Oitava xornada
Esta fin de semana tocounos ir xogar a Arteixo contra o Manureva. Sabíamos que iba ser un partido difícil, pero non por eso íbamos baixar os brazos e non pelear.
A primeira parte foi de dominio das xogadoras locais, que co seu manexo do balón consiguen terminar casi todas as xogadas. Nós intentábamos aguantar en defensa e cubrir a portería para que non anotasen goles, pero elas consiguen facerse oco e en poco tempo xa nos caera o primeiro. 1-0 no marcador e as rivais, coma sempre, intentando marcar máis para poñer máis distancia no marcador. Pese a algunhas pérdidas de balón e a que nós intentábamos sacar o balón xogado e crear algunha ocasión de gol, as nosas oportunidades non chegaban e si as delas. E así foron caendo os goles, tres máis, indo así ós vestiarios do descanso cun 4 a 0 en contra no marcador.
A segunda parte comezou como foi a primeira, coas xogadoras locais tendo e movendo o balón e creando ocasións e nós seguíamos defendendo en zona cubrindo a portería. Nuns roubos de balón tivemos varias oportunidades de contraataques, pero non éramos capaces de rematar as xogadas. Varios saques de porta de Salomé creáronlle algo de perigo ás rivais, indo varias veces Alba Reyes soa contra a porteira, pero sen conseguir chegar ó balón antes ca ela ou que outra xogadora. As rivais estaban moi metidas no partido e, pese a ir gañando por catro goles de diferencia, presionaban agresivas e atacaban como ó principio. E así chegou o seu quinto gol, despois dun fallo noso en defensa. Nós non baixamos os brazos en ningún momento e seguimos xogando o balón cada vez que estaba no noso poder, intentando chegar á portería rival, pero non había maneira. A poucos minutos do final chegou o sexto e definitivo gol das xogadoras locais, despois dunha larga xogada.
Aínda despois desta dura derrota cun contundente resultado de 6 a 0, non podemos saír disgustadas de todo posto que non demos nada por perdido e intentámolo todo ata o final. As baixas tamén se notaban, xa que só contábamos con dous cambios debido ás baixas de Christine (que sigue lesionada) e Silvia (que se recupera pouco a pouco da lesión sufrida na anterior xornada) e á falta de Sandra e Fany.
Esto non fai que decaiamos e xa estamos pensando no próximo partido.
Gracias a todos os que confiades en nós a pesar desta derrota e ós que nos apoiades sempre.
*O vindeiro partido é a semana que vén contra o Fisober en Ponteceso. O horario está por confirmar aínda.
Resultados e Clasifiación
Viaxes Amarelle B 3 - 3 Fame Negra
Manureva 6 - 0 C.de Ponteceso FSF
Fisober FSF B 2 - 4 Espartanas
CD Mabegondo 4 - 2 5Coruña
Descansa: Esteirana
Equipo Jugados Ganados Empates Perdidos GolesFavor GolesContra Puntos
Manureva Suevos 7 7 0 0 43 8 21
BeArt 5 Coruña F.S. 8 6 0 2 34 11 18
C.D. Mabegondo 7 4 0 3 15 14 12
Concello de Ponteceso F.S.F. 7 4 0 3 18 14 12
Esteirana 7 3 0 4 16 12 9
Espartanas F.S. 7 3 0 4 10 21 9
Viaxes Amarelle F.S. 7 2 1 4 14 24 7
Fisober F.S.F. "B" 7 2 0 5 7 26 6
C.D. Fame Negra 7 0 1 6 6 33 1
Encuesta
¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?
Votos totales: 192