VOLTA DA SEMIFINAL

22.06.2015 21:25


ESTAMOS NA FINAL DA COPA!!! GRACIAS A TODOS OS QUE NOS VIÑESTES APOIAR UNHA VEZ MÁIS!!

Darémolo todo na final para intentar traer a copa para Ponteceso!

Aí vai a crónica. 


Partido correspondente á volta da semifinal de Copa Provincial de A Coruña disputado o sábado 20 de xuño de 2015 no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Cruces FSF, con resultado final de 3-4.


A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Carmen, Sandra e Cintia - tamén xogaron - Elsa, Noa e Carla.

CRUCES FSF:  Carmen, Ana, Paula, Mónica e Tania - tamén xogaron - Cruz.

Árbitros: Daniel González Araujo (árbitro) e Santiago Pena Loureiro (cronometrador) ambos do Comité Técnico de Ferrol.

Amoestaron a Elsa e Cintia por parte local e Tania, Mónica e Cruz por parte visitante.


Goles:  Carmen (2) e Cintia para o Ponteceso.

             Paula (2), Mónica e Tania para o Cruces.


Comezaba o encontro cun marcador que para nada estaba sentenciado para as locais onde, se querían chegar a ansiada final, terían que pelexar ata o final. O cruces esperaba en medio campo cunha defensa dura igual ca na ida, Sandra tería a primeira ocasión que acaba con tiro a portería a despexa a porteira a córner. Nunha xogada ensaiada, Carmen tira a portería e o balón vai de pau a pau sen lograr pasar a línea e evitándolle as locais adiantarse no marcador. Os primeiros minutos foron de ocasións para as pontecesanas, pero sen sorte na finalización. Sería nun fallo de control de balón onde as de Villa de Cruces aproveitan para bater a Salomé para poñerse 0-1 no min 7. As locais seguían tendo o control do partido e as ocasións máis claras, pero a sorte non estaba de cara para elas e nun despiste defensivo marcan o 0-2. Poñíase a eliminatoria complicada para as pondaliandas. Nunha saída de balón, Cintia consegue o 1-2 nun pase en largo de Elsa. Minutos de nerviosismo onde o equipo local non se acaba de sentir cómodo. A piques de rematar a primera meta de, Carmen nun saque de banda remata no segundo pau, poniendo así o 2-2 no luminoso para ir ós vestuarios.

No segundo período saía o Cruces moi metido no partido e confiado de si mesmo, vendo que tiñan opcións de pasar á final. Pero nunha xogada individual e cun tiro cruzado a portería, Carmen poñería ó Ponteceso por diante do marcador por primera vez no partido. Pouco lles duraría a tranquilidade, pois nun tiro dende fóra da área onde nada pode facer Salomé, as do Cruces FSF logran o 3-3. Seguían tendo ocasións claras as xogadoras de Barca e Curro. Cintia probaría un disparo que batería na escuadra. Sandra dispoñía tamén de varias oportunidades, pero non era o día. A falta de 4min para rematar o encontro, no que nada estaba aínda decidido, nun roubo de balón consegue o 3-4 o Cruces para igualar a eliminatoria.

Co marcador asi, teríase que ir á prórroga, 5 minutos a tempo parado onde a superioridade das locais foi clara, posto que o Cruces dedicouse a defender, complicando así calquer tipo de ocasión do Cponteceso e chegando ó pitido final sen cambios no marcador.

Chegaría así a tanda de penaltis, 3 para cada lado, cunha afición entregada, apretando e intentando darlle os máximos ánimos ás súas rapazas. Comezaría tirando Noa para o Ponteceso, que nun forte disparo bate á porteira. As visitantes tamén escolleron o tiro forte a portería para bater a Salomé. Elsa sería a seguinte, quen optou pola colocación cun tiro raso a un pau, onde nada puido facer a porteira. Segundo penalti para o Cruces, que fallaron no disparo e saíu desviado. Último penalti para Cintia, coa presión de que se marcaba daríalle o pase á final ó Ponteceso. E así o faría, logrando anotar o terceiro e último penalti cun bo disparo.

Chegaría así o Concello de Ponteceso á primera final da súa historia, tras dous emocionantes e agotadores encontros en semifinais, pero contentas con bo traballo realizado. Agora só lles queda dalo todo na final, que se disputará o próximo domingo e na que poden culminar esta tempada levando a Copa para Ponteceso.

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 167