Segunda xornada

13.10.2013 17:53

Partido correspondente á segunda xornada da Liga Provincial Feminina, disputado o sábado 12 de outubro ás 6 da tarde no Pavillón Municipal de Novo Mesoiro e que enfrontou ó Grupo Work contra o Concello de Ponteceso FSF.


GRUPO WORK: Cristina, Sandra, Patricia, Ainhoa e Alba - tamén xogaron - Carmen, Amanda, Nuria, Lara, Sara, Alba e Cristina.

A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Bea, Ana, Martina, Salomé e Sandra - tamén xogaron - Alba, Carla, Carmen, Laura e Zeltia.

Árbitros: David Ruiz Piñeiro (árbitro)  e Maryluz  Mendoza Escalona (cronometrador) ambos do comité técnico de A Coruña.
               Amonestaron a Sara e Nuria por parte local e a Carla e Sandra por parte visitante.

Goles: 1-0.- Alba Carreira (min 2)
           1-1.- Alba (min.11)
           1-2.- Alba (min 16)
           1-3.- Zeltia (min 20)
           2-3.- Laura (min 25)
           3-3.- Sara (min 26)
           4-3.- Sandra (min 32)
           5-3.- Sandra (min 40)


O Ponteceso xogaba o seu segundo partido de liga na casa do Grupo Work, outro dos novos equipos inscritos este ano na categoría e que, á súa vez, xogaba o seu primeiro partido da competición polo aplazamento do da primeira xornada.
Non comezaron ben as pontecesanas, que viron como nada máis saír as locais intentaban presionalas arriba para non deixalas xogar e, no minuto dous de partido, Alba Carreira estrea o marcador con 1-0 despois dun mal despexe de córner das visitantes. O tanto doulle confianza ás locais, que saíron desde o minuto un con ganas de deixar os puntos na casa, pero as rapazas de Barca e Curro non baixaron os brazos en 5 minutos déronlle a volta ó marcador gracias ós dous tantos marcados por Alba, que ve como os pases ó segundo pao surxen efecto. Tanto locais como visitantes seguiron presionando arriba intentando que o rival se puxese nervioso e non conseguise saír con balón. Nun roubo de balón e a súa conseguinte contra, Zeltia poñía o 1-3 no luminoso, que lle daba unha boa ventaxa ás visitantes. Pero a un minuto do descanso, Laura conseguía recortar distancias co 2-3 co que se iba ó vestuario.

A segunda parte comezou como a primeira, coas coruñesas presionando arriba e obligando ó Ponteceso a non saír co balón xogado. Así, un minuto despois da reanudación, Sara empataba o partido despois dun erro defensivo das pontecesanas. Esto fixo que as locais se viñeran arriba, cousa que as pontecesanas non souberon aguantar tanto polo cansancio como polo bo xogo das coruñesas que, cun gran esforzo e con presión arriba, viron como Sandra lle daba a volta ó marcador no minuto 32. A pesar de que as visitantes non se deron por vencidas, viron como as súas poucas oportunidades non conseguían batir a portería rival e como, no minuto 40, Sandra ainda afastaba máis o marcador, conseguindo o quinto tanto para o seu equipo. Tiveron máis ocasións as locais nos últimos minutos, pero a porteira pontecesana Bea conseguiu que non entrase na súa portería ningún balón máis.
Así rematou o partido, cos dous equipos agotados fisicamente, pero coas rapazas do Grupo Work satisfeitas porque o seu esforzo tivo a recompensa dos seus 3 primeiros puntos da tempada.


O próximo encontro do Concello de Ponteceso FSF será o domingo 20 de outubro no Municipal de Betanzos contra o Troula Betanzos FS, tamén un novo equipo na categoría, partido no que as pontecesanas farán o posible por levar os 3 puntos para casa para non descolgarse dos postos de arriba.

Encuesta

¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?

Votos totales: 192