XORNADA 15
Partido correspondente á 15ª xornada da Liga Provincial Feminina Senior de A Coruña que se disputou a tarde do sábado 23 de febreiro ás 18:00 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Esteirana e que rematou co resultado de 2-0 a favor das pontecesanas.
A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Ana, Sandra, Carmen e Martina - tamén xogaron - Alba Reyes, Alba Marrozos e Silvia.
ESTEIRANA: Maruxa, Inés, Merche, María del Carmen e Sandra – tamén xogaron- María.
ARBITROS: Borja Moreira Bermúdez (árbitro) e Fernando Barrós Naveira (cronometrador) ambos do Comité de árbitros de A Coruña.
Non houbo ningún amonestado.
GOLES: 1-0.- Carmen (min. 14)
2-0.- Carmen (min.36)
Chegaba nun bo momento o Esteirana tras gañar 3 dos seus últimos 4 partidos, ainda que con varias baixas e dispoñendo de un só cambio. As locais tamén chegaban nun bo momento a este partido, coas xogadoras ó 100% tras superar os problemas físicos das pasadas semanas e coas únicas baixas de Anabel e Chris por lesión. Ambos equipos sabían que non iba ser un partido fácil e que iba a estar moi igualado. As xogadoras de Barca (na grada por sanción) e Curro saíron a presionar arriba, mostrando desde un principio ás rivales que tiñan a intención de gañar o partido. Os dous equipos foron creando ocasións de gol, evitando as dúas porteiras que o balón traspasara a línea de meta. Foi no minuto 14 cando, tras unha xogada individual e un bo tiro cruzado, Carmen consigue anotar o primeiro gol do partido que daba a vitoria momentánea ó Ponteceso. As visitantes non baixaron os brazos e tiveron varias ocasións para marcar, pero Salomé evitou en todas elas que puideran conseguir o tanto do empate. A poucos minutos do final da primeira metade, Alba Reyes tivo unha clara ocasión para anotar o 2-0 e ir tranquilas ó descanso, pero o balón saíu rozando o pao. Chegábase así ó descanso co 1-0 no marcador.
A segunda parte foi un tira e afrouxa de ambos equipos, que seguiron na misma liña da primeira metade, creando algunha ocasión pero sin fortuna. As xogadoras visitantes efectuaron varios tiros a portería e tiveron varios man a man con Salomé, e esta evitou outra vez que empataran o partido. As locais tamén tiveron oportunidade de aumentar aínda máis a ventaxa no marcador con varios contragolpes, pero a mala puntería e a porteira visitante evitaron que eso sucedera. Pero no minuto 36 e noutro contragolpe, Carmen conseguía anotar o 2-0 tras un pase de Alba Reyes ó segundo pao, era o segundo tamén na súa conta e conseguía así a ventaxa necesaria no marcador que lles daba a tranquilidade de saber que os 3 puntos estaban máis cerca de quedarse na casa. A pesar do 2-0 en contra non se deron por vencidas as de Esteiro, que intentaban anotar un gol de todas as formas, efectuando varios tiros desde lonxe da portería. Pero chegou o final do partido coa portería das pontecesanas a 0.
A pesar de que non foi un gran partido do Ponteceso FSF, as xogadoras marcharon sabendo que cumpliron co obxetivo de gañar o partido e así poder colocarse no terceiro posto da tabla clasificatoria.
A vindeira fin de semana o Concello de Ponteceso F.S.F xogará o partido correspondente á xornada 16 o sábado 2 de marzo ás 20:00 no pavillón Sagrada Familia de A Coruña, enfrontándose ó Viaxes Amarelle FSF “B”, sabendo que non poden perder os 3 puntos se queren manterse na 3ª posición.
Gracias ás poucas persoas que foron apoiarnos neste partido tan importante!!! :D
Resultados e Clasificación
Concello de Ponteceso FSF 2-0 Esteirana
CD Mabegondo 2-2 Fisober FSF
5 Coruña FSF 0-0 Manureva
Espartanas – Viaxes Amarelle (aplazado)
Descansa Fame Negra
Equipo Jugados Ganados Empates Perdidos GolesFavor GolesContra Puntos
BeArt 5 Coruña F.S. 14 11 1 2 60 16 34
Manureva Suevos 14 11 1 0 81 10 34
Concello de Ponteceso F.S.F. 13 8 0 5 31 26 24
C.D. Mabegondo 12 7 1 5 30 27 22
Esteirana 12 5 1 6 23 23 16
Viaxes Amarelle F.S. 11 3 2 6 18 38 11
Espartanas F.S. 11 3 1 7 16 35 10
Fisober F.S.F. "B" 13 2 1 10 14 49 7
C.D. Fame Negra 13 1 2 10 15 64 5
Encuesta
¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?
Votos totales: 192