Xornada 16
Partido correspondente á 16ª xornada da Liga Provincial Feminina Senior de A Coruña que se disputou a tarde do sábado 2 de marzo ás 20:00 no Pavillón Sagrada Familia de A Coruña entre o Viaxes Amarelle FSF B e o Concello de Ponteceso FSF e que acabou co resultado de 6-3 a favor das herculinas.
VIAXES AMARELLE FSF B: Carmen, María, Patricia, Cruz e Sara – tamén xogaron – Lara, Sandra, Ainhoa, Estela, Nuria e Amanda.
A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Ana, Sandra, Carmen e Martina - tamén xogaron - Alba Reyes e Alba Marrozos.
ARBITROS: José Manuel Fernández Fiuza (árbitro) e Jose A. Lamas Castro (cronometrador) ambos do Comité de árbitros de A Coruña.
Amonestaron a Cruz por parte das locais e a Alba Reyes, Sandra e Alba Marrozos por parte das visitantes.
GOLES: 0-1.- Sandra (min. 12)
1-1.- Laura (min.14)
2-1.- Cruz (min 19)
3-1.- María (min. 23)
4-1.- Ainhoa (min. 24)
4-2.- Ana (min. 25)
5-3.- Cruz (min. 31)
6-3.- Nuria (min. 36)
6-4.- Carmen (min. 40)
As pontecesanas chegaban a esta xornada con só dous cambios dispoñibles e con algunha xogadora tocada, ó contrario que as herculinas que contaban coas incorporacións de Cruz e María, baixadas do primeiro equipo, e que viñan de gañar por 0 a 4 ás Espartanas no partido aprazado disputado o mércores.
Comenzaron as locais presionando arriba ás xogadoras de Barca para impedirlles a fácil circulación de balón. As xogadoras de Suso Carreira estaban tendo ocasións sobre a portería das visitantes, pero non conseguían abrir o marcador. Foi o Concello de Ponteceso FSF quen, despois de varias oportunidades falladas, consigue poñerse por diante no marcador por medio de Sandra e tras un rechace da porteira local no minuto 12 de partido. Co 0-1 , o Viaxes Amarelle seguía presionando ás pontecesanas arriba e non as deixaban apenas ter o balón. Así foi como ós dous minutos do gol visitante conseguiu poñer as táboas no marcador nunha contra finalizada por Laura. A cinco minutos do final o bo xogo do Viaxes Amarelle B fixo que se adiantaran no luminoso, primeiro con un gol de Cruz nun disparo frontal de sete metros no minuto 19. María conseguía facer o terceiro tras unha boa xogada personal e con un tiro que toca nunha das xogadoras visitantes a dous minutos do final e, a falta de un minuto unha xogada de estratexia a raíz dunha falta conseguía poñer o 4-1 tras un gran disparo de Ainhoa. A pesar de que as herculinas levaban 3 goles de ventaxa , o Ponteceso non se dou por vencido e a falta de cuarenta segundos conseguiu recortar distancias con un bo disparo de Ana, chegando así ó descanso co resultado de 4-2 a favor das locais.
A segunda parte comezou igual que a primeira. O Viaxes Amarelle saíu do vestiario con ganas dos 3 puntos e ós seis minutos da segunda metade, conseguía o quinto tras un disparo de falta directa executado por Cruz. O Concello de Ponteceso non baixou os brazos e seguiu creando ocasións, pero o balón non conseguía traspasar a liña de gol para acortar distancias. E esto aproveitárono as locais, que conseguían poñer o 6-2 no marcador con un gol transformado por Nuria. As pondalianas non se daban por vencidas a pesar do resultado e seguiron loitando e presionando ó conxunto local. A nove minutos do final do encontro, Carmen consegue recortar distancias anotando o terceiro tras unha boa xogada e un pase de Sandra ó segundo pao, e con tempo para poder darlle a volta ó marcador. Ambos equipos competiron nos últimos minutos por subir tantos ó luminoso, pero nin as locais conseguiron aumentar a súa ventaxa nin as visitantes darlle a volta ó resultado para non perder os 3 puntos. Quedou así o marcador ó final do tempo reglamentario.
A pesar da derrota, o Concello de Ponteceso segue ocupando a terceira praza, ainda que aventaxando só en 2 puntos ó cuarto e quinto clasificado. O Viaxes Amarelle tras as dúas vitorias consecutivas consigue saír dos postos de abaixo colocándose en sexto lugar na táboa, tendo ainda opcións de quedar entre os catro primeiros.
A próxima fin de semana o Concello de Ponteceso F.S.F xogará o partido correspondente á xornada 17 o sábado 9 de marzo ás 18:00 en el Pavillón Municipal de Ponteceso, enfrontándose ó Manureva, que ocupa o primeiro posto en la táboa clasificatoria.
Resultados e clasificación:
Manureva 12 - 0 Espartanas
Esteirana 7- 1 Fame Negra
V.Amarelle 6 - 3 C. de Ponteceso
Fisober B 2 - 7 5 Coruña
Descansa: Mabegondo
Equipo Jugados Ganados Empates Perdidos GolesFavor GolesContra Puntos
Manureva Suevos 13 12 1 0 93 10 37
BeArt 5 Coruña F.S. 15 12 1 2 67 18 37
Concello de Ponteceso F.S.F. 14 8 0 6 34 32 24
Esteirana 14 7 1 6 32 27 22
C.D. Mabegondo 13 7 1 5 30 27 22
Viaxes Amarelle F.S. 13 5 2 6 28 41 17
Espartanas F.S. 14 3 1 10 17 53 10
Fisober F.S.F. "B" 14 2 1 11 16 56 7
C.D. Fame Negra 14 1 2 11 16 71 5
Encuesta
¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?
Votos totales: 192