ÚLTIMA XORNADA. FINAL DA LIGA PROVINCIAL.

19.03.2013 21:31

Resultado: Fisober B – Concello de Ponteceso (0-7)

 

FISOBER FSF “B”: Martina, María, Tamara, Inés e Laura – tamén xogaron – Natalia, Mónica, Iria e María.
 

A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Ana, Sandra, Carmen e Martina – tamén xogaron – Alba Reyes e Alba Marrozos.

 

Goles: 0-1.- Sandra; 0-2.- Carmen; 0-3.- Martina; 0-4.- Alba Marrozos; 0-5.- Carmen; 0-6.- Martina; 0-7.- Carmen.

 

As xogadoras de Barca e Curro chegaban a Vimianzo coa mente posta no terceiro posto e coa idea de gañar para poder conseguilo. Pola contra, as vimiancesas querían pechar esta dura tempada cun bo sabor de boca.

Pero as visitante comezaron moi forte, presionando ó rival para non deixalo xogar e creando ocasións de gol. O primeiro chegou ós poucos minutos, con un roubo de balón de Sandra que ela mesma culmina tras un regate á porteira. As visitantes non se conformaban con un só tanto no marcador e, tras unha boa xogada, Carmen consigue o segundo nun man a man coa porteira local. A pesar do 0-2 en contra, as vimiancesas non dan o partido por perdido e crean varias ocasións de gol, ataxadas todas elas pola porteira visitante. Nunha destas xogadas, as pontecesanas inician unha contra por medio de Alba Reyes e Martina que esta culmina con un gol a porta vacía tras o pase de Alba. Poñíase o 0-3 no marcador, pero non sería o último antes do descanso, pois Alba Marrozos encargouse de meter o cuarto a dous minutos do final. Iban para o vestiario cabizbaixas unhas e contentas as outras sabendo que o terceiro posto estaba máis cerca.

A segunda parte foi máis do mesmo. As vimiancesas buscaban o primeiro gol e as visitantes aumentar máis a vantaxe. Intentábano as locais de distintas formas, pero a boa actuación da porteira visitante, Salomé, evitou que as xogadoras de Javier conseguiran subir un só tanto ó marcador. Si o fixeron as pondalianas que, por medio de Carmen tras unha xogada, conseguían subir o quinto tanto ó luminoso. Martina anotaba o sexto tras un bo pase de Carmen ó segundo pao despois dun contragolpe e, a poucos minutos do final, Carmen conseguía o séptimo (e outro hat-trick) con un bo tiro tras un saque de banda.

 

GRACIAS A TODOS OS QUE NOS ANIMASTES E APOIASTES ESTA TEMPADA!!! GRACIAS Ó TRABALLO E Ó VOSO ALENTO CONSEGUIMOS QUEDAR TERCEIRAS!! UNHA BOA POSICIÓN!!! NORABOA A TODO O EQUIPO POR ESA MEDALLA DE BRONCE!!!!

 

 

Resultados e Clasificación: 

 

Viaxes Amarelle F.S. 4 - 1   Esteirana 
Manureva Suevos 10 - 0   C.D. Fame Negra
Fisober F.S.F. "B"  0 - 7  Concello de Ponteceso F.S.F. 
C.D. Mabegondo 2 - 2   Espartanas F.S.
Descansa    BeArt 5 Coruña F.S.

 

 

 

Equipo

Jugados

Ganados

Empates

Perdidos

Goles Favor

Goles Contra

Puntos

Manureva Suevos

16

15

1

0

119

11

46

BeArt 5 Coruña F.S.

16

13

1

2

70

19

40

Concello de Ponteceso F.S.F.

16

9

0

7

41

42

27

C.D. Mabegondo

16

7

3

6

37

36

24

Viaxes Amarelle F.S.

16

7

3

6

41

46

24

Esteirana

16

7

1

8

34

35

22

Espartanas F.S.

16

4

2

10

24

56

14

Fisober F.S.F. "B"

16

2

1

13

17

68

7

C.D. Fame Negra

16

1

2

13

16

86

5

 

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 192