INFANTILES
Despois duns meses de descanso e sen pasar por aquí, volvemos hoxe para falar da boa tempada das nosas infantiles.
O equipo, formado por oito rapazas (Bea (porteira), Savannah e Sarai (cierres), Zeltia, Andrea, Lidia e Leticia (alas) e Lara (pívot) ) e adestradas por Barca e Martina (xogadora e capitana do primeiro equipo) acabou a súa segunda campaña como campión zonal, subcampións intercomarcal e no cuarto posto no campeonato provincial.
E ó igual que o equipo senior, as infantiles participaron tamén no torneo de FUTSACO de A Coruña, no cal quedaron subcampionas perdendo a final contra o Amarelle.
As rapazas completaron un bo ano, gracias ó cal, co seu traballo e esforzo, dúas delas,a porteira Bea e a ala Zeltia, estando aínda en idade infantil, foron preseleccionadas para a Selección Coruñesa de Categoría Cadete, sendo Bea convocada para os partidos xogados en Santiago, xunto con Ana, xogadora en idade cadete do primeiro equipo, e non Zeltia por non poder ir a todos os entrenamentos previos.
Só nos queda felicitalas polo bo traballo realizado e darlle a noraboa por esas medallas!!!
Para o ano que vén algunha delas xa xogará no primeiro equipo, e esperamos que o equipo infantil siga sendo igual de bo ou mellor!!
Noraboa Rapazas! :D
Encuesta
¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?
Votos totales: 192