra vez as táboas no luminoso. Pero pouco durarían, xa que ós dous minutos, Ana pon por diante outra vez ó Ponteceso cun tiro coa zurda a porta vacía,facendo que fosen ó descanso 1-2.
Na segunda parte cambiou todo. As xogadoras de Barca e Curro saíron a polo partido, xogando moito o balón e mellorando o xogo visto na primeira metade. Fruto deso, chega un golazo de Sandra dende fóra da area. Faltaban ainda 15 minutos para o final e non se daban por vencidas as do Concello de Carnota, que intentaban xerar ocasións,pero neste período apenas chegaban á portería rival. Pero aínda así,chegaríalles a oportunidade para acortar distancias cando o colexiado sinala penalti por man de Martina,pero Salomé evitou o segundo tanto das locais,despexando o tiro da 6. Faltando 5 minutos, Cintia colle o balón na súa area, recorre todo o campo esquivando a todas as contrarias que intentaban estorbar, dalla a Martina no segundo pau e esta non falla, facendo o cuarto para o Ponteceso tras a xenial xogada de Cintia. Nos últimos instantes seguíao intentando o Concello de Carnota FSF,pero o resultado non variaría,rematando así o encontro co 1-4 para o Concello de Ponteceso FSF. Outros 3 puntos que fan que o conxunto pontecesán siga terceiro na táboa clasificatoria,a 3 puntos do segundo clasificado e con un partido menos.
Na vindeira xornada as pontecesanas enfrontaranse ó Fisober B FSF no que seguro será un bonito duelo. O derbi disputarase no Pavillón Municipal de Ponteceso o sábado 28 ás 19.00
Encuesta
¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?
Votos totales: 194