Charla a nenos do Ponteceso FSF.
Representantes do Concello de Ponteceso FSF deron unha charla a tarde do luns no Centro Social de Cabana de Bergantiños ó grupo de nenos participantes no Campus de Fútbol Base do Cabana SD. Os encargados de falarlle ós rapaces do Ponteceso foron o delegado e entrenador Curro, a meta Salomé, e as xogadoras de campo Ana e Zeltia.
A charla, duns 30 minutos de duración, serviu para que os rapaces souberan por medio dos membros do club, entre outras cousas, como surxiu a entidade, o progreso acadado nestes 4 anos de historia, a dificultade para atopar rapazas e o esforzo que supón sacar un equipo adiante, tanto a nivel económico como de dispoñibilidade de corpo técnico e xogadoras. Tamén souberon de man das xogadoras o bo grupo que forman e o moito que se esforzan por intentar chegar cada día máis lonxe.
Ainda que o básico deste encontro cos rapaces e rapazas de Cabana é saber que, despois das escolas deportivas e cando cheguen a unha idade na que xa non poden competir en equipos mixtos, hai unha oportunidade para as nenas de seguir practicando o deporte que lles gusta sen ter que facer longos desprazamentos.
O Concello de Ponteceso FSF agradécelle ós organizadores do Campus o interese mostrado polo clube e a posibilidade de facer chegar o equipo ás novas xeracións do fútbol sala feminino.
Encuesta
¿A que pensades que podemos aspirar esta tempada?
Votos totales: 192