Séptima Xornada
Na séptima xornada da Liga tocaba enfrentarnos contra o Viaxes Amarelle "B". Necesitábamos gañar este partido para seguir arriba na clasificación. Debutaba con nós Alba Marrozos, ex xogadora do equipo rival, e todas fomos ó partido con ganas.Saímos ó partido agrasivas, presionando arriba ás rivais, o que fixo que en pérdidas nosas do balón, as xogadoras do Amarelle tiveran varios contragolpes que non souberon aproveitar con goles. Despois duns sustos provocados polas contras rivais, fomos nós as que, con unha contra, conseguimos marcar o primeiro gol por medio de Alba Reyes chegando ó segundo pao. Seguimos presionando arriba, intentando que as rivais cometesen erros e,nunha pérdida de balón das contrarias, Martina quedou soa contra a porteira e conseguiu anotar o segundo tanto no marcador. E un minuto máis tarde, o Viaxes Amarelle acortaba distancias no marcador conseguindo o seu primeiro gol. Fomos así ó descanso, rematando a primeira parte co dominio do balón.
A segunda parte comezou como a primeira, presionando e con varias contras das rivais que tampouco souberon aproveitar. E foi nunha destas cando lle roubamos o balón e con superioridade no seu campo, Carmen conseguiu marcar o terceiro tras unha xogada de dúas das nosas contra a porteira rival. Poñíase así o marcador 3-1, pero as visitantes non baixaron os brazos e seguiron creando ocasións para intentar recortar distancias outra vez. Pero noutra contra nosa a pouco tempo para que rematase o partido, unha xogadora rival provoca un penalti que Alba Reyes se encarga de que suba ó marcador, anotando así o cuarto gol para o equipo e o segundo na súa conta. E con ese resultado rematou o partido.
Unha boa noticia, a parte da vitoria, é o debut como xogadora do Ponteceso FSF de Alba Marrozos. Unha gran cierre e un gran reforzo para o equipo. Benvida,Alba!!
A mala noticia do partido foi que a nosa xogadora Silvia saiu lesionada despois dunha caída, coñecéndose máis tarde o alcance da súa lesión, unha rotura de tabique nasal que a terá alexada dos terreos de xogo durante unha semana. Pero cabe destacar que, despois da operación á que foi sometida a pasada semana, xa se encontra mellor e nós esperamos tela de volta con nós canto antes. Ánimo Silvia!!
A próxima fin de semana non hai partidos debido ó festivo.
Gracias a todos, unha semana máis, por seguir apoiándonos.
Resultados e clasificación
Fame Negra 0 - 3 Esteirana
C. de Ponteceso FSF 4- 1 Viaxes Amarelle B
Espartanas FS 1 - 8 Manureva
5 Coruña 3 - 0 Fisober FSF B
Descansa C.D. Mabegondo
Equipo Jugados Ganados Empates Perdidos GolesFavor GolesContra Puntos
Manureva Suevos 6 6 0 0 37 8 18
5 Coruña F.S. 7 6 0 1 32 7 18
Concello de Ponteceso F.S.F. 6 4 0 2 18 8 12
C.D. Mabegondo 6 3 0 3 11 12 9
Esteirana 7 3 0 4 16 12 9
Espartanas F.S. 6 2 0 4 6 19 6
Viaxes Amarelle F.S. 6 2 0 4 11 21 6
Fisober F.S.F. "B" 6 2 0 4 5 22 6
C.D. Fame Negra 6 0 0 6 3 30 0
Encuesta
¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?
Votos totales: 194